Din que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. A verdade é que é odioso buscar exemplos, pero estes inundan a nosa vida cotiá. Tamén din que o Nadal é unha época de paz(pero isto último non é certo).
Mentres o mundo occidental celebra as grandes festas da relixión maioritaria no (as do consumismo), ninguén lle fai caso as noticias dese pobo que morre de fame e chumbo.
Tanques, helicópteros e cazabombardeos fan o mesmo que fixo nos seus tempos Herodes: matar aos meniños inocentes. Así, dous mil anos despois, un exército “democrático” ofrécenos a reedición do Día dos Santos Inocentes.
Ao igual que no holocausto nazi, no que moitos non decidiron tomar parte ata que foi demasiado tarde, é o momento de posicionarse neste grave conflito. Estamos a ver a exterminación de todo un pobo, pobo que ao igual que o noso sufre as cadeas dun invasor imperialista. Coa escusa da loita contra un grupo integrista islámicos, os integristas xudeus están privando a poboación civil de alimentos, menciñas, e combustible. Estamos vendo como se deixa morrer a un pobo enteiro de fame, e o que é peor: Seguimos sen facer nada.
Algunhas asociacións(sobre todo do entorno da esquerda comprometida), están a organizar marchar e manifestacións por todo o mundo pedindo que remate esta barbarie, namentres os grandes partidos e os presidentes máis influíntes seguen sen posicionarse, sen tratar de impedir o que ocorre.
A todas as persoas libres do mundo... a todas as que piden liberdade e xustiza.
A toda que teña unha conciencia viva... a toda que ame a paz.
Os corazóns dos nenos en palestina chámanche. Os gritos das nais desconsoladas chaman polas vosas conciencias.
Preguntámonos como durme o mundo mentres os nenos palestinos son cortados en anacos. Descúlpennos, os nosos ollos están cheos de bágoas e os nosos corazóns entristecidos polas accións criminais da ocupación israelí que van alén do que podiamos imaxinar.
Tamén é duro ver o apoio dos gobernos do mundo para tremendos crimes, que están dando permiso a Israel para cometer máis e máis crimes.
Chamámosvos ao seguinte:
1.- A continuar coas manifestacións diante das embaixadas de israel e os vosos parlamentos.
2.- A un boicote serio a Israel a todos os niveis.
3.- A loitar para poñer aos criminais de guerra israelís diante dos tribunais.
4.- Chamamos á organización de accións de loita diarias a todos os comités populares de Palestina.
5.- Chamamos aos israelís que rexeitan a ocupación a continuar mobilizándose.
Xuntas podemos parar o derramamento de sangue... xuntas podemos traer a paz e a xustiza.
Comités Populares de Palestina.http://www.bilin-ffj.org/
A cadena Telecinco, xa protagonizou dibersos incidentes: a súa postura en contra do uso da lingua galega, a sua apoloxía da telebasura e o finanzamento de criminais(caso da famosa entrevista de Julian Muñoz).
Recentemente, compañeiros descubriron a un grupo de cámara oculta cando esta intentando material para criminalizar aos antisistema. Dous reporteiros, colaronse en reunións, e "siguen" aos mozos para os entrevistar sobre temas delicados sen saber que os estaban a grabar.
Hai dous días saiu no Real Decreto 1892/2008 as " Condicións de acceso ó ensino universitario de grao e os procedementos de admisión nas universidades públicas españolas ". Hoxe xa podedes leer un resumo neste blog.
Esta nova lei non é máis que outra puñalada no moribundo corpo da universidade pública, xa que fomenta que sexa unha élite urbana a que acceda a universidade. Tamén é unha pala de cal na tumba do galego, que algúns queren enterrar aínda que sigua vivo e con folgos de sobra para mil primaveras máis.
Son dúas as organizacións que están a protestar ultimamente polos dereitos dos preuniversitarios en Galiza, por un lado temos ao SE e p0lo outro aos Comités. Esta última organización ten convocada unha folga no ensino medio para mañá(perdón por non favorecer máis a súa convocatoria, pero é que ando bastante liado). A folga tamén está convocada por GALIZA NOVA e as mocidades da MESA. Sinceramente coido que esta moi mal organizada(xa que non hai convocadas manifestacións) pero é mañá e xa está todo feito, tan só esperar que acudan cantos máis mellor.
Lugo non ten a fama doutros campus como Santiago ou Vigo en canto a combatividade do seu estudantado. Ou polo menos, non a tiña ate o de agora.
Dende primeira hora os piquetes recorreron as facultades animando a saír os poucos alumnos que quedaban e salvo algún que outro esquirol o seguimento foi masivo. O piquete inicial dos comités, duns quince militantes, tornouse nunha marea humana que ia recollendo os estudantes con ganas de loitar. Así e tras un éxito rotundo as clases pecharon e os estudantes foron a manifestación convocada polos comités.
