Nun estado democrático existe unha constitución pola cal se rexen os dereitos e deberes de tódolos cidadáns, nun estado democrático as autoridades teñen o deber e obrigación de protexer estes dereitos. Dereitos como a liberdade de expresión, a vida, a seguridade, e se o estado capitalista tamén se ten que velar pola propiedade privada dos cidadáns.
Semella que as autoridades esqueceron todas estas e máis obrigacións, pois ultimamente amosan estar só interesados na defensa da propiedade privada e non da de tódolos cidadáns, senón só a dos que teñen grandes capitais. Esta mesma semana tivemos algúns claros exemplos de como este estado, se esta aloxando cada día máis do que entendemos por “democrático”.
Na comunidade Madrileña destapouse unha trama de corrupción policial, o problema é que os veciños levaban denunciando(e sufrindo as consecuencias de denunciar) dende facía varios anos e o alcalde(representante democrático dos veciños) non decidiu facer nada durante todo ese tempo pois aínda que dixo coñecer os rumores alegou que non tiña as probas suficientes(dende logo, hai algúns que menten moi mal).
A crise do ladrillo, causada entre outras cousas pola insuficiente intervención do estado na economía e unhas leis urbanísticas mal feitas e sen aplicar, parece que abriu a veda para que o estado comece a protexer de forma oficial aos grandes capitais. Así por poñer un exemplo, o presidente do partido "socialista" da Comunidade de Castela a Marcha vai propoñer nun futuro moi próximo(durante a semana que ven) a compra dos pisos do que o soado “Pocero” é incapaz de vender. Esta compra só ten unha lectura posible, a protección dun gran empresario por parte do estado usando os cartos que recadan día a día cos impostos que merman o xa de por si baixo salario medio. É certo que é necesaria a existencia de impostos, pero estes deben ser usados para protexer e inverter pensando na maioría da poboación e non para favorecer aos que non o necesitan.
Outro exemplo, máis claro e moito máis cércano é do a da última manifestación en contra de Reganosa, declarada ilegal polo delegado do goberno. A ilegalización deste acto lexitimo para mostrar a vontade popular volve a ter o mesmo moito que tantas outras accións inxustas por parte do goberno: protexer ao gran capital.
Pero, non nos podemos cruzar de brazos vendo como tratan de obrigarnos a renegar dos nosos lexítimos e dereitos. Debemos exercelos, mesmo cando se nos prohiba expresamente, pois é a única forma que temos para evitar que pouco a pouco este estado se volte ademocrático. O venres, foron moitos os ferroláns que decidiron exercer o seu dereito lexítimo de se manifestar de forma pacífica, pese a inxustificada ilegalización. Non foi un acto violento, non foi unha manifestación de tipo político... foi unha manifestación na cal unha os cidadáns emitiron a súa opinión e pediron que se faga xustiza.
Um comentário:
Bardo,voume permitir facerche unha petición : solicitariache -se o tés a ben- que fíxeses unha petición desde o teu BLOG, que é pedir que se asine o MANIFESTO DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e /ou o MANIFESTO DE AGAL para a MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA DO 18 DE MAIO "A PROL DO USO DA NOSA LINGUA" .Asimesmo extender a invitación a acudir a antedita manifestación en COMPOSTELA.
Unha aperta
Postar um comentário