Mostrando postagens com marcador Crónica e crítica deportiva. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Crónica e crítica deportiva. Mostrar todas as postagens

domingo, 16 de março de 2008

¡¡ RACING 2- EXPORTING 2!! non é unha vitoria, pero tampouco unha derrota.

Este sábado 15, uns 4 000 asturianos invadiron literalmente Ferrol coma se foran unha horda bárbara. Pasei a iso da unha e media da tarde por diante da Malata e os borrachos xa se contaban a ducias. As seis e media(hora do partido) superaban a centena, aqueles siareiros do Sporting que case non daban coordinado os seus pasos.

Tamén había uns cantos coches de antidisturbios, para tratar de que houbera orde. Os policías non vixiaban toda a zona. Simplemente estaban en dous lugares. Eu viña dende Canido coa miña bandeira e a miña bufanda do Racing cuns cantos amigos. Baixamos cara as taquillas polas escaleiras e topámonos coa horda. Camiñando rodeados de asturianos que nos berraban que lles deixaramos gañar, que non sacaramos a Pereira e outras cousas menos bonitas(estas últimas pregoadas polos abundantes borrachos) chegamos as taquillas e logo de mercar unha entrada fomos para os nosos asentos en fondo.




Dentro de campo, un paisaxe dantesco. Catro mil asturianos que semellaban un fantasmagórico exercito enviado para arrasar Ferrol. Debido distancia co outro fondo onde estaban acomodados e a que os ástures non berraban demasiado ese aspecto de pantasmas era aínda mais arrepiante.

O partido comezou cun gol dos bables, secundado por dous tantos do equipo de Trasancos e un último tanto do equipo asturiano. O Racing de Ferrol xogou con forza e maña durante todo o partido, pero a defensa asturiana paraba con forza bruta as filigranas dos nosos. Finalmente o partido rematou en empate, 2-2. Acadando así cada equipo un punto, non é moito pero, algo é.

A saída do campo eu levaba unha bufanda e unha bandeira do noso equipo. Cando subía polas escaleiras que dan a estrada onde están as portas de preferencia, un siareiro Sporting agarroume a bufanda e votou a correr . Eu perseguino para recuperala miña bufanda, sen soltar a bandeira do Racing.



A xente non me auxiliou non sei se foi por que pensaban que eu era o agresor ou se era por que lles daba igual. O caso e que el levaba tenis, eu botas, el levaba chándal, eu chupa e vaqueiros. Perseguino con todas as miñas forzas detrás del, berrando e pedindo auxilio pero ninguén facía nada. Total que cando me din conta xa estabamos chegando a FIMO, o lugar onde puxeran unha carpa para deleite dos bables. Entón dinme conta do que estaba pasando, tenderanme unha trampa para darme unha malleira entre varios en FIMO. Buscaran a un afeccionado do Racing, nin moi neno nin moi home(pois nin tiñan tan poucos escrúpulos como para pegarlle a un neno pequeno nen eran tan valentes como para enfrentarse cun home maduro) para atraelo e zoscarlle logo entre varios. Pese a que o perseguin con ansia ata que me vin rodeado de asturianos, non tiña ganas de que me zoscaran sendo eles mais polo que finalmente volvinme cara o estadio, total por unha bufanda.

Tamén e salientábel que nas gradas do Sporting eran moi abundantes as bandeiras españolas e a simboloxía racista-fascista. Iso e o pelo case rapado do ladrón fanme pensar tal vez foi un skin de dereitas o que me roubou a bufanda(pena que non o din collido).

domingo, 16 de dezembro de 2007

TOCANDO FONDO

Esperemos que esta derrota do noso equipo sexa a derradeira desta temporada ou polo menos a última en moito tempo.

Pero para que isto ocorra os ferroláns deben saír ao campo con moitas ansias de vitoria e esforzarse todo o que poidan. Este sentimento de loita para que non descenda o club e o que necesitamos.

