segunda-feira, 20 de agosto de 2007

O TEMPO ANDA TOLO


Qué é o que esta a pasar? porqué tiven hoxe que sacar o paraugas se estamos en agosto? como é que este verán e tan raro?

Penso que todos sabemos a resposta pois pouco a pouco asumimos que o cambio climático non é unha pelicula de ciencia fición senon un grave problema que estamos a sufrir e que co paso do tempo vaise empeorando. Logo por que é que non o tratamos de evitar?

Moita xente pensa que os gobernos teñen que tomar medidas para solucionalo pero estas medidas poden traer outros problemas novos polo que penso que non debemos de aceptar tódalas solucións que nos dan os nosos queridos políticos porque neste capitalismo salvaxe no que vivimos o que en principio parecía un programa politico comprometido resulta que tan só consiste noutra nova forma de facerse rico o pisaverdes de turno. Actualmente e escusándose na loita contra o quentamento global estan a tomar medidas de dudosa efectividade en troques doutras que poderían ser moito mellores pero o ambiente non interesa en cambio os cartos sí. Un dos exemplos máis recentes e o do biodiesel que de sustituirse pola gasolina contaminaria menos e ademáis como os coches necesitarían repostar seguiria a ser unha forma de que os empresarios gañaran cartos cousa que non pasaría tanto por exemplo por coches solares que non necesiten de nengún combustible.




COMIDA DUNS,COMBUSTIBLE DOUTROS

Se nos preguntaran cal é a principal función do alimento nos como é obvio diríamos que é a de alimentar a xente, se descubrimos que un pobre consegue alimento de forma barata, dubido que se nos ocorrerá comprar todo o produto que o pobre consume para satisfacer con el unha necesidade menos prioritaria como pode ser o ocio.


Pero aínda que o que estou a dicir é algo que todos deberíamos pensar e considerar correcto no mundo no que vivimos, corrompido polo capital, as prioridades non son as que deberan. Se podemos conseguir un mínimo beneficio comprando alimento para facer con el combustible sen lugar a dubidas farémolo, xa que pese o que nos pese a única prioridade que respecta a xente deste século é a de medrar social e economicamente.

Un recente exemplo de que a sociedade atópase nun estado de decadencia en canto a hora de respectar os valores morais podémolo atopar en México, pais no que os campesiños e o pobo obreiro están a sufrir unha subida de prezo inxustificable no seu alimento principal, a torta de millo. Todo por que en Estados Unidos necesitan millo, non para comer senón que o empregan como alimento para o gando estabulado moitas veces en condicións máis que deplorables ou para facer combustible xa que por todos é sabido que o etanol pódese conseguir a partir do millo.

Pero non temades o Estado Oficial Mexicano xa tomou partidas no asunto, como a xente xa non pode pagar o millo xa que o que comía a xente agora é empregado para dar de comer as vacas e facer combustible non contaminante para arranxar o problema tan só hai que darlle a volta a tortilla, e nunca mellor dito. Os mexicanos poderán comer o millo destinado o gando e a industria, desta forma non pasarán fame e os empresarios aumentaran as súas contas en Suíza. Que é iso de que o millo é transxénico? si é certo o millo importado dende Estados Unidos cara México é transxénico é de baixa calidade, de feito greempeace xa deu a voz de alarma polo risco que conleva, pero isto fará florecer a economía norteamericana é o grazas o etanol tódolos empresarios poderán conducir os seus Hummers sen preocuparse pola capa de ozono. Non é unha boa solución?

Dende logo o mundo esta tolo, máis do que podemos imaxinar( menos mal que os medios de comunicación rezan por que non nos demos conta do que ocorre o noso redor), si que é certo que as clases podentes levan medrando a costa da fame dos pobres, pero que isto se leve repetindo o longo da historia non quere dicir que sexa xusto. Se non me credes mirade en Internet pero asegúrovos que cando investiguedes un pouco na prensa libre acabaredes gritando contra esta e moitas máis inxustizas que grazas a presa do corazón pasan desapercibidas entre o: ¡Que viva Zapata!.

quarta-feira, 8 de agosto de 2007

POR QUE A MONTARON?

