quarta-feira, 8 de agosto de 2007

POR QUE A MONTARON?

E que o ruido que tratan de facer os que estan en contra do concerto do sábado parece que esta orixinado por "un grupo moi reducido de persoas" que descontentas cos resultados das últimas elección empregan o tema do terrrorismo para atacar o goberno local.

A xente que esta agora a poñer comentarios e mandar e-mails por leer unha letra dunha canción sacada de contesto deberia darse conta de que se os cantantes foran terroristas como se dia hai tempo que estarian detidos e o concerto sería censurado como o foi a revista o jueves pois hoxe en dia os xuices son moi serios respecto a ese aspectos. LOGO POR QUE MONTAN TANTO RUIDO? POR QUE TRATAN DE FACER RUIDO? por que ruido o que se di ruido non estan a facer xa que se nos fixamos son catro gatos enfadados e emperrenchados e por iso hoxe non teño ningunha dúbida de que o concerto vai a ser todo un éxito.

O que máis me enfada hoxe e que mentras que cando o alcalde se subiu o soldo un 70 por cento nadie protestou agoran a oposicion si tomou partido. Por que calaron? esta claro que todos os politicos calaron por que habia cartos por medio e agora que hay votos o pp toma a palabra para tratar de acadar un exito nas vindeiras eleccións un saudo e dende logo que pensar que onte me preocupou o do boikot... tranquilos que creo que teremos un concertazo.


pd: xa se que seguramente non lea ninguen e menos de EU isto pero si houbera algun de eu que lera isto decirlle que lle agradezo moito que nos traian a este grupo tan bo pero que non me esquezo que non dixeron nada cando Irisarri subiu o soldo un 70 por cento. Penso que un membro do pc ou calquera que se considere socialista xa sexa cientifico ou non debería loitar contra as desigualdades socias e penurias do proletariado en troques de favorecelas co seu silencio pois con eses cartiños poderianse facer moitas cousas polos máis desfavorecidos da comarca.

6 comentários:

Anônimo disse...

Mira, tes que comprender unha cousa. Irisarri traballaba de enxeñeiro nunha grande empresa, logo si deixou o seu emprego, non vai gañar menos. Juan Juncal tiña un soldo tan pequeno porque vivía da corrupción e das licenzas ilegais, pero Irisarri, vai procurar facer as cousas ben e vai rechazar os subornos. No tocante a EU, é pésimo este partido. Xente sen formar absolutamente, polo que non teño nada que dicir.

Anônimo disse...

Penso que a politica debería ser un traballo vocacional e non unha forma de facerse ainda que penso que son poucos os politicos que pensan coma min e nen moito menos vexo xustificada esa subida do soldo e menos no primeiro trimestre de lexislatura.

Anônimo disse...

Vocacional sí, pero tamén hai que comprender que un bo político debe gañar os cartos limpamente. Non serve de nada cobrar pouco se logo concédense licenzas a toda costa para chupar máis cartos.

Anônimo disse...

Penso que co que co soldo que tiña en principio xa cobraba o suficiente, moita xente honrada cobra menos cartos e sen embargo non rouba, por que o tería que facer ese señor?

Anônimo disse...

Porque tivo que esforzarse moito pra chegar a ese posto. O capitalismo é un sistema nos que os mais intelixentes trunfan. Logo se non premiamos as persoas con dilixentes e con grandes ideas, o sistema vaise ao carallo.

Anônimo disse...

jaja, o capitalismo é iso? meu querido amigo estas moi equivocado o capitalismo consite en que catro señores vivan ben a conta de explotar os máis e a hora de ser explotado de nada serve a intelixencia se nos negaron unha educación digna

Avanti Popolo!!