Esta novela, trata de roubos e de cacicadas, de xente que reclama o que xa é de por si seu e doutra que trata de impedir que o poidan ter.
Comezou un ano máis damas e cabaleiros e non é un ano calquera este ano promete ser movidiño.
Por que?
Pois ben temos por un lado que dentro de pouco o Goberno español esta tramando de ilegalizar dous partidos políticos, por suposto nos dous casos trátase de partidos de ideoloxía de esquerdas e nacionalista. Sen meterme no debate de si fai ben ou non, xa que dito debate merece como mínimo unha entrada propia tan só digo unha vez máis que haber para cando fai o mesmo con outro partido nacionalista e moi coñecido por todos entre outras cousas pola súa historia de violencia, falo da Falange é do seu entorno político DN - Fuerza Nueva - Guerrilleros de CristoRey... e toda esa xente.
Por outro lado o próximo día 15 tense convocada unha folga en xeral para a USC contra o plan boloña, plan que en poucas palabras vai a privatizar a universidade pública. E neste caso, unha vez máis, os alumnos vense obrigados a protestar sen o apoio dos profesores os cales a favor en dito.
A finais deste ano comezou a resucitar no noso país a vella pantasma da loita armada e comezamos o ano decotándonos de que os presos galegos independentistas están a sufriren agresións no cárcere. Esperemos que dita loita armada cese, xa que para min non esta a resultar nada útil nin ten lóxica ningunha facer voar un caseto dunha inmobiliario(con iso non se consegue nada) así coma as agresións aos presos galegos pero tamén a tódolos presos detidos por seren independentistas en xeral. Xa que como reflicten varios informes internacionais neste estado ditos presos sofren en moitos casos tortura cousas que segundo esa constitución que tanto se esforzan en nos vender é ilegal.
E ademais de moitas causas que trataremos este ano, moitas das cales están aínda por surxiren, penso que unha das que máis dará que falar son as próximas eleccións. Eleccións que prometen ser bastante movidas no panorama galego, e nas cales por primeira vez un servidor tal vez vote para de seguro ser defraudado polo partido no cal deposite a súa confianza. Por que digo eu isto? pois moi sinxelo meus señores porque a fe é cousa de curas e non de labregos e si algo son eu é desconfiado como bo comedor de patacas con grelos que son.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
11 comentários:
Imos ver "Bardo" en primeiro lugar dicirche que no referente ao contido "muito ben" pero a lingua ...? Ai a lingua !
1º " A novela que nos toca viviren ..." O correcto é " A novela que nos toca vivirmos" (a nós) senón sería " que lles toca viviren a eles/ elas"
2º"... que trata en impedir..." o correcto é " que trata de impedir... "
3º "... o goberno español está tramitando ilegalizaren ... " O correcto é " ... o goberno español está tratando de ilegalizar... "
4º A finais deste ano comezou a resucitaren... " O correcto é " A finais deste ano comezou a resucitar..."
5º "... ... ... non está a resultaren ... " O correcto é " ... non está a resultar... "
Os infinitivos conxugados chámanse así porque teñen seis persoas coma o resto dos tempos verbais e hai que conxugalos na persoa correspondente segundo o seu suxeito, lembra que a 1ª e a 3ª persoa coinciden coa forma do infinitivo non persoal pero o resto das persoas non.
vivir (eu), vivires (ti) , vivir (el/ela) vivirmos /(nós), vivirdes (vós), viviren (eles, elas)
Polo demais adiante tudo ben........
Saúdiños.
Grazas polo comentario e perdón por ter cometido tantos erros. Creo que me pasei un pouco de pedante e por iso tiven tantos.
Feliz 2008
Tampouco é para tanto "Bardo", non creo que sexas un pedante por querer empregar o infinitivo conxugado, ao contrario é algo moi noso (da nosa lingua quero dicir), só tes que repasalo e máis nada, se te equivocas eu corrixo ,vale?
Unha aperta
Eres tan incongruente que no sabes ni hablar tu lengua. La saben hablar mejor los que se consideran castellanos, porque son capaces de estudiarla.
Oe "Bardo" ti nin caso deixaos que sigan "mexando fora do testo", non é un insulto é un refrán ,por certo español.
La mejor forma de predicar es con el ejemplo, así que hablar vosotros bien para empezar.
Querido amigo sinto dicirche que o que falas mal es ti non é "hablar bien ..." en español correcto é HABLAD BIEN
Veña guapetón a divertirse pero con cuidadiño eh !
Vexo que dominas á perfección o castelán. Quizais o día de mañá, cando non encontres traballo na túa querida patria e teñas que ir fóra (fago alusión tamén a España "para non ofender"), agradezas que o "pésimo sistema educativo" te ensinara o castelán.
Premisa falsa e derrotista , porque non había de atopar traballo no meu país? Iso é polo que loito por unha "Patia" normal onde a xente non vexa como algo necesario emigrar eu quero que sexa algo opcional , nunca imprescindible. Querido amigo tes mente de colonizado.
Porque o teu país depende do Estado Español e para empezar, se atopas traballo, vai ser grazas ao goberno central.
Por certo, se algún día vos independizades, gustaríame saber qué industria e qué comercio de gran importancia tedes.
Anda claro !!! Moitas , moitissssssssssssmas grazaaaaaaaaaaaaaaaasssssssss por adiantado querido estado central ea ea ea....
Oe amigo pódoche facer unha pregunta -non te ofendas- cantos anos tes???
Postar um comentário