quarta-feira, 24 de setembro de 2008

Só recordan aqueles mortos que lles son proveitosos


Hai uns días Pablo Casado, o fachilla presidente das Novas Xeracións do PP de Madrid, fixo unhas declaracións tratando sen respecto ningún a esquerda.
Somos moitos os que estamos fartos tanto da socialdemocracia burguesa como da máis dura dereita capitalista. Somos moitos, amigo Pablo, os que pensamos que o voso sistema económico esta condeado a desaparecer, somos moitos os que non pertencemos a un partido coas mans manchadas da sangue dos inocentes.

Quen se burla dos asasinados durante o franquismo, e quen non se manifesta abertamente en contra do fascismo debería de serlle aplicada a famosa lei de partidos. Namentres non é así.


Déixovos un Manifesto, as declaracións do fachulla en cuestión e unha canción sobre a memoria histórica.



Manifesto en Resposta por parte das Xuventudes Comunistas



Dende a Mocidade Comunista queremos mostrar a nosa máis absoluta repulsa ás desafortunadas declaracións que Pablo Casado, presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Madrid, realizou no marco do último congreso do seu partido.

Nelas, orgulloso de poder definirse como unha persoa con ideas liberais, pareceu aproveitarse do posible tirón mediático que pode traer consigo a película Che: O Arxentino, para cualificarlle como un asasino ao que a esquerda idolatra mentres que postula ao PP como o único capaz de defender ás vítimas de E.T.A.

Máis aló da arrogancia coa que chega a defender que a maioría da mocidade española compartimos as súas ideas pese a que aínda non o saibamos, consideramos que desde a súa posta en escena (máis propia dun monólogo americano que dun relatorio político) ata as formas coa que se dirixe á oposición, son mostras evidentes da xiro cara a dereita no discurso que o Partido Popular e as súas mocidades veñen mostrando nos últimos anos.

O discurso populista e pouco científico que Pablo Casado lanzou aos asistentes, baseado en sentimentalismos que van desde a utilización do terrorismo con fins partidistas a consignas tradicionais da dereita nacional-católica española, tratou de convencer de que mentres a esquerda estaba atrasada por cantar cancións como “A Internacional” e idolatrar a asasinos como o Che Guevara, a dereita era progresista por opoñerse ao salario mínimo, pois crea paro xuvenil e alabar as figuras de Reagan e Juan Pablo II (pese a que recoñece que nas universidades é máis difícil falar ben destes últimos)

Nós e nós, con menos repercusión mediática e talvez por iso con análises máis modestas, non podemos dicir que a maioría da mocidade española sexa comunista aínda que aínda non o saiba. Con todo, estamos convencidos de que a mocidade cansada de traballos precarios, temporais e mal remunerados non comparte as formas de entender a política cos adiñeirados nenos de papá do Partido Popular.E sabemos que se nas universidades, maioritariamente integradas por @mozo, é difícil defender as figuras públicas da dereita, é precisamente porque a mocidade española nada ten que ver coas ideas prohibicionistas do uso do condón e o aborto, os prexuízos contra a homosexualidade, ou a defensa do ser humano como medio para facer máis diñeiro.

Definímonos como novos marxistas-leninistas, como o futuro inmediato do Partido Comunista de España. Seguiremos sendo a algazara xuvenil que canta A Internacional nos oídos daqueles que se retorcen ao escoitala, como no seu día cantaban A Nova Garda, o noso himno, as trece raparigas que foron fusiladas fronte ao cemiterio da Almudena polos verdadeiros asasinos, aqueles que nin o Partido Popular nin as súas mocidades atrevéronse a condenar aínda.


terça-feira, 23 de setembro de 2008

Da intolerancia, ao máis penoso absurdo.

Por todos é coñecido o desprezo que sente unha minoritaria parte da sociedade galega pola nosa lingua. Maia que son poucos os inimigos do galego son moi poderosos xa que pertencen as clases máis altas e conservadoras da nosa sociedade. Teñen un odio irracional contra a nosa proletaria fala e tratan de escapar dela(seica lles pode facer mal).


Se o ano pasado tivemos a oportunidade de ver o patético circo montado por parte dunha loxa que pretendía montar unha cruzada en defensa dunha lingua que non esta ameazada. Este ano as accións contra o galego non cesaron, pero seguen a ser minoritarios.


Agora á máxima é alcanzar que os nenos destes “cruzados” non teñan a desgraza de aprender unha lingua máis. Para conseguir este fin, os “preocupados” están tomando as iniciativas que ven necesarias.