E que o ruido que tratan de facer os que estan en contra do concerto do sábado parece que esta orixinado por "un grupo moi reducido de persoas" que descontentas cos resultados das últimas elección empregan o tema do terrrorismo para atacar o goberno local.

A xente que esta agora a poñer comentarios e mandar e-mails por leer unha letra dunha canción sacada de contesto deberia darse conta de que se os cantantes foran terroristas como se dia hai tempo que estarian detidos e o concerto sería censurado como o foi a revista o jueves pois hoxe en dia os xuices son moi serios respecto a ese aspectos. LOGO POR QUE MONTAN TANTO RUIDO? POR QUE TRATAN DE FACER RUIDO? por que ruido o que se di ruido non estan a facer xa que se nos fixamos son catro gatos enfadados e emperrenchados e por iso hoxe non teño ningunha dúbida de que o concerto vai a ser todo un éxito.

O que máis me enfada hoxe e que mentras que cando o alcalde se subiu o soldo un 70 por cento nadie protestou agoran a oposicion si tomou partido. Por que calaron? esta claro que todos os politicos calaron por que habia cartos por medio e agora que hay votos o pp toma a palabra para tratar de acadar un exito nas vindeiras eleccións un saudo e dende logo que pensar que onte me preocupou o do boikot... tranquilos que creo que teremos un concertazo.


pd: xa se que seguramente non lea ninguen e menos de EU isto pero si houbera algun de eu que lera isto decirlle que lle agradezo moito que nos traian a este grupo tan bo pero que non me esquezo que non dixeron nada cando Irisarri subiu o soldo un 70 por cento. Penso que un membro do pc ou calquera que se considere socialista xa sexa cientifico ou non debería loitar contra as desigualdades socias e penurias do proletariado en troques de favorecelas co seu silencio pois con eses cartiños poderianse facer moitas cousas polos máis desfavorecidos da comarca.

terça-feira, 7 de agosto de 2007

BANDA BASSOTTI EN FERROL



Quen é banda basotti? a verdade é que ata hai cinco minutos non sabia quen eran pero cando lin a palabra boicot contra banda basotti entroume a curiosidade.

Banda basSotti é un grupo de ska italiano e a verdade e que soan moi pero que moi ben, as súas cancións están politizadas e son dunha marcada ideoloxia de esquerda. e sega as vidas de civís que nNas súas cancións falan de opoñerse o imperialismo e o capitalismo tamen mostran o seu apoio os pobos que loitan pola súa autodeterminacion e por iso nas súas letras mostran a súa preocupación pela crítica situación dalgúns pobos como é o vasko, o palestino ou como mesmo podería ser o noso pois non debemos de esquecernos que polo momento carcemos de calquer tipo de autodeterminación.

O boikot contra este grupo surxe por mor dunha canción tituada jump lalala e na que se fala sobre o asasinato de Carrero Blanco(alto cargo fascista), nesta cancíon o grupo vitorea a eta pola ación cometida con éxito e que segun o grupo librou o pobo Vasko(e o resto de pobos peninsulares) dunha dictadura que poderia ser ainda máis larga(se cave).


Dende o meu punto de vista esta canción non pode ser considerada como un enaltecemento do terrorismo e dudo moito que os integrantes do grupo esten a favor da violencia contra o pobo inocente xa que na epoca na que eta fixo ese atentado era un exército revolucionario que loitaba contra o franquismo unha forma de loita que nada ten que ver coa actual. Este grupo non merece ser xuzgado só por unha canción e penso que deberiamos de agradecer o concello por traernos a un grupo internacional decente e non a un triunfito como outros anos. Enfin para demostrar que este é un grupo normal como calquer outro deixovos un videoclip que me gustou moito,xd. UN SAUDO

quinta-feira, 5 de julho de 2007

E agora, que carallo facemos??


