Mostrando postagens com marcador Humor. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Humor. Mostrar todas as postagens
quarta-feira, 19 de março de 2008
domingo, 16 de março de 2008
sábado, 2 de fevereiro de 2008
domingo, 20 de janeiro de 2008
"Los Borbones en Pelota"

Recentemente chegou as miñas mans un correo polo cal coñecin este libro descoñecido por todos. Publicado polos irmáns Bécquer, baixo o pseudónimo de Sem(abreviatura de Semen), é claramente pornográfico
O libro esta composto por acuarelas pornográfico-satíricas con guións do poeta Gustavo Adolfo Bécquer e debuxos do seu irmán Valeriano Bécquer. Nel podemos ver debuxada a Isabel II e o rei consorte ou como lle chamaba a súa muller "Paquita", un rei que segundo se di non era capaz nin de mexar de pé e que polo tanto dubídase sobre a paternidade dos seus presuntos fillos. Raíña da cal descende Juan Carlos de Borbón a cal se lle atribúe ter levado unha vida bastante alegre.
O libro, pese a quen pese, esta editado e por se o queredes mercar pásovos os datos da edición. Creo que estas e outras moitas historias demostran a inutilidade da monarquía. Monarquía que moitos denfenden a ultranza por considerar que unha persoa se é educa dende que nace para gobernar será un bo gobernante. Pois ben, Isabel II foi educada dende que naceu para gobernar e fixoo dende os trece anos e non sei si polo parece a vos, pero para min non foi unha boa gobernante.
LOS BORBONES EN PELOTA
© 1996 COMPAÑÍA LITERARIA , S.L.
Por los textos: © Robert Pageart,
Depósito legal: M-19.995-1996
| ISBN: 84-8213-028-5
291 pp. | 28,5 x
[ Portada de Javier Belloso ]
"Carlos Marfori, de pé e cunha copa de viño na man , observa a Isabel II sentada e cunha perna sobre un brazo do sofá. Sor Patrocinio, na mesa, está sendo reclamada por González Bravo, a quen reclama Francisco de Asís. O pai Claret sodomiza ao rei mentres unha parella de cadelos emulan aos seus donos formando parte da festa”
(imaxe colgada dende o blog http://www.sindinero.org/blog/archives/157" se queredes ver o correo podedes descargalo: http://www.infonacional.com/ynestrillas/LosBorbones.pps)
Assinar:
Postagens (Atom)
