quinta-feira, 11 de setembro de 2008

1º JORNADAS BAF CORUNHA


Aqui o cartaz do primeiro concerto que organiça BAF Corunha, o día 4 de Outubro. Dizer tambén que o dia complementara-se com palestras entre outras coussas. De contado vos deixaremos a informaçóm enteira. Animamos-vos a tudos/as a assistir a estas actividades ao igoal que agradecemos a súa difussom. Um abraço anti-fascista.

http://bafcorunha.blogspot.com/2008/09/1-jornadas-baf-corunha.html

segunda-feira, 8 de setembro de 2008

Ante o asasinato de Ousmane Kote en Roquetas (Almería)

As asociacións de inmigrantes de Senegal, Mauritania, Gana, Guinea Bisau, Guinea Conakry e o SOC-SAT de Almería, ante os lamentables sucesos ocorridos este fin de semana no barrio das 200 vivendas de Roquetas do Mar manifestámonos nos seguintes termos:

1/ Condeamos enerxicamente o asasinato de Ousmane Kote e esiximos ás autoridades o completo esclarecemento dos feitos e a imposición das consecuencias penais que correspondan ao responsable do homicidio.

2/ Denunciamos calquera intento por parte das autoridades ou medios de comunicación de relacionalo sen probas algunhas á vítima do crime con cuestións de droga. Esta actitude non fai máis que evitar responsabilidades e desviar a atención sobre a verdadeira causa dos feitos, ademais de criminalizar inxustamente a todo un colectivo.

3/ Condenamos tamén enerxicamente os altercados producidos posteriormente ao crime. Máis aló do lexitimo sentimento de impotencia dos agredidos, afirmamos que deben prevalecer sempre os mecanismos legais que eviten a impunidade dos responsables e favorezan as medidas sociais que impidan a repetición destes no futuro.

4/ Denunciamos e esiximos a conseguinte depuración de responsabilidades respecto de demóraa en máis de hora e media da chegada de efectivos policiais e servizos médicos ao lugar dos feitos. Unha maior celeridade destes efectivos seguramente evitase os actos producidos e ata a morte do traballador senegalés

5/ Expresamos con firmeza que a verdadeira causa desta lamentable situación non é outra senón o abandono e desinterés por parte das autoridades deste barrio marxinalizado con graves problemas de seguridade e inserción social, cultural e laboral dos seus habitantes

6/ Denunciamos unha vez máis o acoso habitual ao que se atopa sometido o colectivo inmigrante tanto por parte de axentes policiais como de particulares, sen que se obtivo unha resposta adecuada ata a data. Non aceptamos que se xeneralice ningún prexuízo negativo contra este colectivo de traballadores inmigrantes que alimente máis o rexeitamento social xa existente.

Por todo o exposto esiximos:

1/ O esclarecemento das as responsabilidades legais, tanto do homicidio como da actuación neglixente das administracións policiais e sanitarias.

2/ A liberación inmediata dos traballadores senegaleses detidos e o esclarecemento dos lamentábeis invidentes producidos con garantías efectivas para as persoas implicadas

3/ A urxente constitución dunha mesa de inmigración e marxinación en Roquetas de mar que analice as circunstancias de exclusión existente no barrio das 200 vivendas e outras zonas do municipio, afín de promover as medidas necesarias para unha verdadeira integración social, cultural e laboral dos colectivos marxinalizados así como de seguridade efectiva para todos os colectivos.

En Roquetas de Mar, a 8 de setembro do 2008
http://www.sindicatoandaluz.org

(Traducido)

Menor é apuñalado en Urquinaona(Barcelona)a mans de neonazis.



O sábado 6 de setembro, sobre as 6 da tarde foi agredido un rapaz de 16 anos por un grupo de neonazis. O rapaz, que ía en compaña da súa moza e do seu irmán pequeno, un neno de oito anos, foi atacado por un grupo duns nove skins nazis.


Os agresores increparon aos rapaces cando se dispuñan a baixar do metro na parada de Urquinaona, o rapaz apuñalado defendeu a súa moza dunha agresión e como resposta os nove nazis comezaron a agredilo e a insultalo sendo apuñalado cunha arma branca no ombro e no torso. Afortunadamente, foi trasladado a un hospital en ambulancia e está consciente e fora de perigo.


Non é a primeira vez que un grupo de neonazis ataca a un menor indefenso, de feito é algo bastante máis frecuente do que nos pode parecer. O chamado “terrorismo fascista” non esta recoñecido polos medios, nin existe unha organización de vítimas con tanto poder político como no caso da AVT. Namentres son moitos os que morren por defender a liberdade, ou os que simplemente tiveron a mala sorte de ser a vítima perfecta para alguén que os consideraba inferiores.


