segunda-feira, 25 de junho de 2007

OUTRO ANO MÁIS OS ALUMNOS DOS COLEXIOS PRIVADOS ACADAN FABULOSAS MEDIAS

Logo, iso si non consiguen unhas notas tan altas no selectivo pero por baixa que sexa a note deste exame a nota media tan alta que traen fai que poidan entrar en calquer carreira. E, mentres tanto, nós, os fillos de obreiro e estudantes da ensinanza pública, temos que pelexar pola media e conformarnos con acadar un suficiente. Na pública os profesores tiveron que pasar unha oposición e a maioría son diplomados ou licenciados. Por outra banda, non nos encontraremos enxeñeiros dando clases de inglés ou avogados impartindo física. O caso é que moitas veces poderían ser un pouco menos “tacaños” coas notas, sabendo que necesitamos medias altas para poder estudar nas carreiras máis desexadas. Pero isto non vai ser así porque, entre outras cousas, non reciben subornos por parte dos pais/nais do alumnado, tiveron que sufrir durante a súa etapa de estudantado, teñen coñecementos na materia e dan todo o temario...

De seguirmos así, e, mentres a educación concertada siga recibindo subvencións de dubidosa legalidade, tendo influenzas na Consellería, mellor material que nos centros públicos e un longo etcétera, moitos fillos de obreiro non poderán ser cualificados con xustiza e nunca se acabarán as desigualdades sociais. Porén, as empresas non son parvas e buscan ao que sabe e non ao que viviu de rendas.

Uns centros financian a outros (véxase a cantidade de academias de ensinanza regrada que teñen presenza nos diferentes puntos da nosa xeografía), a ensinanza privada infrinxe leis gravemente (compróbese como non respecta as datas dos exames nin as sesións de avaliación e reclamacións, etc.), teñen infiltrados na administración para obter favoritismos...

Como bo Bardo, debo dicir o que vai a pasar de seguirnos así por moito tempo:
“As desigualdades sociais non so van a seguir, senón que se van incrementar notabelmente pouco a pouco. Os universitarios volverán ser unha elite social como eran hai cincuenta ou sesenta anos e o fracaso escolar cada día será mais elevado. No tocante á ensinanza privada, prefiro non falar desa chapuza”

16 comentários:

Anônimo disse...

Abofé que esas couas pasan. Teño probas que o demostran. Dous días antes do exame de selectividade, os alumnos do Tirso de Molina en Ferrol, non se presentaban polas rúas nin en actos públicos. Ademais, acertaron os seguintes exercicios dos moitos que seguro sabían:
1. MATEMÁTICAS: exercicio de continuidade.
2. LINGUA GALEGA: Xeración Nós.
Outras materias claváronas. Acabemos con estas inxustizas!

Anônimo disse...

Para indignación de outras persoas, os do Tirso descubriron un truco. Agora o que fan é infundir rumores e despistar á xente que, incrédula de todo, prepara os temas que lles din.
Algúns rumores foron:
1. Que ía caer un texto sobre De Juana Achaos en Lingua Castelá. TROLA TOTAL!
2. En Filosofía aseguraban que preguntaban Platón ou Aristóteles. CAEU MEDIA GALIZA POLA SÚA CULPA!
Etc. Etc.
Ademais de "pijoteros", mentirosos! Menos mal que a min non me pillaron...

Anônimo disse...

Esta páxina web está a sufrir a censura, como é moi típico neste país. Gustaríame publicar o comezo deste artigo que foi gravemente modificado, recortado e manipulado.

O texto orixinal comezaba así:
"Resulta que corre o rumor que os alumnos de certo centro educativo ferrolán, do que todo o mundo ten información (e non precisamente favorábel), tiñan algunhas das preguntas do exame de Selectividade. Pero todos sabemos que isto non é a primeira vez que pasa. De feito, xa no ano 2004 o día anterior circularan exames por Ferrol que proviñan desta escola, o cal levantara unha grande polémica e pódense comprobar as denuncias impostas por varios centros, entidades e incluso particulares afectados.

