domingo, 16 de dezembro de 2007

AS PORTAS DO DESCENSO

Non sabemos que lle pasa ao noso equipo. Nas primeiras xornadas o Racing navegaba pelos postos máis altos da clasificación xeral da liga coma un barco que acaba de ser botado. De repente sen decatarnos comezou a ter fugas e mais fugas de puntos e tras estar tanto tempo sen puntuar chegou o inevitábel, os postos de descenso. Os mecánicos deste barco(o técnico Veiga e o médico) tratan de taponar as fugas pero de momento o equipo segue a afundirse na clasificación.

A inchada do noso equipo ultimamente pasamos o partido protestando, protestan polos erros arbitrais que tanto dano fan ao noso equipo, polas faltas cometidas a "Pereira" e pola incapacidade do técnico. Un “mister” que xa non é querido polo público, de feito a semana pasada pediuse a súa dimisión.

Mentres que nas primeiras xornadas ata soñábamos cun ficticio ascenso, agora conformámosvos con non descender. Así é a vida, e o futuro deste equipo semella moi incerto pois se alguén non o remedia podemos sufrir un descenso.

Pero mailas derrotas e os malos resultados do equipo en cada partido a Malata segue animando ao seu equipo, esperemos que no próximo partido gritemos todos de xúbilo en non de enfado como pasou nos últimos.

sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

CAUSA GALIZA

Digan o que digan queimar fotos pode ser algo perxudicial para o medio ambiente pero dende logo non é un delito. Non queimaria xamais unha foto por que non serve para nada pero non é xusto que metan no carce aos que o fan.

Esto pasou onte en vigo pero os rapaces foron finalmente liberados. Na manifestación organizada por Causa Galiza non só se queimou esta foto senón que se mandou un claro mensaxe a Madrid de que estamos fartos de ser unha colonia.

Deixo un video que nos recorda que a monarquía actual descente directo do fascismo por moito que se queiran empeñar en enfocala como democrática e sistema de xusto de goberno.


"Liberdade para Santiago. Crístofer, Carlos e Alexandre!
Galiza sempre antimonárquica!
6-D, nada que celebrar!"

Loitando pola terceira.

Onte como motivo do día da constitución miles de persoas recorreron as rúas de Madrid pedindo unha reforma constitucional para que se acade a terceirarepública.

Segundo os organizadores a manifestación reuniu a

unhas 5 000 persoas o que reflexa o desexo de moita xente de reformar unha constitución que esta claramente obsoleta.

Como moitos saberedes polos informativos si se ten plantexado unha reforma constitucional dende os partidos maioritarios pero eles non desexan abolir a monarquía, senón darlle unha nova capa de pintura que a faga parecer un sistema de goberno xusto. Que máis da que gobernen os homes ou as mulleres? o que importa é que todos sexamos iguais ante a lei e para que se cumpra isto tense que abolir o actual sistema de monarquía democrática xa que non é máis que un arcaísmo da época feudal segundo o cal os nacidos nunha familia determidada teñen toda unha serie de privilexios.

Como se ve na foto na manifestación houbo representación das nacionalidades históricas, como nos adoitan chamar, ou sexa dos pobos asoballados no actual réxime democrático aos que non se lles recoñece o dereito a autodeterminación como nacións.
Por moito que se esforce a prensa en "vendernos" a monarquía como modelo de gobernos ensinándonos as fotos de "Doña Leonor", moitos non aceptaremos xamais esta modelo de goberno como noso, senón que pensamos que é algo imposto. Eses señores que habitan no palacio real non nos esquezamos de que foron postos no poder por un ditador e que entre os seus antepasados atópanse os "Reis Católicos" os cales xa sabemos todos que non se caracterizaron por tratar ben a esta nosa terra. E se que goberne unha persoa por ser descendente doutra xa é algo inxusto, que nos goberne unha persoa por ser descendente de tiranos como Fernando VI e Felipe V é algo non só inxusto senón tamén incomprensible.

Nesta por acadar un marco legal reixo pola constitución no cal se recoñeza o noso dereito a liberdade como pobo e a igualdeade de homes e mulleres, os galegos contamos co apoio de cataláns e vascos cos cales compartimos un inimigo común ademáis da esquerda de Castela, Andalucía e outras comunidades autónomas.

A cooperación entre cataláns, vascos e galegos é necesaria para acadar os nosos obxectivos, dita cooperación é posible é xa esta a dar os froitos como puidemos ler hoxe en vieiros. Esperemos que algún academos a liberdade como pobo que tanto ansiamos, mentres tanto teremos que nos conformar con facer todo o necesario para que a poidamos acadar.