Así, para fuxir da “perversa imposición do galego” decidiron fundar un colexio en Portugal(a poucos metros da fronteira), deste xeito, os seus fillos están protexidos da “inquisición” que protagonizan os galeguistas. Tamén en Vigo, ideado para fuxir da “imposición do galego”, alí os nenos son educados mediante o sistema de ensino norteamericano “para poder ofrecer máis horas de clases de castelán”.

Entre as excentricidades destes radicais esta a de mandar os fillos no verán a outras rexións do Estado para practicar o castelán.


Alá eles se desexan marchar a Portugal ou a Sevilla, eu polo menos non os penso votar de menos,

Por certo deixo colgado un vídeo dunha homenaxe a estes “loitadores da liberdade”. Con todo o cariño, espero que lles guste.



segunda-feira, 22 de setembro de 2008

Ó final sempre pagamos os mesmos.

Digamos verdades


Cando unha persoa ansía con acadar algo, cando a súa máxima na vida é algo concreto fará todo para acadalo. Se o que desexa é algo permitido, e se lle dan as facilidales para obtelo farao polos medios legais se é que é unha boa persoa; así por exemplo son moitos os que traballan a reo durante anos para mercar unha casa.

Namentres, se ilegaliza o proceso lexítimo para conseguir un fin(sexa cal sexa). E se de verdade é importante para a persoa acadar o que desexa, farao sen importarlle as consecuencias. Por poñer algúns exemplos: durante o franquismo eran moitos os homosexuais que se negaban a lei lles negase o dereito a amar, durante a idade media eran moitos os xudeus que se negaban a renunciar a súa relixión.

No ano 1930 un pequeno grupo de militantes do partido militantes del partido Aberri, fundaron o seu propio partido xa que non desexaban pasar a formar parte do PNV(xa que a súa ideoloxía era aconfesional, republicano e socialdemócrata). Acción Nacionalista Vasca foi o primeiro partido vasco da esquerda nacionalista. O 9 de febreiro de 2008 cumpríronse 69 anos da ilegalización de ANV durante o franquismo, pese a ilegalización o partido seguiu funcionando na clandestinidade durante 40 anos. O 16 de septembro de 2008 o Tribunal Suprímemo volveu ilegalizar ANV. Hai sesenta e nove anos o ditador xustificou a ilegalización da seguinte forma “para liquidar las culpas contraídas por quienes contribuyeron con actos u omisiones graves a forjar la subversión roja, mantenerla viva durante más de dos años y entorpecer el triunfo, providencial e históricamente ineludible, del Movimiento Nacional”; sesenta nove anos despois a xustificación é “para garantizar el funcionamiento del sistema» y de perseguir a las opciones políticas que «pretenden revisar el propio marco institucional”[citas sacadas dun artigo do Diario Gara].

Pero en Euskal Herria non hai nin haberá soamente un partido. Ao igual que no noso país(no que existen partidos nacionalistas independentistas, e nacionalistas non independentistas de diferentes formas e ideoloxías).

Namentres que existen moitos que xa abandonaron ou que foron obrigados a abandonar a loita pola vía política,a Sentencia con data 11 de Setembro de 2008 declarando a inconstitucionalidade da lei aprobada polo Parlamento Vasco o 27 de Xuño de 2008(a cal regula a convocatoria e regulación dunha consulta popular co obxectivo de recoller a opinión da cidadanía na Comunidade Autónoma do País Vasco sobre a apertura dun proceso de negociación para acadar a par e a normalización política e a realización dunha consulta popular o 25 de outubro de 2008). Négalle o pobo vasco o dereito a decidir. Esta Sentencia non vai facer nada por frear os violentos, nen vai a acadar a desexada páz. Tan só nega a solución pacífica do conflicto.


Como xa dixen antes, cando unha persoa ten un só obxectivo na vida, fará todo canto sexa necesario para acadalo. Ao igual que no pasado moitos decidiron loitar na clandestinidade e contra un sistema que castigaba coa pena capital, serán moitos os que decidirán seguir o seu legado. Pola miña parte, considérome unha persoa pouco violenta e a que non lle agrada ver o vermello sangue derramado no chan. Polo que, de forma pacífica, apoio o texto en “ Defensa dunha Consulta Popular no País Vasco sobre a paz e a normalización política”

Primeiro foron a polos xudeus,
e eu non falei porque non era xudeu.
Despois foron a polos comunistas,
e eu non falei porque non era comunista.
Despois foron a por os católicos,
e eu non falei porque era protestante.

