domingo, 8 de março de 2009

Que esperaban??

Que esperaban??

Ser dunha nacionalizade, soamente significa pertencer a un pobo; non ser bo ou malo, xusto ou corrupto. Nestas eleccións, o único partido galego con representación parlamentaria(aburguesado e amigo do capital) perdeu un escano, o que ocasionou a subida ao poder da dereita colonialista.

O BNG perdeu apoio social debido a súa política burguesa dos catro últimos anos. Concurso eólico, oposición a mediada, caciquismo e unha política liberal son motivos suficientes para que moitos votantes de esquerda nacionalista decidirán non votar, votar nulo ou en branco ou a partidos minoritarios.

Esta é a única lectura posíbel dos resultados electorais. Xa o viviran en carne propia en Ferrol, pero non quixeron darse conta. O BNG-gas quedou só.

Faime graza ver como de repente, antes xa de que tome posesión o Chulapo de Feijoo, os altos cargos corruptos do BNG desempoen as bandeiras coa estrela vermella(que tiñan no faiado) para voltar ao sindicalismo combativo. Agora??? Agora??? Por que agora e non tomen durante este últimos catro anos???

Por que vos malvendestes ao capital? Traizoando a un pobo, pactando co inimigo. Deixando no poder a centos de libres designación no PP que como zapadores rebentaban o sistema dende dentro.

Sinto, non me deixarei enganar pola dialéctica maxistral da UPG, nin confiarei de novo nun Quintana que retorne aos ideais socialistas dos que nunca debeu renunciar. As estrelas deben ser vermellas hoxe e sempre, e non só cando un non goberne.



Goberne quen goberne, Galiza non se vende.

segunda-feira, 23 de fevereiro de 2009

O IMPUNE AVANCE DE UPyD.


Hoxe puidemos ver en Trasancos como militantes de UPyD repartían a súa publicidade electoral. Algúns consideramos que UPyD é un partido neofascista, ei vos van algúns porqués.




1º SEMELLANSE IDEOLOXIACAMENTE A FALANGE

Analizando afondo a súa ideoloxía e os seus principios, atopámonos con que teñen as seguintes afirmacións:

- Postúlanse como un partido “revolucionario”. Emprazandose no limbo apartidário “nen na esquerda nen na dereita, nen no centro”.

[....Partimos de un supuesto revolucionario: que los ciudadanos no nacen siendo ya de izquierdas o de de derechas ni con el carnet de ningún partido en los pañales. Vamos aún más lejos,a riesgo de escandalizar a los timoratos: consideramos a los ciudadanos capaces de pensar por sí mismos y de elegir en consecuencia, de acuerdo con las ofertas de los partidos y su experiencia de la situación histórica que vivimos. Por tanto no creemos que nadie esté obligado a votar siempre lo mismo o a resignarse a las opciones políticas vigentes, cuando ya le han decepcionado anteriormente…] Cita textual








- Fan unha continua crítica dos “separatistas” e das posturas “anti-español”.

[.... Nos oponemos a políticas reaccionarias como el aumento de la desigualdad territorial, la discriminación por razones lingüísticas o identitarias, y el abandono de la cohesión nacional para satisfacer al nacionalismo y sus imitaciones regionalistas…]
Cita textual

- Esprito de misión transcendental (de novo atopamos o espíritu de “cruzados” de falange)

[….Somos un nuevo partido, nacido para representar a los ciudadanos españoles que desean impulsar un profundo cambio político mediante la Reforma de la Constitución…]
Cita textual


- Defensa ultra da lingua española e dos “símbolos constitucionais”.

[….la bienintencionada descentralización autonómica se ha convertido en licencia para fabricar algo así como virtuales miniestados regidos por burocracias arrogantes, quisquillosas…e inamovibles.

Esta peligrosa deriva se muestra especialmente dañina en lo tocante al uso y aprendizaje de la lengua española. Un Estado de Derecho necesita una lengua común, cuyo empleo no sólo es elección personal sino ante todo instrumento político…]
Cita textual


- Aprópianse dos ideais clásicos do discurso de esquerdas(revolución, liberdade, igualdade).