Así as manifestación, que partiu as 12.20 da Intercentros, secundada por AGIR, agrupación estudantil da que viñeron varios militantes. Os mais de cen estudantes comezaron a berrar consignas en defensa dunha educación pública e de calidade polas rúas luguesas cortando o tráfico en lugares tan transitados como Maitins ou a Ronda da Muralla.
Finalmente a manifestación remato fronte ao edificio da Subdelegación do Goberno. A xeito simbólico, varios militantes dos Comités e Agir encadeáronse a porta sen cometer en ningún momento ningunha acción violenta. Sentados e quietos, co apoio de decenas de compañeiros, leron un breve manifesto.
A brutal reacción policial non se fixo esperar, pouco a pouco foron chegando máis e efectivos da policía nacional, a maioría dos cales vestía de paisano cun chaleco policial(o ou nen iso). Sen mediar palabra comezaron a golpear os mozos máis achegados a porta, os rapaces encadeados foron os que máis sufriron o feroz e desmesurado ataque, pero tamén recibiron golpes os compañeiros que trataban de axudalos así como un señor que vendo a carga quixo filmar o desenfreo policial.
Unha vez remata a mostra de forza e comezando a xente a marchar,os policías comezaron a identificar os manifestantes(sobre todo aos homes). Apresaron, amiazaron e tomaron os datos de aqueles que cometeron o delito de recibir un golpe estando sentados ou dos que gravaron a carga para posteriormente denunciala. Pese a que a maioría dos militantes eran dos Comités, o único detido foi un membro de AGIR. Este rapaz, de 16 anos, estaba agarrando a pancarta cando foi golpeado, posteriormente cando xa a xente ía marchando foi reducido e detido por nin mais nin menos que tres policías(iso que non pesaba máis de 60 kilos).
Os Comités vimos de convocar para o próximo 19 de novembro unha Folga estudantil nos 7 campus galegos para reclamar un novo plano de financiamento para as universidades galegas que as defenda fronte Boloña e que nos garantice a todas e todos unha universidade verdadeiramente pública e ao servizo da sociedade galega.
+ diñeiro público
A día de hoxe, a porcentaxe de investimento da Consellaría de Educación na educación universitaria é o 0,75% do P.I.B de Galiza; mais agora temos que crer que vai chegar ao 1,5 en 2015, cando nun primeiro momento o obxectivo da Consellaría era chegar ao 1% en 2010. Porén, os Comités entendemos que o investimento público no ensino universitario non debe ser inferior ao 1,5% do P.I.B galego no ano 2010.
- taxas
Na actualidade, a porcentaxe de participación do estudantado a través das taxas no financiamento universitario supón: na UdC o 13,81%, na USC o 18,21% e na Uvigo o 10,29%. Nós apostamos pola redución da porcentaxe de participación das taxas no financiamento das universidades até o 5% no ano 2010, non producíndose ningún perxuízo económico para as universidades e beneficiando a moitas e moitos.
+ bolsas
Só o 17% dos estudantes da Galiza están bolsados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), primando os criterios académicos sobre os económicos e producindo que unha parte importante do estudantado non teña acceso a unha bolsa que necesita. Consideramos que é necesario en 2010 pasar do 17% ao 33% os estudantes beneficiaros de Bolsas de Axuda ao Estudo, e elevar do 17% ao 50% os estudantes que teñen exención de taxas por criterios de renda. Alén da asunción da política de bolsas por parte da Xunta a fin de axeitala ás nosas características socioeconómicas propias.
+ aloxamento público
Para garantir un aloxamento público abondo faise necesaria a creación dun ente público composto polas tres universidades galegas, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellaría de Vivenda e Solo para a xestión do aloxamento universitario, que convirta todas as prazas concertadas, subvencionadas e concesionadas en prazas públicas antes do ano 2010. Así como a elaboración dun plano plurianual de aloxamento público universitario que garanta cando menos acceso ao 15% dos estudantes matriculados en cada campus.
+ coordinación
Un apoio económico decidido será imprescindíbel para a xestión integral necesaria do Sistema Universitario Galego (SUG) no que ten a ver coas infraestruturas, aloxamento público universitario, matriculación, investigación, mapa de títulos, promoción...
- despilfarro
Coidamos que para que os cartos de todas e todos nós non os desbalden uns poucos é completamente necesaria a fiscalización e control orzamentario por parte da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
+ calidade
Unha universidade de calidade pasa pola progresiva eliminación da limitación de prazas nas titulacións, nos graos e nos posgraos, a eliminación das probas específicas para as titulacións, a redución das proporcións profesor/alumno. Do mesmo xeito cómpren melloras substanciais tanto en materiais como en infraestruturas.