Vale, reganosa estase a poñer en funcionamento os nosos esforzos non serviron de nada pero agora que carallo facemos? será hora de pegarnos todos un tiro por non ser capaces de unirnos ante un inimigo común? as veces coido que si.

De feito aceptar a reganosa dentro da ría non é máis que un suicidio colectivo posto que todos sabemos que antes ou despois a planta rematará por estoupar e con ela cerca de cen mil ártabro voarán pelos aires. Nos non nos conseguimos poñer dacordo por un fin xusto pese o esforzo dos miles de cidadáns que participaron nas manifestación tódolos nosos esforzos resultaron infrutuosos debido a falta de apoio que tivemos refírome o apoio político pero tamén o apoio da cidadanía posto que se facemos valance o porcentaxe de ferroláns que participaron activamente en contra da planta e basta baixo.
A falta de unión para loitar por un mesmo fin dentro dunha sociedade denota unha total decadencia da nosa comarca, é o noso problema e o primeiro paso para superalo é aceptalo: ferrolterra atópase inmersa nunha total e posiblemente definitiva decadencia xa sexa vista polo punto de vista económico ou social. Dende hai anos temos problemas de desemprego acandando uns límites que en épocas de gloria parecerían imposibles de acadar e na rúa a xente denega o auxilio en caso de que vexan outro cidadán en perigo(salvo contadas excepcións) xa que no estado en que están a nosa terra a cidadanía ártabra só se preocupa polo seu estado presente e nen lle importa que lle poida ocorrer no futuro.

O caso de reganosa e o exemplo máis claro desta enfermidade que ten como sintomatoloxía a falta de camadarería entre os cidadáns(mesmo entre os que son veciños ou parentes) e como resultado final a desaparición deste núcleo de poboación ou polo menos de tal e como o coñecemos. Se buscamos cal foi o causante desta enfermidade non tardaremos moito en atopalos pois son varios motivos entre os que se encontran os políticos corruptos e incompetentes, que o exército freara o crecemento da cidade ou a falta de comunicacións de Ferrol...

Sinto non poder dicir que o que deberiamos facer pero se me teño que tirar a piscina afirmaría que a única forma de que a comarca recuperase o seu antigo explendor sería a union en todo momento da cidadanía para asi apostar por un futuro mellor para todos nos e conseguir frear os especuladores que por afan de riqueza ou de aumentar o seu capital esta a por en perigo o futuro das próximas xeracións de ferrolterráns.

quinta-feira, 28 de junho de 2007

OS MILITARES E A MORTE



Na época medieval un guerreiro sabia que o seu oficio era matar e a cara menos amable desta profesión era que podía morrer, co tempo pouco a pouco os eufemismos foron convertendo e maquillando estas profesión e actualmente non se acepta o verdadeiro papel dun soldado, matar o mellor posible sen deixarse ser matado.

As tropas españolas e doutros exércitos invaden o mundo coa escusas de loitar pela paz e para desenvolver labores humanitarias como se en troques de ser señores que teñen por profesión matar fosen voluntarios dunha ONG. Cando morre un soldado en acción de guerra tratase coma se fora un mártir e a morte del fora algo evitable, dánselle honores de heroe e dende falase acerca de como evitar que morran máis da mesma forma. Un soldado morto non é nada máis que alguén que realizou o seu traballo e fracasou, dende o punto de vista militar o soldado que se deixa matar non é o heroe o heroe é o soldado que mate máis inimigos pero que lle vamos a facer se vivimos nesta surrealista realidade.