Deixando a parte estes presuntos comentarios e faladurías probábeis, o que si é certo é que os alumnos deste colexio privado acadan unhas medias fabulosas e mesmo aproban sen pasarse por clase. Iso si... como é posíbel que ao chegar á Selectividade saquen 4 puntos menos segundo a estatística? As matemáticas son unha ciencia perfecta."
[...]
Grazas e espero que expresedes o voso desacordo a través de correos electrónicos e comentarios en contra do administrador. Saúdos.

Anônimo disse...

Conseguín a obra íntegra e sen censura. Así comprobaredes como se manipula a información descaradamente...

"Resulta que corre o rumor que os alumnos de certo centro educativo ferrolán, do que todo o mundo ten información (e non precisamente favorábel), tiñan algunhas das preguntas do exame de Selectividade. Pero todos sabemos que isto non é a primeira vez que pasa. De feito, xa no ano 2004 o día anterior circularan exames por Ferrol que proviñan desta escola, o cal levantara unha grande polémica e pódense comprobar as denuncias impostas por varios centros, entidades e incluso particulares afectados.

Deixando a parte estes presuntos comentarios e faladurías probábeis, o que si é certo é que os alumnos deste colexio privado acadan unhas medias fabulosas e mesmo aproban sen pasarse por clase. Iso si... como é posíbel que ao chegar á Selectividade saquen 4 puntos menos segundo a estatística? As matemáticas son unha ciencia perfecta.

E, mentres tanto, nós, os fillos de obreiro e estudantes da ensinanza pública, temos que pelexar pola media e conformarnos con acadar un suficiente. Na pública os profesores tiveron que pasar unha oposición e a maioría son diplomados ou licenciados. Por outra banda, non nos encontraremos enxeñeiros dando clases de inglés ou avogados impartindo física. O caso é que moitas veces poderían ser un pouco menos “tacaños” coas notas, sabendo que necesitamos medias altas para poder estudar nas carreiras máis desexadas. Pero isto non vai ser así porque, entre outras cousas, non reciben subornos por parte dos pais/nais do alumnado, tiveron que sufrir durante a súa etapa de estudantado, teñen coñecementos na materia e dan todo o temario...

De seguirmos así, e, mentres a educación concertada siga recibindo subvencións de dubidosa legalidade, tendo influenzas na Consellería, mellor material que nos centros públicos e un longo etcétera, moitos fillos de obreiro non poderán ser cualificados con xustiza e nunca se acabarán as desigualdades sociais. Porén, as empresas non son parvas e buscan ao que sabe e non ao que viviu de rendas.

Uns centros financian a outros (véxase a cantidade de academias de ensinanza regrada que teñen presenza nos diferentes puntos da nosa xeografía), a ensinanza privada infrinxe leis gravemente (compróbese como non respecta as datas dos exames nin as sesións de avaliación e reclamacións, etc.), teñen infiltrados na administración para obter favoritismos...

Como bo Bardo, debo dicir o que vai a pasar de seguirnos así por moito tempo:
“As desigualdades sociais non so van a seguir, senón que se van incrementar notabelmente pouco a pouco. Os universitarios volverán ser unha elite social como eran hai cincuenta ou sesenta anos e o fracaso escolar cada día será mais elevado. No tocante á ensinanza privada, prefiro non falar desa chapuza”"

Anônimo disse...

Sufrín ameazas polos comentarios. Parece que a xente deste blog está vendida ao capital.
Bardo onde estás?
NEI onde está?
Está vendido ao capital!

Anônimo disse...

Disque NEI vaise aliar co PP se sae algún día as eleccións. Ao parecer son medios chaqueteiros. Bueno, máis ben chaqueteiros enteiros...

bardo do vinho disse...

