quinta-feira, 24 de abril de 2008

sexta-feira, 18 de abril de 2008

Os narcos ofrecen cartos, a CIA tamén, o exército español vende a imaxe de ONG en Ucrania xogan co factor "faite militar e ligarás"

Pegar tiros comeza a estar algo mellor pagado, se queres saír de pobre ei tes o camiño: ¡¡ Deixa de ser vítima, faite verdugo!!




Os narcos mexicanos poñen anuncios nas rúas buscando asasinos a soldo. Pese a sonar a chiste isto é verdade, xa saíu en varios xornais e telediarios pero a noticia non deixa de ser curiosa. O salario é moi bo, uns 5 000 dólares a semana, pero buscan xente preparada. Os narcos non son os únicos que necesitan con urxencia homes, tamén a CIA esta a facer en Internet un intento de conseguir paramilitares para os seus obxectivos na Latinoamércia.


É que nesta sociedade o que prima é o diñeiro, da igual a forma de conseguilo. Así se captan os rapaces galegos que fracasan nos estudos van moitas veces para a Mariña, na que permanecen uns anos ata que, finalmente, rematan no duro mercado laboral cunha formación moitas veces insuficiente.



Outra campaña de publicidade curiosa, e a do Goberno de Urania para buscar novos recrutas. Que se asemella moito as historias que nos montan aos rapaces para que ingresemos en FPs sen futuro ningún.








Skarnio presenta novo disco

"Coerência nos factos e eficácia nas formas, festa, luita e compromisso som as palavras que definem a este colectivo político-musical galego que nasce no bairro viguês de O Calvário, para convertirem-se dêz anos após num colectivo nacional, com os seus integrantes em Vigo, A Corunha e Ourense. Depois de editar dous trabalhos, "A filosofia da acçom da guerrilha urbana" e "Arredista" comezan a ser umha das bandas a ter muito em comta no estado, actuando para muitas e diversas causas independentistas e solidarias com o movimento antifascista. Agora editam " O NOSSO CAMINHO" disco no que amosam toda a sua bagagem musical ao longo de 10 anos . Neste disco colabora gente coma Juantxo Skalariak, Almudena Transilvanians, Mini aquenlla, Senem Xenreira... Disco Autoproducido baixo o nome de "arredista produçons" e registrado baixo a licencia de Copyleft-Creative commons."

Haber si viñeran por aquí algunha vez, teño moitas ganas de velos actuar en directo.

Homenaxe aos nosos

(saíu na indymedia)
As Redes Escarlata, xuntamente cun grupo de poetas da Terra de Iria e de Cambados, non quere deixar pasar por alto un acto tan relevante na historia da resistencia antifranquista, na historia das primeiras luces contra a noite do fascismo.


En 1958 aínda era preciso pedir autorización para falar en público e, especialmente, para facelo en galego. Mais un grupo de resistentes republicanos e galeguistas de Padrón, desafiando o estado das cousas, lograron a través da poesía, da palabra, da cultura, erguer un subliminal pero moi potente fito para a resistencia que ficou para sempre, non só na memoria local de Padrón e da Terra de Iria, tamén na historia política de Galicia.

Na Páscoa de 1957 (festa maior na vila), co carto da emigración padronesa no Uruguai e na Arxentina, inaugurárase o monumento a Rosalía de Castro, en pedra da escola de Asorey. O acto convocara, arredor deste xesto cara a poeta nacional galega, unha multitude famenta. Tralo éxito, o núcleo resistente de Padrón, liderado en boa medida por Camilo Agrasar, Borobó e Octavio San Martín, quixo repetir. Organízanse entón concursos literarios, chámase a Alonso Montero para o pregón e preténdese a coroación poética de Ramón Cabanillas, a vedraia figura insigne, no mesmo escenario, de novo ó pé da estatua de Rosalía. Nos concursos achamos gañadores como Rey Romero, Máximo Sar ou González Alegre. Unha coroación, xa en 1958, resultaba anacrónica. E a figura velliña e ensumida de Cabanillas, que aínda así por patriotismo acudiu ó acto, non convidaba a ningún tipo de esplendor. Pero no Espolón de Padrón a multitude famenta, aínda máis numerosa có ano anterior, volveu persoarse ansiosa. E as autoridades e diferentes convidados, tamén: o Gobernador Civil, alcaldes de Padrón e Compostela, o Abade de Samos (desta volta non asiste Quiroga Palacios).

