domingo, 8 de março de 2009

Que esperaban??

Que esperaban??

Ser dunha nacionalizade, soamente significa pertencer a un pobo; non ser bo ou malo, xusto ou corrupto. Nestas eleccións, o único partido galego con representación parlamentaria(aburguesado e amigo do capital) perdeu un escano, o que ocasionou a subida ao poder da dereita colonialista.

O BNG perdeu apoio social debido a súa política burguesa dos catro últimos anos. Concurso eólico, oposición a mediada, caciquismo e unha política liberal son motivos suficientes para que moitos votantes de esquerda nacionalista decidirán non votar, votar nulo ou en branco ou a partidos minoritarios.

Esta é a única lectura posíbel dos resultados electorais. Xa o viviran en carne propia en Ferrol, pero non quixeron darse conta. O BNG-gas quedou só.

Faime graza ver como de repente, antes xa de que tome posesión o Chulapo de Feijoo, os altos cargos corruptos do BNG desempoen as bandeiras coa estrela vermella(que tiñan no faiado) para voltar ao sindicalismo combativo. Agora??? Agora??? Por que agora e non tomen durante este últimos catro anos???

Por que vos malvendestes ao capital? Traizoando a un pobo, pactando co inimigo. Deixando no poder a centos de libres designación no PP que como zapadores rebentaban o sistema dende dentro.

Sinto, non me deixarei enganar pola dialéctica maxistral da UPG, nin confiarei de novo nun Quintana que retorne aos ideais socialistas dos que nunca debeu renunciar. As estrelas deben ser vermellas hoxe e sempre, e non só cando un non goberne.



Goberne quen goberne, Galiza non se vende.

Avanti Popolo!!