quinta-feira, 31 de maio de 2007

Valentía si, pero sempre


Durante estes días, están tendo lugar no Porto de Ferrol unha serie de brutais cargas policiais típicas de gobernos fascistas contra a xente que se manifesta en contra da planta de Reganosa. Está claro que agora xa non é momento de protestar porque o proxecto xa se levou a cabo, pero tamén salta á vista que o emprazamento é pésimo e roza a ilegalidade.
Porén, o que realmente é unha inxustiza é que os axentes da orde póñanse tan agresivos e traten ao pobo como se de inimigos se tratase, cando moitas veces acovárdanse ao ter que actuar nas rúas contra malfeitores perigosos. Cando alguén chama á policía, ás veces tardan moitísimo en chegar e non se definen precisamente pola eficacia. Non entanto, para defender a planta de gas non tardaron nin cinco minutos en recorrer toda a cidade, correndo cos furgóns coma se estivesen nun circuito. Isto demostra varias cousas. Por unha banda a pouca organización e preparación dos corpos de seguridade, que actúan contra quen non deben e danlle malleiras ao máis indefenso porque non se atreven contra os que realmente poden defen pola eficacia. Non entanto, para defender a planta de gas non tardaron nin cinco minutos en recorrer toda a cidade, correndo cos furgóns coma se estivesen nun circuito. Isto demostra varias cousas. Por unha banda a pouca organización e preparación dos corpos de seguridade, que actúan contra quen non deben e danlle malleiras ao máis indefenso porque non se atreven contra os que realmente poden defenderse. Da mesma forma, hai algún político recentemente elixido, que non está a defender as ideas que promulga o seu partido e, como xa conseguiu os votos, agora agocha a cabeza para non mollarse nin dar a cara e deixa que haxa detencións, palizas, inxustizas e demais accións represivas porque non quere comprender o indubidable perigo que supón un tanque de gas.


Artigo cedido por un colaborador externo. Grazas pelo artigo.

quarta-feira, 30 de maio de 2007

A PLANTA DE GAS, UN PROBLEMA SEN SOLUCIÓN?





Breve ensaio sobre como lograr vencer a este inimigo mediante a acción directa non violenta.

Actualmente estase empregando a acción directa para tratar de sabotar a posta en marcha da planta de gas. Dita acción directa consiste en impedir a chegada de gaseiros a planta mediante o uso de barcos dos mariscadores esta acción esta resultando bastante efectiva pero este ensaio fala de como lograr o fin dunha forma máis rotunda.

1º A poboación de Ferrol supera os 70.000 habitantes se logramos concienciar e convocar a un terzo da poboación ou sexa 13.000 persoas seria unha masa de xente suficiente para o noso fin. O erro que se esta a ter na loita contra o gaseiro e que os mariscadores teñen todo o protagonismo se logramos que un porcentaxe da poboación mais elevado sexa participe da loita poderemos lograla vitoria.

2º En Ferrol acaba de haber eleccións e é o momento ideal para esixir os politicos que se posicionen nesta loita e que nos apoien totalmente. Magoa que o partido máis votado parece moi contento coa pranta e de non cambiar de opinión debe de pedirse a dimisión do executivo tan pronto como tome posesión.

3º Os subornos foron e serán empregados por Tojeiro para tratar de acadar a vitoria de feito no caso de que os mariscadores recibiran unha indemnización correriamos o risco de perder definitivamente esta batalla pois ditas indemnizacións serian un suborno exactamente igual que as moedas que os romanos lle deron a Xudas.

4º É certo que a policía carga e o seguirá a facer pero se nos fixamos no seu plan de ataque veremos que é vulnerable, con dous mil cidadáns empurrando poderiamos tirar os policías o mar sen dano físico para ninguén. Claro que a policía pode facer detencións pero nunca lograra deter a unha cidade unida.

5º Non se esta a empregar os castelos de San Felipe e a Palma, se pasamos unha cadea por ese estreito como se facía antigamente impediremos o paso de calquera barco. A toma dos castelos pelo pobo seria ademais un símbolo de liberación, no caso de que os castelos foran tomados aconsello izar unha bandeira esa bandeira que pola que todos sentimos cariño isa que ten un fondo branco e unha franxa azul sobre a que destaca unha estrela vermella, símbolo da liberdade.