“Que a nosa terra é nosa, non o dubide ninguén.”

domingo, 2 de dezembro de 2007

DÍA DO SIDA


Onte foi o día mundial do SIDA, na tele e pola rúa puidemos ver mostras de apoio de estes enfermos e tamén coñecer os seus problemas
.

Onte ademais de recordarnos a importancia de usar o preservativo e pedir o apio da sociedade para combater esta enfermidade pediron algo novo: ¡A DESOBEDIENCIA CIVIL!.

Déixovos o manifestos por senón o lestes, coido que teñen toda a razón do mundo xa que todo enfermo ten dereito a intimidade.



"Neste día mundial da SIDA que se aveciña, novamente prenderemos os nosos lazos vermellos na solapa do abrigo como mostra de solidariedade, lazos impolutos que co remate do dia desaparecerán das nosas miradas, das nosas preocupacións e agobios, mais para algunhas persoas este lazo convirtirase en soga que permanecera continuamente prendida do seu peito como mostra de estigma e exclusión.

Neste ano que remata o Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia veñen de dar un impulso mais a creación de sistemas de información da Infección por VIH, denominados SINIVIH e SIGIVIH. Ambos sistemas recollen para o seu tratamento, datos clínicos e persoais dos novos casos de infección por VIH .

Este rexistro vulnera gravemente o dereito fundamental a intimidade e confidencialidade, amén de potenciar as causas de estigmatización e discriminación da poboación afectada por VIH.

Os colectivos de afectados tanto en Galiza (mesa sida galiza) como a nivel estatal (preSOS galiza, asoc Xustiza e Sociedade, C Moucho) , impugnamos ante a xurisdicción contenciosa a creación destes rexistros de datos, e tras unha longa pelexa xurídica, social e política, atopámonos actualmente pendentes de que o Tribunal Constitucional restiua por sentenza as garantias de confidencialidade e intimidade usurpadas pola administración sanitaria.

Por elo, neste día de celebración oficial, sairemos a rua a informar aos cidadans, sobre a existencia destes rexistro nominais de persoas enfermas, instando (tanto a poboación afectada como a que non o está) a practicar unha desobediencia civil activa, que impida o avance da aplicación destas medidas lexislativas tan perniciosas para a loita antisida en xeral e en particular para os dereitos irrenunciables dos nosos/as compañeiros afectados pola grave enfermidade. "
(http://galiza.indymedia.org/gz/2007/12/13327.shtml)

quarta-feira, 28 de novembro de 2007

Denuncia a Pío Moa


Pío Moa foi denunciado por delitos de inxurias, entre as cousas que afirmou atópamos perlas do estilo de: “Pregunta: Sr. Moa: ¿Qué opinión le merece el Gobierno actual de España?’ Respuesta: Recuerda a los peores de la república. Si el lector tiene en cuenta que la respuesta la realiza una persona para la cual el golpe de Estado de 1936 era legítimo, tiene motivos para inquietarse: si el aquel golpe era legítimo, ¿no lo sería uno ahora contra un gobierno que ‘recuerda a los peores de la república?"

Este señor esta a ser demandado por unha iniciativa que comezou un blogueiro e afiliado de Eu, actualmente sumóuselle moita xente para pedir que non se permita que unha persoa fala trate desa forma a vítimas inocentes, nas súas afirmación xustifica o crimes fascistas “Aquí la represión se encauzó por vías legales, no como en Europa.(…) A nadie se le reprimió por cómo pensaba, sino por lo que hacía. Companys no era inocente. Ni tampoco las Trece Rosas, unas jóvenes estalinistas” e mesmo se atreve a insultar a xente que se mostra a favor da lei de memoria histórica, lei que moitos nos parece insuficiente, coa seguinte perla retórica:aquellos que hoy defienden la Ley de la Memoria Histórica se identifican con los criminales”.


Como é posible que este señor se atreva a dicir o que di? coido que é unha realidade que existe, existiu e existirá xente tan falta de valores morais como para ser tan ruín coma este señor pero penso que a sociedade debería de mostrar o seu rechazo. De feito xa son mais de mil persoas as que firmaron pedindo que sexa xulgado por penas de ata dous anos de cárcere.


Se vos interesa firmar pedindo que sexa xulgado polos delitos que cometeu pinchade neste linK


no cal tamén atoparedes información acerca do que dixo este señor. Seguramente el pense que o galego debería de ser perseguido como o foi na ditadura e polo que di debe de pensar que todos os que nos declaramos galegos somos uns criminais que deberiamos ser como di el "xustamente xulgados"
ou o que é o mesmo fusilados nunha cuneta como o foron os miles de galegos asasinados durante a ditadura.