Introduce o acto Pedret Casado. Fala, en castelán, da obra de Cabanillas. A xente vaise xuntando. Colle agora a palabra Aquilino Iglesia Alvariño para recitar un longo poema dedicado ó “poeta da Raza”. Alta, limpa coma o trigo limpo, elegante, a voz de Aquilino edifica un discurso excepcional sobre o oficio do poeta na sociedade que remata con estes versos:

“Pero aquí está o Poeta das aradas leves do soño,
noso irmán o Poeta das boas novas.
Na ribeira onde se fan os barcos ledos dos soños que non morren,
o seu canto arbora claras bandeiras no mencer”.

A xente apíñase aínda máis en torno ó estrado. Periga o cordón de seguridade cos meniños alí dediante algo abafados. E agora vai falar Otero Pedrayo, na vez de Montero Díaz, que era quen figuraba no programa aprobado polo Goberno Civil. O Sar caudal das chuvieiras longas de inverno non ten a forza desta gorxa. As voltas do río de Padrón, pola veiga de Iria abaixo, son escaso repertorio á beira deste discurso improvisado de media hora. O mar de Corrubedo non brúa nas noites de trebón como agora nesta tarde de primavera brúa no Espolón a voz de Otero. A xente, pampa, despois do asombro e diante da entrega, interrompe o orador con entusiastas aplausos. O seu galego é o de todos e é intensamente literario. Arredor de Rosalía, da Páscoa e de Cabanillas, Otero fala de Galicia, a palabra máis repetida de todas, e ás veces ben afouto:

“Por eso Rosalía é a nosa poeta, por eso Rosalía é aquela que vive dentro do corazón de cada xente e entre o corazón de todos. Nesta Galicia que é áspera, que é dura, que non é a Galicia das tarjetas postales para pasar o verao despois dunha boa digestión, e ver salir as barcas pescantinas con que veñen os turistas. É a Galicia dos pastores, a Galicia dos labregos, a Galicia das lareiras, a Galicia dos poetas, a Galicia dos que sufren, a Galicia dos que esperan”.

Si, esta palabra ponnos de novo no camiño da esperanza. E velasaquí están, unha a unha, elo a elo, as xeracións da Galicia Ceibe: Rosalía de Castro, pedra ergueita e luminosa presidindo todo, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño, os mozos (estes das Festas Minervais: Ferrín, Franco Grande…) ós que acaba de aludir Otero…

As Redes Escarlata queremos facer memoranza deste acto, renderlle homenaxe ós seus protagonistas e ós seus artífices. Por iso o día 12 de abril, ás 8 da tarde, estaremos no Espolón de Padrón, de novo ó pé de Rosalía, e a nosa voz saudará novamente a Cabanillas e volverá decer que Galicia non é unha tarxeta postal e, cando escoitémo-lo final do discurso de Otero, berraremos con el “¡Terra a nosa!”.

Galicia, 8 de abril de 2008

Fonte: http://www.redesescarlata.org/

quarta-feira, 16 de abril de 2008

Transvases.

Que é un transvase? pois polo que pon o meu dicionario: un transvase é simplemente cando se fai que un líquido pase dun recipiente a outro. Da igual que se faga, polo que se faga, que sexa máis un menos temporal. Un transvase sempre será tal, o resto tan só son eufemismo.

Como podemos ver en tódolos medios, o goberno trata de defender a súa postura de de realizar un “mini transvase” de auga do Río Segre cara Barcelona como medida de urxencia ante o déficit hidrolóxico da Cidade Condal.. Un transvase moito menos importante e prexudicial para o medio ambiente que o do famoso “Plan Hidrolóxico Nacional” proposto durante a “Era Aznar”, pero un transvase a fin de contas. Esta medida esta ser criticada dende a dereita, a esquerda e grupos ecoloxistas.

