Israel é para moitos un estado democrático que esta a defenderse contra os terroristas, a maioría dos que afirman isto pensa Venezuela é en cambio un ditador.
Pero, “este estado ditatorial” acaba de darnos unha lección de valentía e xustiza. En resposta aos crimes que se están a cometer en Gaza(ataques a ambulancias, a escolas da ONU, a hospitais...) expulsou ao embaixador sionista.
O seu presidente electo, non calou(como fixo Obama), ou dixo vagueades como Zapatero: dixo todo o que el pensaba sobre o asunto, sen ter medo das consecuencias.
quarta-feira, 7 de janeiro de 2009
terça-feira, 6 de janeiro de 2009
QUEN DEIXA MATAR É TAN CULPABLE COMO O QUE MATA
Hai veces que, para facer o correcto é indispensábel tomar parte nun asunto que en principio nos é lonxano.
quarta-feira, 31 de dezembro de 2008
CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
LUGAR:
En frente do edifício da Junta da Galiza na Porta Nova de Ferrol, às 20h30.
CONVOCA:
ADEGA, Asociación Fervesteiro, Asociación Fuco Buxán, Associaçom Ártabra21, Asociación Veciñal Fontelonga, BRIGA, CIG, Esquerda Unida, Fundaçom Artábria, NÓS-Unidade Popular, Siareir@s Galeg@s e Verdegaia.
terça-feira, 30 de dezembro de 2008
O POBO PALESTINO DESÁNGRASE

Din que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. A verdade é que é odioso buscar exemplos, pero estes inundan a nosa vida cotiá. Tamén din que o Nadal é unha época de paz(pero isto último non é certo).
Mentres o mundo occidental celebra as grandes festas da relixión maioritaria no (as do consumismo), ninguén lle fai caso as noticias dese pobo que morre de fame e chumbo.
Tanques, helicópteros e cazabombardeos fan o mesmo que fixo nos seus tempos Herodes: matar aos meniños inocentes. Así, dous mil anos despois, un exército “democrático” ofrécenos a reedición do Día dos Santos Inocentes.
Ao igual que no holocausto nazi, no que moitos non decidiron tomar parte ata que foi demasiado tarde, é o momento de posicionarse neste grave conflito. Estamos a ver a exterminación de todo un pobo, pobo que ao igual que o noso sufre as cadeas dun invasor imperialista. Coa escusa da loita contra un grupo integrista islámicos, os integristas xudeus están privando a poboación civil de alimentos, menciñas, e combustible. Estamos vendo como se deixa morrer a un pobo enteiro de fame, e o que é peor: Seguimos sen facer nada.
Algunhas asociacións(sobre todo do entorno da esquerda comprometida), están a organizar marchar e manifestacións por todo o mundo pedindo que remate esta barbarie, namentres os grandes partidos e os presidentes máis influíntes seguen sen posicionarse, sen tratar de impedir o que ocorre.
…………………………………………………………………………………………………………………………………………..
Manifesto dos Comités Populares de Palestina.
A todas as persoas libres do mundo... a todas as que piden liberdade e xustiza.
A toda que teña unha conciencia viva... a toda que ame a paz.
Os corazóns dos nenos en palestina chámanche. Os gritos das nais desconsoladas chaman polas vosas conciencias.
Preguntámonos como durme o mundo mentres os nenos palestinos son cortados en anacos. Descúlpennos, os nosos ollos están cheos de bágoas e os nosos corazóns entristecidos polas accións criminais da ocupación israelí que van alén do que podiamos imaxinar.
Tamén é duro ver o apoio dos gobernos do mundo para tremendos crimes, que están dando permiso a Israel para cometer máis e máis crimes.
Chamámosvos ao seguinte:
1.- A continuar coas manifestacións diante das embaixadas de israel e os vosos parlamentos.
2.- A un boicote serio a Israel a todos os niveis.
3.- A loitar para poñer aos criminais de guerra israelís diante dos tribunais.
4.- Chamamos á organización de accións de loita diarias a todos os comités populares de Palestina.
5.- Chamamos aos israelís que rexeitan a ocupación a continuar mobilizándose.
Xuntas podemos parar o derramamento de sangue... xuntas podemos traer a paz e a xustiza.
Comités Populares de Palestina.http://www.bilin-ffj.org/
quarta-feira, 24 de dezembro de 2008
TELECINCO PILLADO
A cadena Telecinco, xa protagonizou dibersos incidentes: a súa postura en contra do uso da lingua galega, a sua apoloxía da telebasura e o finanzamento de criminais(caso da famosa entrevista de Julian Muñoz).
Recentemente, compañeiros descubriron a un grupo de cámara oculta cando esta intentando material para criminalizar aos antisistema. Dous reporteiros, colaronse en reunións, e "siguen" aos mozos para os entrevistar sobre temas delicados sen saber que os estaban a grabar.
