quarta-feira, 19 de dezembro de 2007
100 anos de himno, centos de anos de loita.
Leva cen anos como todos sabedes a ser cantado. A nosa canción foi entoada en todo tipo de actos ao redor do globo terráqueo dende nun partido de fútbol ata como despedida dunha noite esmorga.
O noso himno debería de ser coñecido por tódolos galegos, pois xa é so a letra dunha canción senón que se trata do símbolo do noso pobo, do sufrimento e deste noso pobo labrego e mariñeiro.
A nosa sociedade xa non está pechada en si mesma de costas ao mundo como ocorreu non ha tanto tempo, agora o galego é falado ao redor dos catro ventos. A nosa terra inflúe en zonas afastadas polas que tamén é influída, existindo un continuo tráfico de galegos que marchan para facer outras terras a súa e estranxeiros que veñen facendo de esta a súa terra. Así nos chegan enriquecedoras influencias culturais por dar un exemplo, a nosa dieta é mais variada grazas a elas e somos unha sociedade cada vez máis diversa.
Pese ao que algúns que non son ben pensan, o ser galego non é algo que veña dado por nacemento. Os galegos son todos os que aman a nosa terra e falan a nosa lingua loitando nesta día a día nesta eterna loita polos dereitos do noso pobo e da nosa terra pedindo que se acade unha sociedade xusta e ceibe.
(este vídeo non se escoita demasiado ben pero cando o vin sentín envexa de non poder estar ese día no medio da xente, non só o cantaron pequenos e vellos senón que o fixeron ata o final, non como fai un que me sei eu que se rodeaba de gaiteiros pero que lle tiña a medo a cantar o himno por completo)
"España ole mal"
Dicir eso si que a miña terra non ole mal, pode haber políticos nela que den noxo e apesten pero a miña terra segue a ter o salgado olor do mar por moitos caciques ca invadan non lles imos permitir que fagan que apeste.
domingo, 16 de dezembro de 2007
TOCANDO FONDO
Pero para que isto ocorra os ferroláns deben saír ao campo con moitas ansias de vitoria e esforzarse todo o que poidan. Este sentimento de loita para que non descenda o club e o que necesitamos.
Déixovos un vídeo de como desexaría que actuasen os noso xogadores. Está en castelán pero a parodia é moi divertida.
OS 300 FERROLANOS
AS PORTAS DO DESCENSO
A inchada do noso equipo ultimamente pasamos o partido protestando, protestan polos erros arbitrais que tanto dano fan ao noso equipo, polas faltas cometidas a "Pereira" e pola incapacidade do técnico. Un “mister” que xa non é querido polo público, de feito a semana pasada pediuse a súa dimisión.
Mentres que nas primeiras xornadas ata soñábamos cun ficticio ascenso, agora conformámosvos con non descender. Así é a vida, e o futuro deste equipo semella moi incerto pois se alguén non o remedia podemos sufrir un descenso.
Pero mailas derrotas e os malos resultados do equipo en cada partido a Malata segue animando ao seu equipo, esperemos que no próximo partido gritemos todos de xúbilo en non de enfado como pasou nos últimos.
sexta-feira, 7 de dezembro de 2007
CAUSA GALIZA
Digan o que digan queimar fotos pode ser algo perxudicial para o medio ambiente pero dende logo non é un delito. Non queimaria xamais unha foto por que non serve para nada pero non é xusto que metan no carce aos que o fan.Esto pasou onte en vigo pero os rapaces foron finalmente liberados. Na manifestación organizada por Causa Galiza non só se queimou esta foto senón que se mandou un claro mensaxe a Madrid de que estamos fartos de ser unha colonia.
Deixo un video que nos recorda que a monarquía actual descente directo do fascismo por moito que se queiran empeñar en enfocala como democrática e sistema de xusto de goberno.
"Liberdade para Santiago. Crístofer, Carlos e Alexandre!
Galiza sempre antimonárquica!
6-D, nada que celebrar!"
Loitando pola terceira.
Onte como motivo do día da constitución miles de persoas recorreron as rúas de Madrid pedindo unha reforma constitucional para que se acade a terceirarepública. Segundo os organizadores a manifestación reuniu a
unhas 5 000 persoas o que reflexa o desexo de moita xente de reformar unha constitución que esta claramente obsoleta.
