
pd: Clic na imaxe para ler o cómic.
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:
Lembra que o vindeiro domingo 18 de maio esta grande manifestación partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.
Nun estado democrático existe unha constitución pola cal se rexen os dereitos e deberes de tódolos cidadáns, nun estado democrático as autoridades teñen o deber e obrigación de protexer estes dereitos. Dereitos como a liberdade de expresión, a vida, a seguridade, e se o estado capitalista tamén se ten que velar pola propiedade privada dos cidadáns.
Semella que as autoridades esqueceron todas estas e máis obrigacións, pois ultimamente amosan estar só interesados na defensa da propiedade privada e non da de tódolos cidadáns, senón só a dos que teñen grandes capitais. Esta mesma semana tivemos algúns claros exemplos de como este estado, se esta aloxando cada día máis do que entendemos por “democrático”.
Outro exemplo, máis claro e moito máis cércano é do a da última manifestación en contra de Reganosa, declarada ilegal polo delegado do goberno. A ilegalización deste acto lexitimo para mostrar a vontade popular volve a ter o mesmo moito que tantas outras accións inxustas por parte do goberno: protexer ao gran capital.

Este blog permite acceder gratuitamente a uns cómics políticos de indiscutíbel calidade, todos son moi orixinais e simpáticos a vez que combativos. Tamén permite a difusión e impresión dos mesmo si así o decidimos(sempre que citemos a fonte orixinal). Despois de gastar 2,20 no ultimo exemplar de Retranca(moi caro caro e que non me fixo rir nin unha vez) decidín que por que non empregar estes cómics para facer humor anticapitalista e gratuíto en galego. Así despois de lles pedir permiso e fixen unha proba(haber que vos parece).
687474703A2F2F7777772E6573746164697374696361736772617469732E636F6D2F65737461646973746963617320677261746973
|
| Estadisticas Gratis |