Dende logo, este meu axundante enfadado... XA CHE DIXEN QUE EU NON PODO ACUSAR A NINGUEN(SEN PROVAS), e cando fago iso arriesgome polo que so o fago cando esto de veras anoxado, claro que no artigo non colguei o dato en concreto pero non me opoño a que espreses a tua opinion, de existir censura non seguirian a aparececer os teus coments.
Que eu non repita integramente o que me dis non quere decir que te censure simplemente que interpreto a informacion o meu xeito de escribir.

un saudo, e haber si somos menos cazurros cos temas xd.

Anônimo disse...

Debería comparecer, dar unha rolda de prensa ou publicar un simple comunicado Bardo do Vinho para aclarar toda esta polémica e explicarse. Non si?

Anônimo disse...

O que pasa é que non te atreviches cos grandes. Acobárdaste ante esas institucións porque ti seguramente vaste cambiar e vas pertencer ao sistema. Penoso...

bardo do vinho disse...

DEPOIS DE CONSULTAR CUN ASESOS XURIDICO, EXPOÑO O SEGUIENTE
Ante as diferentes opinións e comentarios vertidos na páxina web A Cova Céltiga ultimamente, teño a ben aclarar os seguintes puntos:
1º. - Non se aplica censura neste sitio nin entra na política de redacción.
2º. - NEI xamais pactará con partidos non aditos ás súas ideoloxías.
3º. - Os artigos foron modificados lixeiramente para non criticar a certas institucións con enormes poderes.
4º. - En ningún caso se pretendeu xerar tanta polémica.

Sen nada máis que comentar, agradézolles a súa colaboración e envíolles un saúdo.



XDXDXD(son cousas serias, esnerio x este tema xa parau o cachondeo)

Anônimo disse...

Señores, últimamente hemos estado presenciando un penoso debate en lo que a estos sitios se refiere. Verdaderamente partidos de ideologías "tambaleantes" y que se inclinan como un barco en una tempestad, no sirven para gobernar. Partidos como NEI hacen que estemos cansados de tantos excesos de talante.

Sin lugar a dudas, la única alternativa fiable en este país es el PP. Un saludo a todos.

Anônimo disse...

Como puidestes apreciar en ocasións anteriores, colaboro co administrador deste sitio en diversos artigos e bríndolle asesoramento técnico, xurídico e de infraestructuras.

Simplemente comentar que o directivo da páxina tivo medo ao facer públicas estas informacións porque, aínda que son bastante evidentes e hai probas que as verifican, non o puido comprobar de primeira man (polo momento).

Porén, podedes observalo nos comentarios para que as culpas non lle perxudiquen a el personalmente. En ningún momento se citou ningún centro concreto e ademais, as conclusións derivadas unicamente son especulacións.

Rogo polo tanto, algo de paciencia e comprensión, xa que estou seguro que os que algún día vos encontredes con casos deste estilo, ides comprender a situación. Grazas.

Anônimo disse...

Pedimos, xa que logo, perdón publicamente aos administradores e encargados do sitio, pero rogámoslles que non se acobarden ante tales ilegalidades que os que cometen os delitos son eles e non os que os investigan e os sacan á luz. Saúdos.

Anônimo disse...

Ai, oh! Poucos comentarios hai por aquí...

Anônimo disse...

estudie hace años en el tirso de molina y creo que lo que aqui estais poniendo son acusaciones muy graves. a lo mejor es que teneis celos de que sacamos mejores notas que vosotros. si es asi deberiais retirar esto.

Anônimo disse...

En primeiro lugar, demostrar ser unha persoa pouco respetuosa ao non manter a lingua desta páxina web. Da mesma forma, gustaríame informarche que en España, hai liberdade de expresión, o queirados ou non os que pretendedes reprimir ao pobo. Dicirche que hai probas que o demostran como fotografías ou declaracións. Así mesmo, non é unha casualidade que a xente acerte case todos os años as preguntas dos exames en media Galicia critique esos centros. Se tes algo mais que dicir, será ben recibido e trataremos de xustificalo, porque o que aquí se di, soe ser bastante fiábel e certo. Non poñemos cousas sensacionalistas por poñer.

Avanti Popolo!!