6º Como se pode ver este plan de loita é un plan de acción directa en principio non violenta pero si moi activa. Esta acción directa seria a semellante a realizada nos tempos da ditadura pois xa que o goberno se comporta como facía hai tempo o pobo debese de comportar igual que o fixo cando loitaba contra os grises. DEBEMOS BUSCALO APOIO DOS XOVENES POIS MOITAS VECES ESTAN DISPOSTOS A FACER TODO O NECESARIO POR UNHA CAUSA XUSTA

APOIO:
O apoio actual é insuficiente, debemos de tratar de apoiarnos uns os outros. Opoñerse a pranta de gas e dicir si o medio ambiente si a un futuro. Esta resistencia que se esta a facer é un claro exemplo de Resistencia Galega non violenta.

RESUMEN:

Impedir a entrada dos gaseiros, e debido a forza do número facerlle frente a policía. Non sabotear a pranta só dende o mar senon tamen dende a terra e NUNCA, NUNCA XAMAIS, empregar lume ou explosivos pois a pranta rebentaria con nosco pelos aires




domingo, 27 de maio de 2007

¡¡¡¡CHIMPAMOS A JUNCAL!!!


Pois alégrame poder decir que os ferroláns conseguimos chimpar a Juncal, esa é a boa noticia do día a mala é que para o chimpar tivemos que abrazar a Irisardi, esperemos que o cambio fose para millor pero ata dentro de catro anos non o saberemos.
O que si que me alegrou o día foron os escaños acadados por Eu. Catro escaños que poden conseguir moito se son ben usados e espero que asi sexa. O dato triste do día foi que o meu partido favorito para estas eleccións non acadara mais que 377 xa que os xirasoles non arrasaron como eu quixera pero asi e a vida.
Dende esta web dirixo o mais sentido pesame os membros do Bng e espero que recuperen os seus votantes para as xenerais, decirlles os membros de este partido que de non ser por que estan a favor da planta de gas acadarían moitos máis votos, unha magoa que non se opoñan a esta pranta. É unha pena que un partido cuns ideais tan nobles como o Bng se volva a menos por non saber apoiar o pobo, por decilo asi estan un pouco aburguesados.
Vendo o paronama politico do BNG, vese que necesita unha nova ráfaga de vento, unha nova era de explendor pois se queremos unha autoderteminación para a nosa terra este partido é necesario. Nun futuro seria un pracer de ver si EU-BNG-VERDES formaran un tripartito que realzase esta cidade, enfin un soño teno calquera.

FELICIDADES A EU, DENDE LOGO QUE MERECEDES CADA UN DOS VOTOS PERO TRATáDEOS BEN POIS CADA VOTO É UNHA ILUSION E TEN UNHA VIDA DETRAS POLO QUE NON É UN PAPEL CALQUEIRA

sábado, 26 de maio de 2007

UN DÍA NA MALATA


Hoxe como outros moitos día tocou de ir a malata para animar a este noso equipo, asi que quedamos uns pocuos amigos e ala fumos. Como somos socios de fondo saiunos gratis entrar pero unha vez dentro decidimos ir a preferencia. Que nos levou en xeral é que me levou a facelo en singular? non volo digo que non vos importa, ademáis é moi facil de adiviñar. Por que un adolescente idealista salta unha verxa? por ver mellor o partido seguro que non.
Decir do partido que houbo uns cantos goles, non podo decir cantos pois non estaba demasiado atento, creo que o racing marcou 2, o celta b en troques non marcou nengun gol pero tampouco o merecia. Tamén debese salientar que o linier era malo moi malo e o arbitro tan malo como el pero aínda encima era tonto pero pese a que nos expulsaron,inxustamente, a un xogador o racing gañou dous a cero.


PD: CANDO ACABEN AS ELECCIÓNS VOLTARA A POLÍTICA MENTRES TANTO: FELIZ DÍA DE REFLEXIÓN.

sexta-feira, 25 de maio de 2007

PINTADA EN ULTRAMAR


Hoxe pola tarde non tiña nada que facer así que decidin sair a dar unha volta por ultramar e visitar ise muro de espresión libre tan bonitiño que hai. Empecei facendo unha pintada a un só trazo pero como atopei axuda decidin adoranala un pouco máis. Seica non quedou demasiado bonita pero é unha pintada e non un grafitty artístico.