[…La base de la ciudadanía democrática es la igualdad en libertad: iguales leyes para todos y todos iguales ante las leyes. Este objetivo exige, como es lógico, la cohesión institucional y simbólica del Estado encargado de definir y garantizar los derechos concretos de los ciudadanos. Pues bien, creemos que esa igualdad está hoy amenazada en España…]


- Radicalismo na linguaxe, prepotencia, ameazas.

[...El grupo independentista gallego AMI difunde en los colegios gallegos un vídeo que invita a usar el terrorismo contra los partidarios del bilingüismo..]


[...La vertiginosa escalada de los precios de los alimentos y la consiguiente crisis alimentaria, fue una noticia con la que nos desayunamos (los que todavía tenemos la suerte de poder desayunar, claro) durante una buena parte del año 2008, hasta que desde septiembre pasado quedó eclipsada por la crisis económica y financiera, por el inicio del ascenso a los altares de San Barack Obama el milagrero y por el timo de la estampita a gran escala de un tal Madoff, que es un señor que supongo que debe traer de cabeza al Sr. Botín y a su yerno, pero que al resto de los mortales, francamente, como diría Rosa Díez, nos la refanfinfla…]



Todos estes púntos son comúns a falanxe e todos eles son contrastables. Todas as citas usadas son da súa web e non están manipuladas.



2º OS SEUS SIMPATIZANTES ACEPTAN TEXTOS DA FALANGE COMO VÁLIDOS

Isto foi a conclusión a que se chegou tras repartir centos de panfletos con fragmentos dos 27 Principios da Falange e co logo de UPyD.

3º RECIVEN O APOIO DE GRUPOS FASCISTAS.


Por Parte de Falange Auténtica


Na súa páxina web, Falange Auténtica desvela que cando os problemas de Rosa Díez no PSOE entraron nunha vía de difícil solución, ofrecéronlle as listas de Falange Auténtica como soporte para o seu quefacer político.

Ynestrillas

Xa deixou constancia escrita da súa admiración pola súa “camarada” no seu blog


“La que sí que ha demostrado un tirón de órdago es Rosa Díez, que con medio año de partido ha logrado entrar al Parlamento. Mi enhorabuena para alguien que parece honesta y patriota -constitucionalista, mejor-, si bien encarna un sistema y una Constitución de los que disiento desde sus mismos cimientos”


Unificación Comunista de España

Tratase dun partido Maoísta e profranquista que chegou a llamarlle “Nazis” aos membros do PNV. Rosa Díez, participou nunhas xornadas deste grupo autoritario na cidade de Valencia

http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=19800
http://www.kaosenlared.net/noticia/rosa-diez-deja-ver-nuevo-estalinista-unificacion-comunista-espana

3º ATENTAN CONTRA O GALEGO.

Son os autores do “Manfiesto por la Lengua Común” e participan activamente xunto con Galicia Bilingüe.

Por certo, a súa propaganda electoral está integramente en castelán... casualidade?? Non, éste é o seu concepto de vilingüismo(o ingles para as cousas importantes, o castelán para falar coa xente e ... o galego para as vacas).


-----------------------------------------------------------------------------------------------

Conclusión final:


Coido que rezonei ben este post e puxen suficientes argumentos polos que manter a miña afirmación. Son un Bardo e gostame o Vinho, pero tamén contar a verdade e defender a miña fala.

E se lle molesto co meu canto, a alguén que non queira oir; asegurollés que un facha ou un inimigo deste país.


PD: Négome a escribir en Galego, textos que non o merecen.

quarta-feira, 7 de janeiro de 2009

VENEZUELA EXPULSA AO EMBAIXADOR ISRAELÍ

Israel é para moitos un estado democrático que esta a defenderse contra os terroristas, a maioría dos que afirman isto pensa Venezuela é en cambio un ditador.

Pero, “este estado ditatorial” acaba de darnos unha lección de valentía e xustiza. En resposta aos crimes que se están a cometer en Gaza(ataques a ambulancias, a escolas da ONU, a hospitais...) expulsou ao embaixador sionista.

