sábado, 7 de abril de 2007

CONSTITUCIÓN DO 2036



Estas son as primeiras páxinas da única solución os problemas das nacións oprimidas na Península Ibérica, esta nova constitucion que ainda non esta rematada pode solucinar tódolos nosos problemas. Claro que esta escrita por un adolescente, pero que é mais importanta coñecer as leis da democracia ou loitar por elas.?
O meu punto de vista non é para nada radical senon que é moderado e reconciliador. O que é radical é dicir que un estado esta a favor da libertade sen recoñecer antes a libertade dos pobos.



CONSTITUCIÓN IBÉRICA DE 2036
(BOE de 29 de decembro de 2036)

PREAMBULO

A Unión de Nacións Ibéricas(U.N.I.) desexando establecer a xustiza, a liberdade e a seguridade e promover o ben de cantos a integran, en uso da seus dereitos proclama a súa vontade de:
-Garantir a convivencia democrática dentro da Constitución e das leis conforme a un orde económico social xusto para tódolos por igual.
-Consolidar un Estado de Dereito que asegure unha xustiza verdadeira que afecte a todos por igual sen distinción de sexo, clase social, etnia ou orientación sexual.
-Respectar as diferentes nacións que están agrupadas dentro da U.N.I, tomando de partida os dereitos humanos, dereitos animais, lei da igualdade de xénero, protocolo de Kioto e demais tratados internacionais as nacións terán dereito a tomar as decisións oportunas para protexer á súas culturas propias e costumes.

-Promover o progreso da cultura e da economía para asegurar a todos os cidadáns un digno modo de vida, para garantir esta calidade de vida o estado intervirá na economía cando sexa necesario e poderá dilapidar as grandes fortunas acumuladas grazas a explotación do proletariado para repartilas entre os cidadáns que máis o necesiten. Non é xusto que uns se alimenten da fame dos outros.

-Establecer unha sociedade económica avanzada que non manteña os inxustos esquemas propios da idade media polo que a U.N.I. será laica e republicana.

-Colaborar no fortalecemento dunhas relacións pacíficas e tratar de lograr unha eficaz cooperación entre todos os pobos da Terra, pata obter este obxectivo a U.N.I. non debera abusar dos medios militares senón que ha de tratar de conseguilos mediante a diplomacia, nunca debe de mostrarse a favor de colionalismo ningún e para a U.N.I. tódolos pobos serán merecedores de respecto e os seus cidadáns deberán ser tratados por igual.

Polo tanto, as cortes aproban e os diferentes pobos pertencentes as diferentes nacións da U.N.I. ratifican o seguinte:












COSTITUCIÓN

TÍTULO PRELIMINAR

1.1. A Unión de Nacións Ibéricas constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico:a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político, todo partido político debera cumprir as leis internacionais tales como os dereitos humanos e a lei de igualdade de xénero, en caso de non seren así ou si os membros deste partido tratan de dar un golpe de esta dito partido será ilegalizado e os seus membros serán xulgado un a un nun xuízo mediante o código penal ordinario como cidadáns que son responsables das súas accións.
2. A soberanía nacional reside en cada unha das diferentes nacións pertencentes a unión que deben respectar as leis da U.N.I. xa que estas foron antes ratificadas antes polos representantes das xa citadas, toda nación ten dereito de veto e poderá abandonar a U.N.I. se os seus cidadáns o deciden nun referendum.
3. A forma política da U.N.I. é a República Federalista, xa que esta é única forma de goberno que trata a tódolos cidadáns por igual e que vele pola liberdade dos Pobos abolindo a anterior forma de goberno por considerala colionalista, inxusta e corrupta.
4. A constitución fundaméntase na libertade, xusticia e igualdade. Todolos cidadáns da U.N.I terán os mesmos dereitos. Cada nación constitúe unha patria, dentro da U.N.I existen as seguintes:
Galiza: esta nación do noroeste da Península Ibérica é considerada nación xa que ten unha historia propia, unha lingua, un himno, unha bandeira. Todo aquel que pertenza a esta nación é considerado galego e terá un Documento Internacional Ibérico de Identidade onde esta nacionalidade apareza, logo aparecera o seguinte “(Membro da U.N.I)”. A lingua propia de Galiza é o galego, esta lingua románica será a única lingua oficial dentro da Nacion Galega e cooficial nos da U.N.I.

Cataluña: esta nación do nordeste da Península Ibérica é considerada nación xa que ten unha historia propia, unha lingua, un himno, unha bandeira. Todo aquel que pertenza a esta nación é considerado catalá e terá un Documento Internacional Ibérico de Identidade onde esta nacionalidade apareza, logo aparecera o seguinte “(Membro da U.N.I)”. A lingua propia de Cataluña é o catalán , esta lingua románica será a única lingua oficial dentro da Nacion Catalana e cooficial nos organismos da U.N.I.

Euskadi: esta nación do norte da Península Ibérica é considerada nación xa que ten unha historia propia, unha lingua, un himno, unha bandeira. Todo aquel que pertenza a esta nación é considerado vasco e terá un Documento Internacional Ibérico de Identidade onde esta nacionalidade apareza, logo aparecera o seguinte “(Membro da U.N.I)”. A lingua propia de Euskadi é o vasco, lingua será a única lingua oficial dentro da Nación Vasca e cooficial nos organismos organismos da U.N.I.






Castela: esta nación que ocupa un gran territorio dentro Península Ibérica é considerada nación xa que ten unha historia propia, unha lingua, un himno, unha bandeira. Todo aquel que pertenza a esta nación é considerado castelán e terá un Documento Internacional Ibérico de Identidade onde esta nacionalidade apareza, logo aparecera o seguinte “(Membro da U.N.I)”. A lingua propia de Castela é o Castelan, esta lingua románica será a única lingua oficial dentro da Nación Castelá e cooficial nos organismos organismos da U.N.I. No pasado, dende os reinado de Isabel e Fernando ata principios do século XXI, a nación Castelán mantiña una inxusta posición colionalista frente o resto de nación. Para xustificar esta posición inventou unha ficticia patria chamada “España” , este Estado cun modelo político feudal foi protexido pola extrema dereita e moitos nacionalistas das sometidas nacións deron súas vidas o longo da historia para coseguir a liberdade dos pobos, actualmente perdeu tódolos seus inxustos privilexios e pasou a ser unha nación máis e non a única, como se pretendía creer por parte da extrema dereita.

Estas catro naciós decidiron convivir en armonia e compartir unha diplomacia internacional, esta union axudaos na súa estabilidade como nacións pero manten os seus dereitos nacionais xa que cada nación, se asi o desexa en referendum, ten a opción de abandoar a U.N.I.. A U.N.I. posue un exercito comun. Cada nación ten un cuarto de ese exercito, o seu deber é dotalo de armamento e uniforme asi como telo preparado por si a U.N.I o reclama. Cada un destes exércitos é dirixido polo ministro de exteriores de cada nación, estes catro ministros debense poñer de acordo antes de tomar calquera decisión, todos teñen os mesmos dereito e de non chegar a un acordo esta decision será tomada polo sena da U.N.I., pero unha nación ten todo o dereito a non movilizar o seu exercito ainda que deberá argumentar os seus argumentos.

Avanti Popolo!!