O que de veras me chamou a a atención foi a reación dalgúns veciños, ¡¡CHAMARON A POLICIA!!, que por suposto non fixo acto de presenza. Dende logo hai xente que non asimilia que exista a liberdade de expresión e eso estando no século XXI paréceme penoso. Pero non asi todo alegreoume saber que moitos da miña xeración estan máis ou menos comprometidos coa súa terra posto que como xa dixen moitos rapaces que estaban na praza quixeron participar nesta pintada que se acabou por convertir nun mural feito pelo pobo e que manda un claro mensaxe os políticos en xeral. ¡¡NON A PLANTA DE GAS!!

quinta-feira, 24 de maio de 2007

A BOMBA SEGUE EN MARCHA


Fonte: a nosa terra(http://www.anosaterra.com/documentos/central_interior.php?pagina_actual=galiza&numero=1267)

Reganosa comeza a súa actividade en probas

""Reganosa, a planta regasificadora da ría do Ferrol, comezará a súa actividade, en probas, o 10 de maio. Poderá ser unha data histórica para Galiza. Se todo vai ben, será un primeiro paso para que Galiza conte cunha nova fonte de enerxía. Se hai problemas, como agoiran os veciños, pode ser unha catástrofe para a ría.

Seguramente Caneliñas non é o lugar máis axeitado para construír unha planta regasificadora. Pero a planta está construída porque o Goberno Fraga lle deu todas as súas benzóns. Ben é certo que a outra alternativa, a proposta por Enagás, fora da ría, só era un intento de paralizar esta instalación que se considera vital para a industrialización de Galiza, como demostrou o tempo.

Grupos veciñais, ecoloxistas e marisqueiros, séguense opoñendo ao seu funcionamento, logo de perder múltiplas batallas para que non fose legalizada. Esta semana perderon unha máis. Unha batalla que durou máis de dous días. Por catro veces conseguiron paralizar con lanchas a entrada no peirao de Reganosa do gaseiro Galicia Spirit, propiedade de Unión Fenosa, que transportaba 140.000 metros cúbicos de gas natural nas súas cubas. Os primeiros que entrarían na planta. Un barco que, contraditoriamente, na terra de estaleiros foi construído en Asia.

“Perdeuse unha batalla pero a loita continúa porque se trata dunha minoría que defende os intereses da maioría fronte ás autoridades que ameazan a seguridade da ría”, segundo afirmou Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría do Ferrol logo dunha asemblea na mañá do 9 de maio.

Daban así por perdida a batalla de impedir a entrada do primeiro gaseiro, logo de facelo virar por catro veces en dous días e fondear na ría de Ares. A quinta vez, na mañanciña do día 9, forzas antidisturbios da policia impediron que máis de 200 persoas concentradas nos portos da ría ferrolá subisen ás súas barcas para cortarlle paso ao gaseiro.

O Comité Cidadáns de Emerxencia da Ría do Ferrol (Adega, Ateneo Ferrolán, Asociación ‘Fuco Buxán’, Eurosaude e F-Cape) denuncia que estes barcos con carga de gas non poden entrar na ría, pois non dispón dun plano de emerxencia e de que só poden saír cada 12 horas, coa pleamar, polo que a súa presenza é “unha bomba de reloxaría”.

Tamén denuncian que Reganosa só conta con autorización da Delegación do goberno para a súa posta en funcionamento e non do Ministerio de Industria.""



POR CERTO INTERNET ESTA PLAGADO DE VIDEOS DE BOMBAS DE GAS, PERO SEMPRE SON EXPLOSIÓNS MÁIS PEQUENAS QUE A QUE PODE CAUSAR A NOSA PLANTA POSTO QUE SI ESTA ESTOUPA NON DEIXARIA NEN UNHA CAMARA, NEN TESTEMUÑA. Ainda asi podenos servir de exempo, por certo hay unha páxina que esta moi ben chamada http://www.noalaplantadegas.org sobre uns cidadáns cun problema similar o noso aínda que a planta contra a que loitan eles e moito máis pequena.

terça-feira, 22 de maio de 2007

DEBATE EN LOCALIA


Son as doce e o debate en localia sobre as eleccións municipais acaba de rematar, decir que os únicos politicos que se preciaron a empregar o galego foron os candidatos do BNG e de EU. Neste debate falouse da planta de gas e polo que parece tan so a candidata de EU e mais o candidato dos Verdes mostran unha postura claramente oposta a este problema. De feito o BNG, que foi un autentico traidor neste asunto dice que non ten nada que decir sobre a planta xa que non é da súa xurisdición e ata chegou a criticar de forma mais ou menos expresa as medidas adoptadas polos mariscadores por consideralas ineficaces. TALVEZ O SEXAN, TAL VEZ NON PODAMOS CONSEGUIR NADA, pero non nos podemos quedar de mans cruzadas.

