segunda-feira, 20 de agosto de 2007

O TEMPO ANDA TOLO


Qué é o que esta a pasar? porqué tiven hoxe que sacar o paraugas se estamos en agosto? como é que este verán e tan raro?

Penso que todos sabemos a resposta pois pouco a pouco asumimos que o cambio climático non é unha pelicula de ciencia fición senon un grave problema que estamos a sufrir e que co paso do tempo vaise empeorando. Logo por que é que non o tratamos de evitar?

Moita xente pensa que os gobernos teñen que tomar medidas para solucionalo pero estas medidas poden traer outros problemas novos polo que penso que non debemos de aceptar tódalas solucións que nos dan os nosos queridos políticos porque neste capitalismo salvaxe no que vivimos o que en principio parecía un programa politico comprometido resulta que tan só consiste noutra nova forma de facerse rico o pisaverdes de turno. Actualmente e escusándose na loita contra o quentamento global estan a tomar medidas de dudosa efectividade en troques doutras que poderían ser moito mellores pero o ambiente non interesa en cambio os cartos sí. Un dos exemplos máis recentes e o do biodiesel que de sustituirse pola gasolina contaminaria menos e ademáis como os coches necesitarían repostar seguiria a ser unha forma de que os empresarios gañaran cartos cousa que non pasaría tanto por exemplo por coches solares que non necesiten de nengún combustible.




COMIDA DUNS,COMBUSTIBLE DOUTROS

Se nos preguntaran cal é a principal función do alimento nos como é obvio diríamos que é a de alimentar a xente, se descubrimos que un pobre consegue alimento de forma barata, dubido que se nos ocorrerá comprar todo o produto que o pobre consume para satisfacer con el unha necesidade menos prioritaria como pode ser o ocio.


Pero aínda que o que estou a dicir é algo que todos deberíamos pensar e considerar correcto no mundo no que vivimos, corrompido polo capital, as prioridades non son as que deberan. Se podemos conseguir un mínimo beneficio comprando alimento para facer con el combustible sen lugar a dubidas farémolo, xa que pese o que nos pese a única prioridade que respecta a xente deste século é a de medrar social e economicamente.

Un recente exemplo de que a sociedade atópase nun estado de decadencia en canto a hora de respectar os valores morais podémolo atopar en México, pais no que os campesiños e o pobo obreiro están a sufrir unha subida de prezo inxustificable no seu alimento principal, a torta de millo. Todo por que en Estados Unidos necesitan millo, non para comer senón que o empregan como alimento para o gando estabulado moitas veces en condicións máis que deplorables ou para facer combustible xa que por todos é sabido que o etanol pódese conseguir a partir do millo.

Pero non temades o Estado Oficial Mexicano xa tomou partidas no asunto, como a xente xa non pode pagar o millo xa que o que comía a xente agora é empregado para dar de comer as vacas e facer combustible non contaminante para arranxar o problema tan só hai que darlle a volta a tortilla, e nunca mellor dito. Os mexicanos poderán comer o millo destinado o gando e a industria, desta forma non pasarán fame e os empresarios aumentaran as súas contas en Suíza. Que é iso de que o millo é transxénico? si é certo o millo importado dende Estados Unidos cara México é transxénico é de baixa calidade, de feito greempeace xa deu a voz de alarma polo risco que conleva, pero isto fará florecer a economía norteamericana é o grazas o etanol tódolos empresarios poderán conducir os seus Hummers sen preocuparse pola capa de ozono. Non é unha boa solución?

Dende logo o mundo esta tolo, máis do que podemos imaxinar( menos mal que os medios de comunicación rezan por que non nos demos conta do que ocorre o noso redor), si que é certo que as clases podentes levan medrando a costa da fame dos pobres, pero que isto se leve repetindo o longo da historia non quere dicir que sexa xusto. Se non me credes mirade en Internet pero asegúrovos que cando investiguedes un pouco na prensa libre acabaredes gritando contra esta e moitas máis inxustizas que grazas a presa do corazón pasan desapercibidas entre o: ¡Que viva Zapata!.

Um comentário:

Anônimo disse...

A definición de clima implica longos periodos de tempo, logo non podes xulgar o clima galego amparándote só neste verán, xa que por exemplo o pasado foi moi caluroso. Asemade, ten en conta que Galicia dende sempre tivo este tipo de temperaturas e veráns, caracterizados polas choivas e as temperaturas moderadas, logo non cambiemos o noso bonito e cómodo clima para convertir isto na Concrete Jungle. Saúdos.

Avanti Popolo!!