Despois foron a por min,
e para entón xa non quedaba ninguén que falase por min.


Dato: En total unhas 550, todas elas militantes de ANV, morreron defendendo a liberdade a e a dignidade republicano na contenda desatada polos fascistas en 1936. Todas elas tomaron as armas xunto a xente da CNT, do PCE, e o PSOE(naqueles tempos, a única forma de defender a liberdade era mediante as armas).




Bipolarismo político.


Recentemente o congreso de los Deputados mostrou os eu rechazo unánime a ampliación de la xornada laboral ata as 78 horas semanais. O que semella unha boa noticia non é nada máis que unha tomadura.

Na cámara baixa española tódolos partidos votaron a favor de tomar medidas contra esta reforma da xornada laboral. Namentres, en Europa os eurodeputados dos partidos maioritarios defenden a impopular iniciativa.

Acaso se volveron tolos, ou retifiraron?? Non, simplemente é que practican o bipolarismo político. A súa práctica é aconsellable para roubar os votos do proletariado e realizalo é moi doado. Tan só hai que comportarse ven de portas para fora e esperar a que plebe este entretida co circo para tomar as medidas máis impopulares(de feito o decreto da reforma da xornada laboral foi aprovado durante a Eurocopa).

sábado, 13 de setembro de 2008

Os evanxeos de Bolonia



Onte, na cadena do grupo Prisa, Cuatro, a ministra Cristina Garmendiaconfirmou a súa itencion de “visitar o máximo número de universidades posibeis para explicar o Plan Bolonia aos claustros de profesores.

Estas visitas vanse realizar a partires da última semana de septebro e durante as primeiras de Outubro, as cales, dannos unha oportunidade única amosar o noso rechazo contra Bolonia.

Para a ministra, na financiación das universidades deberia de ser mayor o finanzamento privado. Pensa que “as empresas deben estar orgullosas de financiar a universidade”(nen que foran ONGs). Según a “socialista”, necesitase crear un sistema universitario sostible, para o que a niversidade debe de ser financiada máis polo capital privado.


A gran profeta da ensinanza neoliberal di que o “Plan Bolonia”, é unha gran oportunidade, que hai que vvir e que se pode considerar equiparable a entrada do Euro.


Verdadeiramente Bolonia é equiparable a entrada do Euro, a súa implantación suporá a subida exponencial do prezo da eduación. Bolonia, é tan só un paso máis para impedir que os fillos do obreiro poidan estudar.


Vídeo de Cuatro

Xustiza para Víctor

Pasaron xa trinta e cinco anos dende que Victor Jara, o famoso cantautor chileno, fose asasinado despois de ser vilmente torturado.

Hai tempo que se sabe a identidade real do máximo responsable do recinto no que morreu Victor, e no que estaban encerradas unhas cinco mil persoas. Dende hai tres meses, o caso volta a estar aberto despois de que a Corte de Apelacións de Santiago de Chile revocara a decisión de cerralo sen determinar culpábeis directos do crime.

En total hai unhas corenta dilixencias solicitadas pola familia do falecido. Todas elas apuntan a identificar ao oficial cuxos prisioneiros alcumaron “El príncipe” debido ao seu carácter chulo e os aires que se daba. Este estaba a cargo do equipo de represores no estadio onde foi asasinado o chileno, estadio que actualmente leva o seu nome.

Mario Manríquez Bravo, o coronel imputado, negase a identificar ao corpo de oficiais que colaboraron na custodia e represión dos prisioneiros. A súa vez o exército di non conservar os arquivos do persoal a represor durante as primeiras semanas da reacción fascista.

Pese a que o gran cantautor morreu xa hai moito tempo, as súas canción seguen vivas nas novas xeracións, son só en Chile, senón en todo o mundo enteiro. Victor Jara e recordado por moitos grupos actuais. En canto a Identificación do “Príncipe” hai un documental que trata o tema e no que aparece xente que compartiu cautiverio con Victor, así como a testemuña da súa filla.

O que pasou en Chile hai 35 anos recorda a actuais intentos por derrocar gobernos socialistas. Tal e como pasa actualmente os represores do pobo foron apoiados e dirixidos por militares ianquis, tal é como pasa actualmente EEUU armou impunemente a militares fascistas para derrocar un goberno lexítimo. Tal é como pasa actualmente son moitos os que, como fixera Victor, deciden loitar contra a reacción.



Avanti Popolo!!