Un candidato,agora non recordo que, mencionou que a planta era un risco como otros mais que temos. Pero o que non se danconta esta xente e que si un tolo pon unha bomba saimos todos polos aires, polo que considero a planta como un perigo terrible para non. DIGAN O QUE DIGAN OS SEÑORES DO PSOE, PP ou Bng. Sinto tomala co BNG pois ata hai pouco pensaba que era o meu partido agora sei que son iguais que os outros. NON NOMBREI A IF, porque ainda que considero que son do peorciño que hai polomenos recoñecen problema que temos.



O NOSOS PROBEMAS:
1º A PLANTA DE GAS

2º A QUEN VOTAR:

PP: a extrema dereita disfrazada? antes morto.

PSOe: a un pijo neo progre, na vida lle voto se nen sequera vive en Ferrol.

IF: especuladores, de dereitas, corruptos... case que non lles voto.

BNG: vos, traidores, vos a que eu apreciaba polos que eu me manifestei, vos que mereciades o meu voto. A VOS NON VOS VOTO, POR TRAIDORES, POR CHAQUETAS, POR MENTIROSOS.

EU: pese a que o outro dia na manifestación so foi a sacarse a foto, é a unica de todo o debate que penso que pode merecer o meu voto. PERO TEÑO DUDAS

VERDES: Manuel é un tio simpatico, cercano o pobo, compremetido co mediambiente e en contra da planta de gas o único fallo que ten é que descoñezo o seu programa electoral sei que non o fai a mala fe pero meu querido amigo teño que saber a quen vou votar. SE FORA SO A EL, por suposto que lle votaba pois como xa dixen e moi boa xente pero non coñezo o resto da lista. Ainda así penso que ou lle voto a el ou a EU. Sinto Manuel pero é que un comunista galego ou lle vota a Upg ou lle vota a Eu, se o final recibes o meu voto sei que o mereces como o que máis.

TERRA GALEGA: Por dios que non se disfracen, vese a legua que son os do pp con camuflaxe a estes non lles voto.

NOS-UP: MEUS CAMARADAS, SE NON FORADES TAN LUSISTAS, tan alfacinhas votaríabos a verdade e que me caedes moi ben pero e que non me gusta que escribades en portugues aidan así decirbos que sodes do mellorciño de Ferrol.
h

domingo, 20 de maio de 2007

EU non sei quen vEU quitar unha foto.


A marcha cívica por Ferrol foi todo un éxito, pese a que os asistentes non foron milleiros o grupo era numeroso. A marcha tivo un marcado fin revindicativo pero ante todo foi un paseo festivo polas rúas de este noso concello.

A marcha comezou en sartaña, un ha praza na que este blogeiro ten xogado moitos partidos de futbol unha plaza na cal os veciños realizan diversas actividades. Nesta praza os representantes de ártabra 21 realizaron unha pequena intervención e comezou asi este paseo.
Como xa dixen os asistentes comportaronse dunha forma máis que correcta, asistentes entre os cales estaba un candidato dos verdes, en calidade de cidadán pero tamen en calidade de posible alcalde de Ferrol. Tamén é de agradeceren a aparicion da candidata de EU ainda que lamentamos que non se puidera quedar a todo o paseo e so tivera tempo para sacar un par de fotos e marchar. Un saudo a tódolos posibles lectores deste blog e gracias a ARTABRA 21, que esta realizando un gran traballo de concienciación cidadán

quarta-feira, 16 de maio de 2007

TODO SOBRE SU MADRE

Ainda que non me apetece falar sobre a santa nai do meu querido señor TOJEIRO pois penso que a probe xa ten bastante con telo coma fillo polo que a vou deixar em páz.

Non lle chamarei o señor cacique fillo de tal ou fillo de cual pois non me interesa de quen é fillo nen de quen non o é. O que si que é certo é que este ilustre veciño de ferrol leva unha vida chea de praceres mundanos con todos os luxos que pode permitirlle o seu gran capital froito de explotar o obreiro roubar os pobres e destruir o ambiente pero o que el non sabe e que o KARMA non se debe tenta. PERO AINDA QUE ESTA mistica forza non fai nada na sua contra por ser pacífica teños as miñas dúbidas de que segan a ser pacíficos eses millerios de ferrolans os que non lles imporataria ver no periodico a esquela de tan ilustre señor.

Avanti Popolo!!