quinta-feira, 27 de dezembro de 2007

Sobre a mensaxe da súa maxestade


Ano a ano os galegos vemos como todo segue igual. Despois dun ano de loita pola liberdade do noso pobo, os nosos logros non son notables un ano máis. Para recordarnos este noso fracaso un señor dende Madrid fálanos sentado nun luxoso sofá sobre a unidade desa cousa a que lle chaman España.

A figura do Rei estásenos a vender máis ca cocacola. A monarquía gana adeptos día a día, xa non se chaman monárquicos absolutistas os seus seguidores senón que se fan chamar "Juancarlistas". Que quere dicir este termo? que seguen o que di o tal Don Juan Carlos? Posiblemente sexa así.

Queirámolo ou non crer hai moita xente que pensa que o Rei é unha figura que representa a todos os habitantes deste estado. Moitos galegos veno como unha figura integra, e digna de todo o respecto do mundo. Nesta mensaxe tamén vemos unha vez máis o efecto da diglosia, galegos que falan entre eles galego din marabillas do falar castelán dunha persoa con maior poder ca eles e mesmo o tratar de imitaren na forma de falar.

Como din tódolos periódicos o rei mandaba unha clara mensaxe ecolóxica pois ao parecer tiña unha foto del plantando un pino durante unha reunión internacional que xa non recordo. Eu vin outra mensaxe, que non sei se vos fixastes unha clara mensaxe política.

Pese a que o rei non forma parte de ningún partido político, pois non pode, por todos é sabido que non sería lóxico que apoiase a esquerda, máis que nada pola conta que lle ten. Pois ven, dentro dos partidos da dereita por todos é sabido que as Cores do PP son o azul e o laranxa, pois ben fixádevos agora na garabata e na camisa da súa maxestade.

Dende logo, como se nota que cada día están máis próximas as eleccións.


pd: Moitas grazas ao que me pasou a dirección da recensión non oficial sobre a mensaxe do Rei deste ano.
(Rei, mensaxe, nadal, Madrid, partidismo político, juancarlistas)

segunda-feira, 24 de dezembro de 2007

domingo, 23 de dezembro de 2007

PATENTE DE CORSO


Tal é como se facía na época dos piratas. O goberno español facilitoulle unha patente de corso a SGAE. Con esta patente os capitáns Sir Bustamente e Sir Bisbal non só teran dereito a seguirnos a atormentaren coa súa música senón que por cada CD que merquemos quedaranse cunha parte para compensalos CDs ao parecer descargamos que descargamos.

Ao mellor non nos parecen en principio unhas subidas tan alarmantes, pero por exemplo o prezo do CD chegarase a duplicar cando se aplique esta nova lei, co tempo o prezo dos equipos electrónicos baixará por mor dos avances tecnolóxicos pero isto non ocorrerá con canons que seguirán como mínimo inalterables ao paso do tempo.

É certo que moitos países aplican este absurdo imposto pero isto non ocorre en Portugal polo que se prevén que a compra de DVDs e CDs se desplace ao pais veciño. Dentro de pouco tal vez poderemos ver en ValenÇa non só toallas senón tamen bobinas de CDs, reprodutores de mp3 e móbiles de nova xerción. Dende logo que si esta lei vai facer florecer algunha actividade esta é o contrabando.

SOBRE O CANON DIXITAL(por un colaborador externo)


Na nosa lingua(traducido):

Que vergonzoso é que unha entidade privada, amparándose na piratería e lexitimada por unha lei promulgada por un goberno que presume de ser socialista, se beneficie de todos os españois con un imposto inxusto e de dubidosa legalidade. Dentro de pouco, teremos que pagar máis do dobre por CDs e DVDs e algo máis polos xa caros equipos dixitais. É dicir, os nosos petos empobrecesen , unhas industrias financian a outras e as contas dos cantantes medran exponencialmente. A solución témola ao alcance da man : comprar menos discos orixinais ca nunca, gravar todo o que poidamos e queimar os modems descargando arquivos. Pregúnteme a que membro do goberno coñecerán na SGAE...

En castelán(versión orixinal)

Que vergonzoso es que una entidad privada, amparándose en la piratería y legitimada por una ley promulgada por un gobierno que presume de ser socialista, se beneficie de todos los españoles con un impuesto injusto y de dudosa legalidad. Dentro de poco, tendremos que pagar más del doble por CDs y DVDs y algo más por los ya caros equipos digitales . Es decir, nuestros bolsillos se resienten, unas industrias se financian a otras y las cuentas de los cantantes crecen exponencialmente. La solución la tenemos al alcance de la mano: comprar menos discos originales que nunca, grabar todo lo que podamos y quemar los modems descargando archivos. Me pregunto a qué miembro del gobierno conocerán en la SGAE...

quarta-feira, 19 de dezembro de 2007

100 anos de himno, centos de anos de loita.

Foi un lendario bardo que escribiu ises versos. O noso himno non pertence a partido ningún, nin a ningunha entidade ou movemento, só pertence ao noso pobo, foi cantado polos nosos antergos e ha de ser cantado polos nodos devanceiros.

Leva cen anos como todos sabedes a ser cantado. A nosa canción foi entoada en todo tipo de actos ao redor do globo terráqueo dende nun partido de fútbol ata como despedida dunha noite esmorga.

O noso himno debería de ser coñecido por tódolos galegos, pois xa é so a letra dunha canción senón que se trata do símbolo do noso pobo, do sufrimento e deste noso pobo labrego e mariñeiro.

A nosa sociedade xa non está pechada en si mesma de costas ao mundo como ocorreu non ha tanto tempo, agora o galego é falado ao redor dos catro ventos. A nosa terra inflúe en zonas afastadas polas que tamén é influída, existindo un continuo tráfico de galegos que marchan para facer outras terras a súa e estranxeiros que veñen facendo de esta a súa terra. Así nos chegan enriquecedoras influencias culturais por dar un exemplo, a nosa dieta é mais variada grazas a elas e somos unha sociedade cada vez máis diversa.

Pese ao que algúns que non son ben pensan, o ser galego non é algo que veña dado por nacemento. Os galegos son todos os que aman a nosa terra e falan a nosa lingua loitando nesta día a día nesta eterna loita polos dereitos do noso pobo e da nosa terra pedindo que se acade unha sociedade xusta e ceibe.




(este vídeo non se escoita demasiado ben pero cando o vin sentín envexa de non poder estar ese día no medio da xente, non só o cantaron pequenos e vellos senón que o fixeron ata o final, non como fai un que me sei eu que se rodeaba de gaiteiros pero que lle tiña a medo a cantar o himno por completo)

"España ole mal"

"España ole mal", non o digo eu que o dí un castelán. Perosalmente creo que verdadeiramente o "Estado Español" cada vez é máis corrupto polo que tal vez deberíamos tratar de deixar de formar parte de el.

Dicir eso si que a miña terra non ole mal, pode haber políticos nela que den noxo e apesten pero a miña terra segue a ter o salgado olor do mar por moitos caciques ca invadan non lles imos permitir que fagan que apeste.


domingo, 16 de dezembro de 2007

TOCANDO FONDO

Esperemos que esta derrota do noso equipo sexa a derradeira desta temporada ou polo menos a última en moito tempo.

Pero para que isto ocorra os ferroláns deben saír ao campo con moitas ansias de vitoria e esforzarse todo o que poidan. Este sentimento de loita para que non descenda o club e o que necesitamos.

Déixovos un vídeo de como desexaría que actuasen os noso xogadores. Está en castelán pero a parodia é moi divertida.


OS 300 FERROLANOS

Avanti Popolo!!