Recentemente, compañeiros descubriron a un grupo de cámara oculta cando esta intentando material para criminalizar aos antisistema. Dous reporteiros, colaronse en reunións, e "siguen" aos mozos para os entrevistar sobre temas delicados sen saber que os estaban a grabar.
terça-feira, 25 de novembro de 2008
REFORMA NO ACESO A UNIVERSIDADE
Hai dous días saiu no Real Decreto 1892/2008 as " Condicións de acceso ó ensino universitario de grao e os procedementos de admisión nas universidades públicas españolas ". Hoxe xa podedes leer un resumo neste blog.
Esta nova lei non é máis que outra puñalada no moribundo corpo da universidade pública, xa que fomenta que sexa unha élite urbana a que acceda a universidade. Tamén é unha pala de cal na tumba do galego, que algúns queren enterrar aínda que sigua vivo e con folgos de sobra para mil primaveras máis.
Son dúas as organizacións que están a protestar ultimamente polos dereitos dos preuniversitarios en Galiza, por un lado temos ao SE e p0lo outro aos Comités. Esta última organización ten convocada unha folga no ensino medio para mañá(perdón por non favorecer máis a súa convocatoria, pero é que ando bastante liado). A folga tamén está convocada por GALIZA NOVA e as mocidades da MESA. Sinceramente coido que esta moi mal organizada(xa que non hai convocadas manifestacións) pero é mañá e xa está todo feito, tan só esperar que acudan cantos máis mellor.
Esta nova lei non é máis que outra puñalada no moribundo corpo da universidade pública, xa que fomenta que sexa unha élite urbana a que acceda a universidade. Tamén é unha pala de cal na tumba do galego, que algúns queren enterrar aínda que sigua vivo e con folgos de sobra para mil primaveras máis.
Son dúas as organizacións que están a protestar ultimamente polos dereitos dos preuniversitarios en Galiza, por un lado temos ao SE e p0lo outro aos Comités. Esta última organización ten convocada unha folga no ensino medio para mañá(perdón por non favorecer máis a súa convocatoria, pero é que ando bastante liado). A folga tamén está convocada por GALIZA NOVA e as mocidades da MESA. Sinceramente coido que esta moi mal organizada(xa que non hai convocadas manifestacións) pero é mañá e xa está todo feito, tan só esperar que acudan cantos máis mellor.
quarta-feira, 19 de novembro de 2008
MASIVA ASISTENCIA A FOLGA EN LUGO
Lugo non ten a fama doutros campus como Santiago ou Vigo en canto a combatividade do seu estudantado. Ou polo menos, non a tiña ate o de agora.Dende primeira hora os piquetes recorreron as facultades animando a saír os poucos alumnos que quedaban e salvo algún que outro esquirol o seguimento foi masivo. O piquete inicial dos comités, duns quince militantes, tornouse nunha marea humana que ia recollendo os estudantes con ganas de loitar. Así e tras un éxito rotundo as clases pecharon e os estudantes foron a manifestación convocada polos comités.
Así as manifestación, que partiu as 12.20 da Intercentros, secundada por AGIR, agrupación estudantil da que viñeron varios militantes. Os mais de cen estudantes comezaron a berrar consignas en defensa dunha educación pública e de calidade polas rúas luguesas cortando o tráfico en lugares tan transitados como Maitins ou a Ronda da Muralla.
Finalmente a manifestación remato fronte ao edificio da Subdelegación do Goberno. A xeito simbólico, varios militantes dos Comités e Agir encadeáronse a porta sen cometer en ningún momento ningunha acción violenta. Sentados e quietos, co apoio de decenas de compañeiros, leron un breve manifesto.
A brutal reacción policial non se fixo esperar, pouco a pouco foron chegando máis e efectivos da policía nacional, a maioría dos cales vestía de paisano cun chaleco policial(o ou nen iso). Sen mediar palabra comezaron a golpear os mozos máis achegados a porta, os rapaces encadeados foron os que máis sufriron o feroz e desmesurado ataque, pero tamén recibiron golpes os compañeiros que trataban de axudalos así como un señor que vendo a carga quixo filmar o desenfreo policial.
Unha vez remata a mostra de forza e comezando a xente a marchar,os policías comezaron a identificar os manifestantes(sobre todo aos homes). Apresaron, amiazaron e tomaron os datos de aqueles que cometeron o delito de recibir un golpe estando sentados ou dos que gravaron a carga para posteriormente denunciala. Pese a que a maioría dos militantes eran dos Comités, o único detido foi un membro de AGIR. Este rapaz, de 16 anos, estaba agarrando a pancarta cando foi golpeado, posteriormente cando xa a xente ía marchando foi reducido e detido por nin mais nin menos que tres policías(iso que non pesaba máis de 60 kilos).
Assinar:
Postagens (Atom)