Se de verdade a sociedade desexa rematar coa violencia, é necesario que antes a recoñeza en tódalas súas formas, e non só naquelas cuxa manipulación é politicamente útil. Tamén a sociedade ten que ter claro unha cousa, non se pode ser tolerante con alguén que non o é. Non se pode permitir que existan organizacións responsábeis da morte de inocentes, non se pode permitir que goberne xente que ten as mans manchadas de sangue. Pero unha vez máis, neste mundo de ovellas atolondradas guiadas por lobos, so vemos e so encarceramos aos asasinos que lles interesa que vexamos.



pd: A foto da noticia foi sacada tras recoller as armas brancas que deixaron tiradas uns neonazis cando atacaron o Centro Social Okupado de La Traba.

domingo, 7 de setembro de 2008

Contraviñeta

O 3 de Setembro de 2008 o diario ABC publicou unha viñeta feita polo Sr. Paco Martín Morais, quen (deducimos que debido a unha intensa intoxicación etílica ou a un proceso de diarrea mental) tivo a desfachatez e o mal gusto de equiparar o proceso xudicial aberto polo cal se intenta outorgar nomes e apelidos aos restos dos represaliados, desaparecidos e asasinados durante a ditadura franquista, poñéndoos á mesma altura que os ósos que busca un can.

Este proceso xudicial aberto polo xuíz Garzón non é un acto de revanchismo nin confrontación, posto que non esixe responsabilidades aos residuos do franquismo que hoxe en día pululan pola política española, senón que se trata de dar a posibilidade a centenares de familias con familiares desaparecidos que queiran poñer punto e final a unha historia persoal traumática e dramática, onde un número indeterminado de fosas comúns esconden os restos de seres humanos asasinados, aínda no anonimato.

Remitíndonos outra vez á viñeta en cuestión, queremos pensar que o Sr. Martín Morais non tivo o seu día por motivos alleos á súa estabilidade mental e emocional e non soubo escenificar exactamente o que se pretendía, xa que non cremos que o Sr. Martín Morais sexa tan malnacido e desgraciado como para perderlle o respecto aos mortos e aos seus familiares, polo que nos tomamos a molestia de volver a plasmar a viñeta, esperando que ABC (o diario das grapas cun intenso a balor) contacte directamente connosco para a súa publicación en prensa escrita, e olé!

http://komikelx.blogspot.com/

quinta-feira, 4 de setembro de 2008

BOICOT a Tele 5

Este verán a cadea sensacionalista Tele 5, propiedade do fascista Berlusconi, deu o seu apoio ao "Manifiesto por la Lengua Común". A canle non se limitou a asinar o Manifiesto, senón que ademais indicou nun informativo, que pon a disposición dos promotores da iniciativa todos os seus medios.

O “Manifiesto” solicita unha reforma da Constitución Española (agora resulta que se pode reformar) e dos Estatutos de Autonomía (viva o respecto democrático!) para deixar ben clariño que “las lenguas no tienen el derecho de conseguir coactivamente hablantes” salvo o español, claro, que é a “común y oficial” (como Dios manda).

E se vives en Galiza que pasa co galego? Pois segundo o que apoia Tele 5 “conociendo sólo de la lengua autonómica lo suficente para convivir cortesmente con los demás y disfrutar en lo posible de las manifestaciones culturales en ella”. O que teñen de imperialistas o teñen de educados. E ao marisco non renuncian, claro.

Eles asinan o manifesto, eu apago Tele 5, desintonízoa mellor. O certo é que non vai supoñerme ningún sacrificio dada a calidade (ausencia de) da súa programación.

Apaga Tele 5
Desintoniza Tele 5


De: http://galizasubversiva.blogspot.com

quarta-feira, 3 de setembro de 2008

Pistoleiros a soldo.


Os mercenarios existen dende que se coñece a historia da humanidade. Xa nas sociedades máis primitivas había persoas de alto poder económico que contrataban a outras para que as protexeran.


Actualmente a vixilancia privada segue funcionando do mesmo xeito que na antigüidade. O patrón paga, o mercenario usa a violencia cando é mester. Estés mastíns humanos actualmente xa non levan nin grandes armas a vista, nin son tan mal vistos como “matasiete” do “Século de Ouro”(persoas marxianis que vendían a súa espada)



Agora fálase de axentes de seguridade privada. De “Auténticos profesionais”, isto tampouco e nada novo. Actualmente estes vixiantes privados comezan a súa andanza na península, estudando en academias privadas, para despois ir a Israel(se poden) onde se realizan entrenamentos que aquí prohibe a lexislación. Prácticas en situacións extremas, nun dos países máis militarizados no mundo. Prácticas tan perigosas como correr co dedo no gatillo, e que logo levan a práctica no territorio estatal.