"Xente a quen debes decirlle sorrindo e sen acritude:-Os mortos que vos matades gozan de voa saúde....Pode o corpo ser vencido, pode o dereito ser torto máis o lume que alampea xamais o veredes morto.-"

sábado, 24 de novembro de 2007

Breve ensaio sobre as "toupiñas"



Introducción do tema:

¿Que son as “toupiñas”?

A toupiña campesiña, protagonista indiscutible ata hai pouco tempo dos telexornais de tódalas cadeas, é un pequeno roedor. Pertence a familia dos múridos e o seu nome científico é Microtus arvalis, é un pequeno roedor herbívoro que vive en pequenas toupeiras a escasa profundidade. Come bulbos, tubérculos, raíces, talos, diversos froitos e mesmo cortizas de árbores.

Moitas especies de carnívoros son depredadores naturais das “toupiñas”:raposos, aves rapaces, donicelas e serpes. O “topillo” ten unha xestación corta, vintecatro días, e soe parir de dúas a once crías por vez. A lactancia tamén é curta, dúas semanas así como o período de madurez. Polo que pese a ser unha especie R estratego é dicir, que coida das súas crías e necesita unhas condicións de vida favorables, ten un ciclo de vida bastante curto en comparación co noso, xa que vive unha media de dous anos.

Como outras moitas especies de roedores presenta un equilibro dinámico xa que cada certo tempo prodúcense fluctuacións de N entorno a K(aumento do número de espécimes da poboación achegándose ao límite de espécimes que pode soportar o ecosistema), dende o punto de vista obxectivo iso é o que pasou este ano.

¿Que ocorreu en Castela-León?

La Voz de Galicia” dicía o día 2/8/2007 que as “toupiñas” estaban a “arrasaren” dita provincia. Segundo datos da Voz a poboación de roedores era duns setecentos cincuenta millóns de exemplares.

Os roedores provocaron grandes perdas económicas na colleita deste ano, os agricultores pola súa parte trataron de erradicar a praga con métodos tan extremos como o envelenamento, a queima de herba seca, microexplosións en cada unha das toupeiras, arados que mataban os roedores e ata un concurso de frautistas que trataron de repetir o que conta a o conto do Frautista de Hamelin pero non tiveron éxito.

¿Que vai a pasar o ano que ven?

Os agricultores pensan que salvo que o inverno sexa duro as toupas volverán a ser un problema o ano que ven, xa que se o frío non as mata a súa poboación aumentará.

O tema exposto dende o punto de vista naturalista:

As ciencias tratan de descubrir a orde que rexe a natureza e, así poder realizar predicións sobre a súa evolución. Para levar a bo termo este obxectivo, utilízase unha metodoloxía coñecida como Teoría Xeral de Sistemas. Empregando esta teoría este sería o esquema do campo castelán omitindo moitas outras especies que neste momento non me interesa ter en conta obtemos o seguinte diagrama de relacións entre os elementos do sistema:

SISTEMA: TERRA DE CAMPOS


As relacións entre estas variables neste caso son de dous tipos:

RELACIÓNS SIMPLES:

-Se aumenta o número de terreo en cultivo aumentará o número de herbívoros.

-Se aumenta o número de herbívoros aumentará o número de carnívoros.

-Se aumenta o número de herbívoros diminuirán os cultivos.

-Se aumenta o número de carnívoros diminuirán os herbívoros.

Relacións complexas;

-Se aumenta o número de carnívoros aumentará o número de cultivos, se diminúe o número de cultivos diminuirá o número de carnívoros( retroalimentación positiva)

¿Por qué ocorre o desequilibrio dentro do sistema?

Como dixo o presidente de Greenpeace nunha entrevista “...é curioso que estea en tódolos medios que as “toupiñas” causan graves perdidas para os campesiños pero non se coñece a outra noticia: que a colleita de Valladolid se duplicara este ano con respecto o ano anterior. Hai que ver as cousas no seu contexto para poder realizar unha valoración máis adecuada”.

Pese a que a fluctuacións das “toupiñas” e normal,o sistema desequilibrouse debido a que os agricultores non só aumentaron os terreos de cultivo, senón que o envelenamento das “toupiñas” provocou a morte de moitos exemplares das especies predadoras destes roedores. Ao non ter predadores as “toupiñas” aumentaron en pouco tempo o seu número sen que houbera ningunha medida natural para corrixilo.

Este é un grave problema para o campo de Castela e un indicio máis de nos debemos esforzar por acadar unha economía sostible co medio. O que nos parece as veces unha simple praga adoita a non ser máis que o resultado do desequilibro do sistema.

¿Como frear, unha vez se rompe o equilibrio do ecosistema, a praga das “toupiñas”?

