terça-feira, 28 de outubro de 2008

Ataque Fascista en Pontevedra

Unha vez máis un camarada é acoitelado, cando el non fixo uso da forza, unha vez máis os fascistas atacan só cando son mais e mellor armados.

Son moitos os que denunciamos que os fascistas actúan con impunidade, que son tratados como héroes por asociacions legais e subencionadas(caso de Inestrillas), e que pese acoñecer a súa ideoloxía violenta os seus partidos e asociacións seguen a estar legalizadas.


Pero, pese o paso do tempo, as autoridades seguen igual e non toman mediadas. Encarcéanos e mesmo nos torturan namentres os verdadeiros asasinos permanecen na rúa Asasinos protexidos por amplos cordóns policiais durante os seus actos, como aconteceu o pasado día 25 en Euskal Herria(nun acto da Falanxe). Pola nosa parte, seguiremos loitando individual e colectivamente dende a primeira liña do antifascismo: informamos e saboteamos a súa información dende blogs e foros, participamos nos actos de repulta e nas contramanifestacións, pero o máis importante: combatémolo e combarémolo día a día e sen deixarlle tregua.

Querido camarada, convertícheste nun exemplo a seguir.
Nin esquecemos, nin perdoamos!!!




Noticia(según a indymedia)

O rapaz acoitelado atopáva-se na entrada dum pub pontevedrés, com 2 companheiros mais, quando um grupo dumhas 10 pessoas, vários vizinhos de Ponte Vedra e outros da cidade espanhola de Valladolid, começarom a increpa-lo e a insulta-lo pola sua ideología nacionalista. Ao ver que nom lhes fazia nim caso, começarom a insultar a umha das duas pessoas que o acompanhavam, um rapaz marroquí, berrando cousas como “moro de mierda”, entre outras frases.

Chegados a este ponto, ao comprobar que os insultos e a agresividade iam a mais, foi quando se produziu o enfrontamento, em clara inferioridade, resultando finalmente acoitelado nas costas o rapaz pontevedrés.

O rapaz atópa-se ingresado no Hospital Montecelo de Ponte Vedra (CHOP), onde parece ser que ficará durante vários dias. Esta tarde ainda se baralhava a posibilidade de ter que intervi-lo cirurgicamente, mas dentro da gravidade dos feitos, parece que tivo sorte e está fora de perigo, mas puido ser moi sério. Nom foi umha pelea nim umha bronca, os agresores iam armados e empregarom as suas armas contra este rapaz.

Ante estes acontecementos, devemos amosar-nos firmes e respostar nas ruas ante estas agressons fascistas e racistas. Nom o podemos consentir!!!

PAREMOS O FASCISMO!!!
NINGUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA!!!

sexta-feira, 3 de outubro de 2008

A CIGA RESPONDE FRONTE A DIRECTIVA DAS 65 HORAS

O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:

1. Poder traballar, como máximo, unha xornada semanal de até 65 horas, con carácter flexíbel, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo ao ano. O que se traballe de máis nunhas semanas, traballarase, supostamente, de menos nas outras.
2. A Directiva estabelece para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... etc, que o período inactivo de traballo que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo, por exemplo, durante unha garda médica o tempo que non hai pacientes, ou nos tempos de espera entre servizos para os condutores de autobús.
3. Estabelécese a posibilidade de que na sinatura do contrato o traballador ou traballadora pode “voluntariamente” de xeito individual e con independencia do regulado en Convenio, aceptar a xornada de 65 horas. Eles saben perfectamente que a chantaxe dos empresarios será condicionar a sinatura do contrato a que se acepte a ampliación da xornada.

No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.

Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.

Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...

Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro

CONCENTRACIÓNS

A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo.

A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno

Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España.

Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical

Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.

Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.
Fonte: CIG

Avanti Popolo!!