Unha vez máis un camarada é acoitelado, cando el non fixo uso da forza, unha vez máis os fascistas atacan só cando son mais e mellor armados.
Son moitos os que denunciamos que os fascistas actúan con impunidade, que son tratados como héroes por asociacions legais e subencionadas(caso de Inestrillas), e que pese acoñecer a súa ideoloxía violenta os seus partidos e asociacións seguen a estar legalizadas.
Pero, pese o paso do tempo, as autoridades seguen igual e non toman mediadas. Encarcéanos e mesmo nos torturan namentres os verdadeiros asasinos permanecen na rúa Asasinos protexidos por amplos cordóns policiais durante os seus actos, como aconteceu o pasado día 25 en Euskal Herria(nun acto da Falanxe). Pola nosa parte, seguiremos loitando individual e colectivamente dende a primeira liña do antifascismo: informamos e saboteamos a súa información dende blogs e foros, participamos nos actos de repulta e nas contramanifestacións, pero o máis importante: combatémolo e combarémolo día a día e sen deixarlle tregua.
Querido camarada, convertícheste nun exemplo a seguir. Nin esquecemos, nin perdoamos!!!
Noticia(según a indymedia)
O rapaz acoitelado atopáva-se na entrada dum pub pontevedrés, com 2 companheiros mais, quando um grupo dumhas 10 pessoas, vários vizinhos de Ponte Vedra e outros da cidade espanhola de Valladolid, começarom a increpa-lo e a insulta-lo pola sua ideología nacionalista. Ao ver que nom lhes fazia nim caso, começarom a insultar a umha das duas pessoas que o acompanhavam, um rapaz marroquí, berrando cousas como “moro de mierda”, entre outras frases.
Chegados a este ponto, ao comprobar que os insultos e a agresividade iam a mais, foi quando se produziu o enfrontamento, em clara inferioridade, resultando finalmente acoitelado nas costas o rapaz pontevedrés.
O rapaz atópa-se ingresado no Hospital Montecelo de Ponte Vedra (CHOP), onde parece ser que ficará durante vários dias. Esta tarde ainda se baralhava a posibilidade de ter que intervi-lo cirurgicamente, mas dentro da gravidade dos feitos, parece que tivo sorte e está fora de perigo, mas puido ser moi sério. Nom foi umha pelea nim umha bronca, os agresores iam armados e empregarom as suas armas contra este rapaz.
Ante estes acontecementos, devemos amosar-nos firmes e respostar nas ruas ante estas agressons fascistas e racistas. Nom o podemos consentir!!!
PAREMOS O FASCISMO!!! NINGUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA!!!
Coordinadora de Equipas de normalización lingüística de Ferrolterra
Ferrol non é tan feo.
Solamente necesita ir a cambio radical; é paciente perfecto para un bo cirurxán
Non o digo eu, que o dixo Pondal, por iso lle prégo a súa señoría que non mo tome a mal.
"Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non."
MANDAMENTOS DO BO FERROLÁN
I AMARÁS A TÚA TERRA SOBRE TÓDALAS COUSAS
II NON PRONUNCIARÁS O NOME DA TUA TERRA EN VANO
III IRÁS A MALATA CANDO XOGUE O RACING
IV HORNARÁS OS TEUS E ESTARÁS ORGULLOSO DA TÚA TERRA
V NON MATARÁS, a ningún ferrolán
VI NON COMETERÁS ACTOS IMPUROS, se non son consentidos
VII NON AS DE ROUBAR, salvo que sexas banqueiro
VIII NON LEVANTARAS FALSOS TESTIMONIOS NEN MENTIRÁS, salvo que sexas político
XIX NON CONSENTIRÁS DESEXOS NIN PENSAMENTOS IMPUROS, pois pra que pensar neles podendoos facer?
XX NON CODICIARÁS OS BENS AXENOS, e se pasas fame jódeste
¡¡@S GALEG@ NON TEMOS REI!!
Nen o temos, nen nos fai falla.
Yo te daré te dare, te daré niña hermosa,te daré una cosa, una cosa que yo solo se.¡RACING!
Fumos os mellores de 2B, agora loitaremos por selos da BBVA
Un adolescente como outro calquera, con inquedanzas e con ganas de cambiar o mundo. Non pertenzo a ningun partido nin a ningunha relixión ou autoridade que me impoña unha conducta polo que digo so o que eu penso e son consecuente cos meus actos. Cando me aburro fago blogs e un deste resultados do aburrimento e o blog q estades a veren. Nos meus blogs trato de enfocar a miña forma de ver o mundo que é a de calquera rapaz da miña idade, galego e que odie a tiranaía do capitalismo salvaxe no que vivimos.