De nada serve poñer veleno nos campos, xa que se facemos isto mataremos os poucos predadores de roedores que quedan. A solución deste problema podémola atopar no oeste de Francia onde a coexistencia de campos cultivados con zoas de arbustos e árbores (bocage) diversifica o medio, ofrecendo abrigo e alimentación aos predadores(raposo, mustélidos e aves rapaces), que axudan en boa medida a estabilizar e controlar as pragas cíclicas, De feito, sabedor desto, xa a finais do século XVI un duque de Baviera promulgou varios decretos suspendendo a caza do raposo durante as flutuacións periódicas das “toupiñas”.

Actualmente a poboación de predadores da meseta é escasa como resultado do envelenamento, caza abusiva e destrución dos espazos que esas especies necesitan para poder vivir polo que cando ocorre unha fluctación de “toupiñas”-como hai pouco- estas non son capturadas polos predadores e seguen comendo e reproducíndose.

CONCLUSIÓN:

O actual sistema de agricultura da meseta peninsular é insostible. As enormes extensións de campo están provocando a desertización do medio. O problema das “toupiñas” non é mais que un claro exemplo de que non podemos seguir con este modelo económico.

O ser humano ten que tratar de vivir en equilibrio co medio;acadar este obxectivo é o traballo dos activistas medioambientais, xente que día a día traballa para salvagardar o medio, obxectivo que todos debemos intentar conseguir. O home, a diferenza do que adoita a pensar, non é o dono da natureza, senón máis ben ao revés.

segunda-feira, 19 de novembro de 2007

¿¿Resurixir fascista??


Penso que non,son tantos coma sempre, soamente que ultimamente estanse a mobilizar máis ca nunca.



H
oxe, día 20 celebrarase no “Valle dos Caídos” en Madrid o funeral por Franco, Paquiño Voz de Pito ou como lle queirades chamar. Este é o último ano que se celebraran legalmente actos abertamente fascistas na conmemoración da morte do ditador.
Xa pasaron 32 anos dende a morte do máximo artífice do asasinato de miles e miles de galegos asi como o culpable do retroceso dos dereitos dos obreiros acadados tras anos de loitas sindicais. Pese a iso hai xente que non o ve como un criminal.


Pasaron xa 32 anos e de seguro que se existe un Deus. Debe levar uns 32 anos ardendo no inferno, o que e pouco, pois de seguro que a xustiza divina lle ten reservada a cadea perpetua. De nada servirán as moitas misas que se lle fagan, nin os cartos que puxera en mans da igrexa; el esta sentenciado pois ninguén o pode librar da xusta sentenza.

En canto aos seus seguidores que seguen a ser miles, todos eles merecen o noso desprezo, son xente que non recoñece nin os dereitos humanos nin que outra xente sexa diferente a eles. Penso que algúns non o fan guiados pola malicia, simplemente é quen non son ben. Pero aínda
que algúns o fagan por iñorancia non llelo podemos consentir.

O pasado sábado máis de cen antifascistas recorremos as rúas de Ferrol pedindo a ilegalización destes grupos de fanáticos que non aceptan que a xente ten o dereito a vivir dunha forma diferente a que eles creen correcta. Tan só éramos cen, como e posible isto? pois porque pese a que non vexo o motivo os partidos maioritarios de esquerdas non acudiron en masa a manifestación. Así como tampouco o fixo a maioría da mocidade que día a día di pertencer a unha determina ideoloxía política pois moitos revolucionarios de boquilla son en realidade fascistas, de novos levan a insignia da anarquía ou a fouce pegada na mochila pero cando chegan a certa idade compórtanse como os burgueses que son. Teñen eles a culpa? penso que non, a culpa e da sociedade que así os educa e que esta a converten por exemplo ao Che en tan só unha marca comercia.

Destas máis de cen persoas había novos e vellos, homes ou mulleres, pobres e ricos, galegos e nos galegos. Pero o que máis me chamou a atención foi a variedade de ideoloxías políticas: marxistas, anarquistas e mesmo algún que outro votante de centro. Pois a manifestación pese o que digan non era de xente radical, tan só eramos uns cidadáns indignados pedindo xustiza.

En todo momento fomos seguidos por un coche patrulla pero en ningún momento houbo actos violentos pois son eles, os fascistas, os verdadeiros terroristas. Pese os esforzos da extrema dereita de facernos quedar de vándalos que non respectan as normas sociais e uns marxinados, non poderán cambiala realidade.

Hoxe veremos actos organizados cun único obxectivo, amedrentarnos, pero non o han conseguir, pois aínda que os creemos capaces de calquera cousa para impoñer a súa vontade, sabemos que o lume que alampea xamais será vencido por moi forte ca sopren, por moito chumbo que nos boten nin nos renderemos nin soltarémola fouce.

Avanti Popolo!!