Esta novela, trata de roubos e de cacicadas, de xente que reclama o que xa é de por si seu e doutra que trata de impedir que o poidan ter.
Comezou un ano máis damas e cabaleiros e non é un ano calquera este ano promete ser movidiño.
Por que?
Pois ben temos por un lado que dentro de pouco o Goberno español esta tramando de ilegalizar dous partidos políticos, por suposto nos dous casos trátase de partidos de ideoloxía de esquerdas e nacionalista. Sen meterme no debate de si fai ben ou non, xa que dito debate merece como mínimo unha entrada propia tan só digo unha vez máis que haber para cando fai o mesmo con outro partido nacionalista e moi coñecido por todos entre outras cousas pola súa historia de violencia, falo da Falange é do seu entorno político
DN - Fuerza Nueva - Guerrilleros de CristoRey... e toda esa xente.
Por outro lado o próximo día 15 tense convocada unha folga en xeral para a USC contra o
plan boloña, plan que en poucas palabras vai a privatizar a universidade pública. E neste caso, unha vez máis, os alumnos vense obrigados a protestar sen o apoio dos profesores os cales a favor en dito.
A finais deste ano comezou a resucitar no noso país a vella pantasma da loita armada e comezamos o ano decotándonos de que os presos galegos independentistas están a sufriren agresións no cárcere. Esperemos que dita loita armada cese, xa que para min non esta a resultar nada útil nin ten lóxica ningunha facer voar un caseto dunha inmobiliario(con iso non se consegue nada) así coma as agresións aos presos galegos pero tamén a tódolos presos detidos por seren independentistas en xeral. Xa que como reflicten varios informes internacionais neste estado ditos presos sofren en moitos casos tortura cousas que segundo esa constitución que tanto se esforzan en nos vender é ilegal.
E ademais de moitas causas que trataremos este ano, moitas das cales están aínda por surxiren, penso que unha das que máis dará que falar son as próximas eleccións. Eleccións que prometen ser bastante movidas no panorama galego, e nas cales por primeira vez un servidor tal vez vote para de seguro ser defraudado polo partido no cal deposite a súa confianza. Por que digo eu isto? pois moi sinxelo meus señores porque a fe é cousa de curas e non de labregos e si algo son eu é desconfiado como bo comedor de patacas con grelos que son.