terça-feira, 30 de dezembro de 2008
O POBO PALESTINO DESÁNGRASE
Din que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. A verdade é que é odioso buscar exemplos, pero estes inundan a nosa vida cotiá. Tamén din que o Nadal é unha época de paz(pero isto último non é certo).
Mentres o mundo occidental celebra as grandes festas da relixión maioritaria no (as do consumismo), ninguén lle fai caso as noticias dese pobo que morre de fame e chumbo.
Tanques, helicópteros e cazabombardeos fan o mesmo que fixo nos seus tempos Herodes: matar aos meniños inocentes. Así, dous mil anos despois, un exército “democrático” ofrécenos a reedición do Día dos Santos Inocentes.
Ao igual que no holocausto nazi, no que moitos non decidiron tomar parte ata que foi demasiado tarde, é o momento de posicionarse neste grave conflito. Estamos a ver a exterminación de todo un pobo, pobo que ao igual que o noso sufre as cadeas dun invasor imperialista. Coa escusa da loita contra un grupo integrista islámicos, os integristas xudeus están privando a poboación civil de alimentos, menciñas, e combustible. Estamos vendo como se deixa morrer a un pobo enteiro de fame, e o que é peor: Seguimos sen facer nada.
Algunhas asociacións(sobre todo do entorno da esquerda comprometida), están a organizar marchar e manifestacións por todo o mundo pedindo que remate esta barbarie, namentres os grandes partidos e os presidentes máis influíntes seguen sen posicionarse, sen tratar de impedir o que ocorre.
…………………………………………………………………………………………………………………………………………..
Manifesto dos Comités Populares de Palestina.
A todas as persoas libres do mundo... a todas as que piden liberdade e xustiza.
A toda que teña unha conciencia viva... a toda que ame a paz.
Os corazóns dos nenos en palestina chámanche. Os gritos das nais desconsoladas chaman polas vosas conciencias.
Preguntámonos como durme o mundo mentres os nenos palestinos son cortados en anacos. Descúlpennos, os nosos ollos están cheos de bágoas e os nosos corazóns entristecidos polas accións criminais da ocupación israelí que van alén do que podiamos imaxinar.
Tamén é duro ver o apoio dos gobernos do mundo para tremendos crimes, que están dando permiso a Israel para cometer máis e máis crimes.
Chamámosvos ao seguinte:
1.- A continuar coas manifestacións diante das embaixadas de israel e os vosos parlamentos.
2.- A un boicote serio a Israel a todos os niveis.
3.- A loitar para poñer aos criminais de guerra israelís diante dos tribunais.
4.- Chamamos á organización de accións de loita diarias a todos os comités populares de Palestina.
5.- Chamamos aos israelís que rexeitan a ocupación a continuar mobilizándose.
Xuntas podemos parar o derramamento de sangue... xuntas podemos traer a paz e a xustiza.
Comités Populares de Palestina.http://www.bilin-ffj.org/
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
Mano dura contra los radicales islamistas!!!
Postar um comentário