Parece que alguén trata de evadirnos da realidade:cando se invade un pais non se lle chama unha invasión, trátase dunha acción humanitaria, cando un civil morre non é un asasinato trátase dun dano colateral; cando un exercito invasor sofre unha acción de guerrilla trátase de terrorismo e cando un militares fracasan na súa misión e morren trátase dun asasinato ou un terrible accidente.

Enfín, non sei como chegamos a estas situación pero que lle vamos a facer se neste mundo de hoxe en día miles de rapaces xogan a ser soldados sen saber que antes ou depois a morte non ha tardar en atopalos pois atoparse accidentalmente con esta negra señora é parte do contrato do traballo polo que eles optaron.

segunda-feira, 25 de junho de 2007

OUTRO ANO MÁIS OS ALUMNOS DOS COLEXIOS PRIVADOS ACADAN FABULOSAS MEDIAS

Logo, iso si non consiguen unhas notas tan altas no selectivo pero por baixa que sexa a note deste exame a nota media tan alta que traen fai que poidan entrar en calquer carreira. E, mentres tanto, nós, os fillos de obreiro e estudantes da ensinanza pública, temos que pelexar pola media e conformarnos con acadar un suficiente. Na pública os profesores tiveron que pasar unha oposición e a maioría son diplomados ou licenciados. Por outra banda, non nos encontraremos enxeñeiros dando clases de inglés ou avogados impartindo física. O caso é que moitas veces poderían ser un pouco menos “tacaños” coas notas, sabendo que necesitamos medias altas para poder estudar nas carreiras máis desexadas. Pero isto non vai ser así porque, entre outras cousas, non reciben subornos por parte dos pais/nais do alumnado, tiveron que sufrir durante a súa etapa de estudantado, teñen coñecementos na materia e dan todo o temario...

De seguirmos así, e, mentres a educación concertada siga recibindo subvencións de dubidosa legalidade, tendo influenzas na Consellería, mellor material que nos centros públicos e un longo etcétera, moitos fillos de obreiro non poderán ser cualificados con xustiza e nunca se acabarán as desigualdades sociais. Porén, as empresas non son parvas e buscan ao que sabe e non ao que viviu de rendas.

Uns centros financian a outros (véxase a cantidade de academias de ensinanza regrada que teñen presenza nos diferentes puntos da nosa xeografía), a ensinanza privada infrinxe leis gravemente (compróbese como non respecta as datas dos exames nin as sesións de avaliación e reclamacións, etc.), teñen infiltrados na administración para obter favoritismos...

Como bo Bardo, debo dicir o que vai a pasar de seguirnos así por moito tempo:
“As desigualdades sociais non so van a seguir, senón que se van incrementar notabelmente pouco a pouco. Os universitarios volverán ser unha elite social como eran hai cincuenta ou sesenta anos e o fracaso escolar cada día será mais elevado. No tocante á ensinanza privada, prefiro non falar desa chapuza”

sábado, 23 de junho de 2007

Parece que xa chegou

A nova estación comeza, as fogueiras arderan esta noite e as sardiñas xa están listas para ser comidas a carón do lume purificador, os que podan farán unha queimada cos amigos, os que non saben facela conformaranse cun pouco de kalimocho para axudar a aguantar este día tan largo.
No pais veciños, os nosos irmáns correran pelas travesas con martelos de xoguete para darse na cabeza e allo macho, os namorados regálanse Manjericos con coplas amorosas cravadas cun alfiler e todo o Porto vivirá unha festa na que a xente invadirá as beirarrúas e na que os cachorros e as bifanas serán comidas por miles.
En troques nesta cidade gris tan só haberá catro ou cinco fogueiras demasiado grandes para poder ser saltadas, teremos que ir a batallón a mirar como arde unha fogueira colosal pero inútil e os bombeiros a apagarannos as nosas pequenas fogatas e ata nos multarán se non temos permiso.

So desexarvos que teñades un bo San Xoán e os que poidades recoméndovos que para o ano que o pasedes no Porto, merece a pena.

Avanti Popolo!!