Son moitos os que denunciamos que mentres que se protexa a algúns sectores minoritarios da sociedade, co desenvolso dos conseguintes millóns de euros. Non se invistan esas cantidades na seguridade colectiva. Xa que, en lugar de tanto escolta privado debería de aumentar o número de axentes de seguridade, cuxo déficit sofren miles de cidadáns ao ano.


Pero a seguridade privada non só supón o gasto de millóns de euros por parte do estado, a existencia de tantos portadores de armas desencadea moitas veces en incidentes violentos moitas veces causados por estes subvencionados “protectores”. Tal foi o caso do tiroteo protagonizado o pasado venres en Bilbao por un dos escoltas do concelleiro do PP de Portugalete Santiago Pérez. O cal feriu a un vixiante privado da estación do metro onde se atopaban e a un viandante. O escolta en cuestión foi posto en liberdade 24 horas despois sen ter que abonar ningunha fianza, quedando en liberdade con cargos.

Deixando a parte que un mercenario disparou a outro, ambos eran vixiantes privados armados con armas de fogo. O que é grave e que tamén ferisen a un viandante. A pregunta é, como é posible que un home con tan mala punteria teña a licenza de escolta?, como é posible que despois de dispararlle a dúas persoas intencionadamente, quede en liberdade sen fianza?


A resposta é doada, TODO É UN DESPROPÓSITO.


É un despropósito que mentres que se deixa en liberdade con cargos tras pagar fianza a unha persoa por queimar unha bandeira(un trapo ao fin e o cabo) non se faga o mesmo cando alguén atenta contra a vida humana de dous cidadáns.

Deixo un recorte sacado do Gara:


Euskal Herria sofre un dos índices de militarización máis altos da Unión Europea, cunha índice de 11,23 axentes armados por cada 1.000 habitantes, fronte ao 3 por cada mil que recomenda a ONU. Isto carrexa que miles de persoas conten cun arma e déanse episodios deste tipo. Estes son algúns dos máis recentes:

3 abril 2002

O escolta privado Joseba Andoni Urdaniz falece tras un tiroteo con axentes da Garda Civil. Urdaniz era o encargado de protexer a unha edil do PSE. Segundo a versión oficial, o escolta confundiu con membros dun comando de ETA aos tres axentes de paisano do instituto armado.

5 xuño 2002

A Ertzaintza detén en Gasteiz a un escolta dun concelleiro do PP despois de que disparase un tiro ao aire coa súa pistola dentro dun bar. Ao ser sometido a un control de alcoholemia, deu un alto grado de intoxicación etílica.

29 outubro 2003

Un escolta da corporación municipal de Burlata efectúa un disparo accidental contra o parabrisas do seu vehículo.

31 maio 2007

Condenan a un ano de cárcere a un gardaespaldas que mostrou a súa pistola e ameazou de morte a un veciño en Eibar, ao recri- minarle este que se masturbara á vista da súa esposa.

11 xullo 2008

Un escolta resulta ferido ao dispararse coa súa arma. Ademais, unha muller que o acompañaba tamén resulta ferida por intentar evitalo


Ver máis:

segunda-feira, 1 de setembro de 2008

Sergio González, un facha iñorante, férido e duro, non nos entendende non


O XOGADOR DO DEPORTIVO NO 'DÉPOR SPORT'

Sergio González: "O galego é coma o asturiano. Non son idiomas. Eu creo que son dialectos"

Nunha entrevista publicada o domingo no xornal dependente do clube coruñés, o xogador, nacido en Hospitalet, métese no mar sen roupa de augas.

A conversa, publicada en tres páxinas e en cen preguntas, deu para moito. Política, matrimonio homosexual, cafe ou té..., pero a declaración máis rechamante do centrocampista do Deportivo chegou na pregunta 40. 'Cantos idiomas fala?', "Ben, só o castelán". 'O catalán tampouco?', "Si, pero o catalán é un dialecto, non é un idioma, igual que o galego. É coma o asturiano. Eu creo que son dialectos, non os considero idiomas".

Sergio aclara tamén que o inglés ten o do BUP. Disque o inglés si é un idioma.Sergio, nacido en L'Hospitalet e xogador da selección catalá, chegou ao Deportivo no ano 2001. Na entrevista, na que trata un cento de temas, dende as súas habilidades coa lavadora, a que idade perdeu a virxindade ou que opina do botellón, afirma tamén, preguntado polo matrimonio gai, que "o home é para a muller e a muller para o home".


Fonte: vieiros e o blog dos celtarras

Avanti Popolo!!