sábado, 23 de junho de 2007

Parece que xa chegou

A nova estación comeza, as fogueiras arderan esta noite e as sardiñas xa están listas para ser comidas a carón do lume purificador, os que podan farán unha queimada cos amigos, os que non saben facela conformaranse cun pouco de kalimocho para axudar a aguantar este día tan largo.
No pais veciños, os nosos irmáns correran pelas travesas con martelos de xoguete para darse na cabeza e allo macho, os namorados regálanse Manjericos con coplas amorosas cravadas cun alfiler e todo o Porto vivirá unha festa na que a xente invadirá as beirarrúas e na que os cachorros e as bifanas serán comidas por miles.
En troques nesta cidade gris tan só haberá catro ou cinco fogueiras demasiado grandes para poder ser saltadas, teremos que ir a batallón a mirar como arde unha fogueira colosal pero inútil e os bombeiros a apagarannos as nosas pequenas fogatas e ata nos multarán se non temos permiso.

So desexarvos que teñades un bo San Xoán e os que poidades recoméndovos que para o ano que o pasedes no Porto, merece a pena.

3 comentários:

Anônimo disse...

Tiñas por aí un artigo relacionado coa educación, non é? Cando o vas colgar?

Anônimo disse...

Vaia merda de blog! Antes falabas de cousas interesantes en non de turismo nin parvadas. No canto de dar cumpridos, fai o favor de tratar temas de interese cidadán. Gustaríame tamén de paso informarvos que na canle 1 de TVE botan un interesante programa chamado "El ojo público del ciudadano" de investoigación periodística para sacar á luz os problemas máis escuros deste corruto país.

Anônimo disse...

Vaites, seica non te atreves a colgar os artigos? Isto xa comeza a parecerse ás sedes do PP, toda unha montaxe...

Avanti Popolo!!