Como moitos saberedes polos informativos si se ten plantexado unha reforma constitucional dende os partidos maioritarios pero eles non desexan abolir a monarquía, senón darlle unha nova capa de pintura que a faga parecer un sistema de goberno xusto. Que máis da que gobernen os homes ou as mulleres? o que importa é que todos sexamos iguais ante a lei e para que se cumpra isto tense que abolir o actual sistema de monarquía democrática xa que non é máis que un arcaísmo da época feudal segundo o cal os nacidos nunha familia determidada teñen toda unha serie de privilexios.
Como se ve na foto na manifestación houbo representación das nacionalidades históricas, como nos adoitan chamar, ou sexa dos pobos asoballados no actual réxime democrático aos que non se lles recoñece o dereito a autodeterminación como nacións.
Por moito que se esforce a prensa en "vendernos" a monarquía como modelo de gobernos ensinándonos as fotos de "Doña Leonor", moitos non aceptaremos xamais esta modelo de goberno como noso, senón que pensamos que é algo imposto. Eses señores que habitan no palacio real non nos esquezamos de que foron postos no poder por un ditador e que entre os seus antepasados atópanse os "Reis Católicos" os cales xa sabemos todos que non se caracterizaron por tratar ben a esta nosa terra. E se que goberne unha persoa por ser descendente doutra xa é algo inxusto, que nos goberne unha persoa por ser descendente de tiranos como Fernando VI e Felipe V é algo non só inxusto senón tamén incomprensible.
Nesta por acadar un marco legal reixo pola constitución no cal se recoñeza o noso dereito a liberdade como pobo e a igualdeade de homes e mulleres, os galegos contamos co apoio de cataláns e vascos cos cales
compartimos un inimigo común ademáis da esquerda de Castela, Andalucía e outras comunidades autónomas.
A cooperación entre cataláns, vascos e galegos é necesaria para acadar os nosos obxectivos, dita cooperación é posible é xa esta a dar os froitos como puidemos ler hoxe en vieiros. Esperemos que algún academos a liberdade como pobo que tanto ansiamos, mentres tanto teremos que nos conformar con facer todo o necesario para que a poidamos acadar.
“Que a nosa terra é nosa, non o dubide ninguén.”
domingo, 2 de dezembro de 2007
DÍA DO SIDA
Onte foi o día mundial do SIDA, na tele e pola rúa puidemos ver mostras de apoio de estes enfermos e tamén coñecer os seus problemas.
Onte ademais de recordarnos a importancia de usar o preservativo e pedir o apio da sociedade para combater esta enfermidade pediron algo novo: ¡A DESOBEDIENCIA CIVIL!.
Déixovos o manifestos por senón o lestes, coido que teñen toda a razón do mundo xa que todo enfermo ten dereito a intimidade.
"Neste día mundial da SIDA que se aveciña, novamente prenderemos os nosos lazos vermellos na solapa do abrigo como mostra de solidariedade, lazos impolutos que co remate do dia desaparecerán das nosas miradas, das nosas preocupacións e agobios, mais para algunhas persoas este lazo convirtirase en soga que permanecera continuamente prendida do seu peito como mostra de estigma e exclusión.
Neste ano que remata o Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia veñen de dar un impulso mais a creación de sistemas de información da Infección por VIH, denominados SINIVIH e SIGIVIH. Ambos sistemas recollen para o seu tratamento, datos clínicos e persoais dos novos casos de infección por VIH .
Este rexistro vulnera gravemente o dereito fundamental a intimidade e confidencialidade, amén de potenciar as causas de estigmatización e discriminación da poboación afectada por VIH.
Os colectivos de afectados tanto en Galiza (mesa sida galiza) como a nivel estatal (preSOS galiza, asoc Xustiza e Sociedade, C Moucho) , impugnamos ante a xurisdicción contenciosa a creación destes rexistros de datos, e tras unha longa pelexa xurídica, social e política, atopámonos actualmente pendentes de que o Tribunal Constitucional restiua por sentenza as garantias de confidencialidade e intimidade usurpadas pola administración sanitaria.
Por elo, neste día de celebración oficial, sairemos a rua a informar aos cidadans, sobre a existencia destes rexistro nominais de persoas enfermas, instando (tanto a poboación afectada como a que non o está) a practicar unha desobediencia civil activa, que impida o avance da aplicación destas medidas lexislativas tan perniciosas para a loita antisida en xeral e en particular para os dereitos irrenunciables dos nosos/as compañeiros afectados pola grave enfermidade. "
(http://galiza.indymedia.org/gz/2007/12/13327.shtml)
