sábado, 16 de dezembro de 2006

AINDA NON ESTAMOS MORTOS

Xa sei que iste só e un blog, nen sequer é unha páxina coma deus manda pero pensei que era necesario resucitar o espiritu de loita que hai anos que leva morto. Eu non son mais que un mortal pero represento algo mais, son se serei a encarnación dun ideal as miñas mans estan feitas para loitar defendendo a nosa fala, a miña lingua non esta chea de pelos que me impidan falar e si me nacen cortareinos.

AInos que levan na boca un cantar e son a estes os que desexo que entren no blog, de non loitar pola nosa lingua e polo noso pobo seremos victimas da destrucción , defeito é un milagre que o noso pobo sega a existir xa que durante seculos levamos sufrido nas nosas carnes a inxustiza do xugo e das frechas, da tirania imposta polos que habitan nos anchos campos eses que nos miran con desprezo e que pensan que o galego é un dialecto. Pobres ilusos, son todos uns iñorantes, son o pais dos ananos.

Moita xente chamarame tolo pero penso que os culpables do noso fatidico destino son os nosos politicos ainos de esquerdas que tratan de loiter pola xusticia e tamen de dereitas que seguen a rezarlle o paco todlos os dias a noitiña.
Pero tanto uns coma outros avergonzanse do seu pobo, non loitan pola xente da pe senon que tratan de contentar a unha burguesia que sempre estivo a favor de castela, fidalgóns e burgueses son todos caciques e se non queremos que o noso pobo morra de fame mental e física debemos loitar contra eles, armandonos de valor e empregando a ación directa, non me refiro a avgogar pelo terror senon crear novas asociacións culturais e novos partidos que lle den un aire de vento frescos a esta nosa sociedade. Perdoade que sexa tan brusco pero ainda a temperanza non me chegou e penso que terdara en chegarme e as forzas da xuventude fanme dicir parvadas.
Recordade:

Na terra da eterna escuridade
os vivos que quedan agonizan
pero a prensa di que hai felicidade
pois os caciques seguelles a crecer a barriga

Avanti Popolo!!