O seu presidente electo, non calou(como fixo Obama), ou dixo vagueades como Zapatero: dixo todo o que el pensaba sobre o asunto, sen ter medo das consecuencias.



terça-feira, 6 de janeiro de 2009

QUEN DEIXA MATAR É TAN CULPABLE COMO O QUE MATA

Hai veces que, para facer o correcto é indispensábel tomar parte nun asunto que en principio nos é lonxano.

quarta-feira, 31 de dezembro de 2008

CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

LUGAR:

En frente do edifício da Junta da Galiza na Porta Nova de Ferrol, às 20h30.

CONVOCA:

ADEGA, Asociación Fervesteiro, Asociación Fuco Buxán, Associaçom Ártabra21, Asociación Veciñal Fontelonga, BRIGA, CIG, Esquerda Unida, Fundaçom Artábria, NÓS-Unidade Popular, Siareir@s Galeg@s
e Verdegaia.

terça-feira, 30 de dezembro de 2008

O POBO PALESTINO DESÁNGRASE


Din que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. A verdade é que é odioso buscar exemplos, pero estes inundan a nosa vida cotiá. Tamén din que o Nadal é unha época de paz(pero isto último non é certo).

Mentres o mundo occidental celebra as grandes festas da relixión maioritaria no (as do consumismo), ninguén lle fai caso as noticias dese pobo que morre de fame e chumbo.

Tanques, helicópteros e cazabombardeos fan o mesmo que fixo nos seus tempos Herodes: matar aos meniños inocentes. Así, dous mil anos despois, un exército “democrático” ofrécenos a reedición do Día dos Santos Inocentes.

Ao igual que no holocausto nazi, no que moitos non decidiron tomar parte ata que foi demasiado tarde, é o momento de posicionarse neste grave conflito. Estamos a ver a exterminación de todo un pobo, pobo que ao igual que o noso sufre as cadeas dun invasor imperialista. Coa escusa da loita contra un grupo integrista islámicos, os integristas xudeus están privando a poboación civil de alimentos, menciñas, e combustible. Estamos vendo como se deixa morrer a un pobo enteiro de fame, e o que é peor: Seguimos sen facer nada.

Algunhas asociacións(sobre todo do entorno da esquerda comprometida), están a organizar marchar e manifestacións por todo o mundo pedindo que remate esta barbarie, namentres os grandes partidos e os presidentes máis influíntes seguen sen posicionarse, sen tratar de impedir o que ocorre.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………..

Manifesto dos Comités Populares de Palestina.

A todas as persoas libres do mundo... a todas as que piden liberdade e xustiza.

A toda que teña unha conciencia viva... a toda que ame a paz.

Os corazóns dos nenos en palestina chámanche. Os gritos das nais desconsoladas chaman polas vosas conciencias.

Preguntámonos como durme o mundo mentres os nenos palestinos son cortados en anacos. Descúlpennos, os nosos ollos están cheos de bágoas e os nosos corazóns entristecidos polas accións criminais da ocupación israelí que van alén do que podiamos imaxinar.

Tamén é duro ver o apoio dos gobernos do mundo para tremendos crimes, que están dando permiso a Israel para cometer máis e máis crimes.

Chamámosvos ao seguinte:

1.- A continuar coas manifestacións diante das embaixadas de israel e os vosos parlamentos.

2.- A un boicote serio a Israel a todos os niveis.

3.- A loitar para poñer aos criminais de guerra israelís diante dos tribunais.

4.- Chamamos á organización de accións de loita diarias a todos os comités populares de Palestina.

5.- Chamamos aos israelís que rexeitan a ocupación a continuar mobilizándose.

Xuntas podemos parar o derramamento de sangue... xuntas podemos traer a paz e a xustiza.

Comités Populares de Palestina.http://www.bilin-ffj.org/

quarta-feira, 24 de dezembro de 2008

TELECINCO PILLADO

A cadena Telecinco, xa protagonizou dibersos incidentes: a súa postura en contra do uso da lingua galega, a sua apoloxía da telebasura e o finanzamento de criminais(caso da famosa entrevista de Julian Muñoz).


Recentemente, compañeiros descubriron a un grupo de cámara oculta cando esta intentando material para criminalizar aos antisistema. Dous reporteiros, colaronse en reunións, e "siguen" aos mozos para os entrevistar sobre temas delicados sen saber que os estaban a grabar.

Avanti Popolo!!