Déixovos un vídeo de como desexaría que actuasen os noso xogadores. Está en castelán pero a parodia é moi divertida.


OS 300 FERROLANOS

AS PORTAS DO DESCENSO

Non sabemos que lle pasa ao noso equipo. Nas primeiras xornadas o Racing navegaba pelos postos máis altos da clasificación xeral da liga coma un barco que acaba de ser botado. De repente sen decatarnos comezou a ter fugas e mais fugas de puntos e tras estar tanto tempo sen puntuar chegou o inevitábel, os postos de descenso. Os mecánicos deste barco(o técnico Veiga e o médico) tratan de taponar as fugas pero de momento o equipo segue a afundirse na clasificación.

A inchada do noso equipo ultimamente pasamos o partido protestando, protestan polos erros arbitrais que tanto dano fan ao noso equipo, polas faltas cometidas a "Pereira" e pola incapacidade do técnico. Un “mister” que xa non é querido polo público, de feito a semana pasada pediuse a súa dimisión.

Mentres que nas primeiras xornadas ata soñábamos cun ficticio ascenso, agora conformámosvos con non descender. Así é a vida, e o futuro deste equipo semella moi incerto pois se alguén non o remedia podemos sufrir un descenso.

Pero mailas derrotas e os malos resultados do equipo en cada partido a Malata segue animando ao seu equipo, esperemos que no próximo partido gritemos todos de xúbilo en non de enfado como pasou nos últimos.

sábado, 27 de outubro de 2007

Racing Vs Real Sociedad

Que dicir do partido? pois que sinceramente o racing merecia gañar pero enfín outra vez será.

Durante o partido os xogadores do Racing xogaron ben pero o esperado gol non chegou e cando o arbitro pitou a fin o marcador seguía a ceros. Durante os 90 minutos de xogo as ocasións de gol para o equipo ferrolá non faltaron pese a dura defensa da Real. Pereira, o ese pequeno crak, trataba de entrar na area do rival para asi tirar de cerca pero os defensas contrarios non lles facia gracia perder e fixeron ben o seu traballo, efin que foi un gran partido.


Deixando a parte o resultado este partido foi diferente a moitos outros pola afición, non so pola ferrolá senón tamén pola chegada dende Euskadi. Nas gradas puideronse ver bandeiras das dúas nacións e tamén unha pancarta reinvidicando a independencia dos nosos amigos vaskos. Ambás aficións tiveron un trato cordial e mostraron respecto unha pela outra algo que non sempre pasa con equipos rivais.

Tamén se fixo reparto durante o partido do novo folleto da asociación siareir@s, asociación que eu non sabia que existira e que agrupa a tódadas inchadas dos equipos galegos de tódolos deportes.

sábado, 26 de maio de 2007

UN DÍA NA MALATA


Hoxe como outros moitos día tocou de ir a malata para animar a este noso equipo, asi que quedamos uns pocuos amigos e ala fumos. Como somos socios de fondo saiunos gratis entrar pero unha vez dentro decidimos ir a preferencia. Que nos levou en xeral é que me levou a facelo en singular? non volo digo que non vos importa, ademáis é moi facil de adiviñar. Por que un adolescente idealista salta unha verxa? por ver mellor o partido seguro que non.
Decir do partido que houbo uns cantos goles, non podo decir cantos pois non estaba demasiado atento, creo que o racing marcou 2, o celta b en troques non marcou nengun gol pero tampouco o merecia. Tamén debese salientar que o linier era malo moi malo e o arbitro tan malo como el pero aínda encima era tonto pero pese a que nos expulsaron,inxustamente, a un xogador o racing gañou dous a cero.


PD: CANDO ACABEN AS ELECCIÓNS VOLTARA A POLÍTICA MENTRES TANTO: FELIZ DÍA DE REFLEXIÓN.

Avanti Popolo!!