Cal é o problema do transvase? pois o problema e que este vai causar un grave impacto ambiental na zona, son uns cantos quilómetros de anchos tubos os que se construirán e centos de milleiros de litros os que serán transvasados. A mera construción das xigantescas cañeiras causará un gran impacto sobre a zona, así como que o goberno non as pense aterrar(o que sería unha prudente medida correctora). A fauna do río Segre, verase moi afectada, e as como as rexións próximas ao río(onde a auga tampouco é abundante) notarán a falta de auga.


Na sociedade actual, dun marcado capitalismo salvaxe. Pouco importa que a Terra non poida soster a forma de vida consumista que tantos beneficios aporta aos empresarios. E son eles, os políticos, os que se encargan de protexer os intereses da alta burguesía, en decrimento do medio. As grandes urbanizacións son permitidas sen que teñan moitas veces a auga asegurada(como o caso da cidade do Pocero) e o goberno non atende as protestas dos cidadáns ante estes atracos ao noso futuro(como no caso de Miño). Si ben é certo agora en Barcelona se multa a xente que desperdicia a auga, esta medida xa se tiña que ter tomado hai moito tempo(agora xa non sirve de nada). En Galiza, e pese ao noso clima húmido, debemos tratar de non forzar a resistencia da terra galega. Senón queremos acabar como os barcelones (téndolle que “pedir prestada” a auga a outras rexións)

domingo, 13 de abril de 2008

Un video chegado dende Euskalerria

Sobre o 14 de maio.

Hoxe saíu na Sexta un documental sobre que pasaría se ganara a Guerra Civil o bando republicano. Lamentabelmente o documental, que tiña cousas moi ben feitas, no tratou en ningún momento o que suporía a aplicación do Estatuto do 36. Pero nel, ademais doutras cousas falábase da necesidade de acadar unha República Federal.

Pasaron xa moitos anos dende aquel 14 de maio de 1931. Día que se proclamou a II República. Isto debeuse a que o rei Alfonso XIII tiña colaborado intensamente co ditador Primo de Rivera, tralas eleccións municipais do 31(nas que se acadou un gran representación dos partidos partidarios da Republicanos que asinaran o Pacto de San Sebastián-). Tras ver os resultados o rei decidiu exiliarse cara Francia. Ao mesmo día seguinte, a República era proclamada.

Somos moitos os que pensamos que sería posíbel convivir con outras nacións nunha República Federal, pero o marcado antinacionalismo dos españolistas fai que cada día este destino sexa máis utópico. Actualmente sectores “da esquerda española”, cércanos ao PSOE, non dubidan en criticar con todo tipo de afirmacións absurdas aos que non nos consideramos españois(Bono entre moitos outros). A negativa da directiva PSOE a tomar medidas contra os que nos atacan, e mesmo chegando a promover fainos ver que non son aliados cos que pactar en bipartitos. É un partido co que non se pode confiar, partido que entre outras cousas chegou a colaborar co ditador Primo de Rivera, e que actualmente defende a monarquía, que ilegaliza partidos, que esta levando a cabo o plan Bolonia, que non defende aos obreiros ante unha subida dos prezos, que non fai política social(só fai proganda)... ¡¡MENOS MAL QUE SON DE ESQUERDAS!!


O sábado 13, como aparece nun comentario na entrada anterior, republicanos madrileños sufriron unha agresión por un grupo de neonazis. Agresión que é unha de moitas, que curiosamente non adoitan saír nos telexornais.

[Para todos aqueles que estean interesados pola República, hai unha exposición moi interesante no Ateneo Ferrolán.]


Unha cousas: Ante a negativa dos españolistas de recoñecer a nacionalidade galega obriga a tomar unha postura más radical. Senón están dispostos a colaborar con nos, tal vez o único camiño que queda é o independentismo.



Avanti Popolo!!