sexta-feira, 5 de junho de 2009

7-X

Para algúns, os nacionalistas periféricos somos unha especie de integristas cuxo único fin é destruir a feliz paz na que vive o pobo español. Un pobo, din, que non ten problemas lingüísticos xa que ten un único idioma. Idioma, que según dín, é usado por millóns de persoas o longo do mundo, polo que é mellor as falas bárbaras que os nacionalistas se empeñan en falar.

Por moito que nos empeñemos en ridiculizar a posición dos imperialistas españois, nunca conseguiremos achegarmos a realidade. Os que opinan diferente deles son perseguidos e marxinados ao igual que os herexes no pasado. Tamén somos empregados para o mesmo fin, ser o chibo expiatorio que faga que a plebe se esqueza dos seus problemas.

Pero, aínda que atroz, esta inquisición do século XXI non é para nada orixinal. Emprega os mesmos métodos ca os dominicos: atemorizar, torturar e reprimir. Ditan leis dun día para outro, ao igual que ocorreu no pasado coa ilegalización da Orde do Temple. Tampouco mudou sequera a súa vestimenta, seguen a vestir de negro.

Os Inquisidores, son tamén os máis debotos da súa relixión. Pois, aínda que presumen de laicos, teñen un texto sagrado que ao igual que a biblia, foi elaborado polos vellos patriarcas e non pode ser cambiado. Pero se Xesús, no cristianismo, deu a súa vida pola supervivencia da relixión; esta nova relixión tamén tivo un pai fundador, cuxo corpo segue a ser venerado.

É unha pena que non teña máis tempo para criticar o sistema establecido no último día de campaña electoral. Pero son estudante e este ano, ambas eleccións coincidiron misteriosamente cos exames.

Pese a todo, prometo sacar o domingo tempo de onde sexa para ir a votar, e vou a dar o meu apoio a Iniciativa Internacionalista.

É hora de que algúns deses “radicais nacionalistas” consigan voz en Europa e de que se entere o mundo enteiro de que Franco e a súa piara non só non están mortos, senón que nunca gozaron de mellor saúde.

Avanti Popolo!!