Introducción do tema:
¿Que son as “toupiñas”?
A toupiña campesiña, protagonista indiscutible ata hai pouco tempo dos telexornais de tódalas cadeas, é un pequeno roedor. Pertence a familia dos múridos e o seu nome científico é Microtus arvalis, é un pequeno roedor herbívoro que vive en pequenas toupeiras a escasa profundidade. Come bulbos, tubérculos, raíces, talos, diversos froitos e mesmo cortizas de árbores.
Moitas especies de carnívoros son depredadores naturais das “toupiñas”:raposos, aves rapaces, donicelas e serpes. O “topillo” ten unha xestación corta, vintecatro días, e soe parir de dúas a once crías por vez. A lactancia tamén é curta, dúas semanas así como o período de madurez. Polo que pese a ser unha especie R estratego é dicir, que coida das súas crías e necesita unhas condicións de vida favorables, ten un ciclo de vida bastante curto en comparación co noso, xa que vive unha media de dous anos.
Como outras moitas especies de roedores presenta un equilibro dinámico xa que cada certo tempo prodúcense fluctuacións de N entorno a K(aumento do número de espécimes da poboación achegándose ao límite de espécimes que pode soportar o ecosistema), dende o punto de vista obxectivo iso é o que pasou este ano.
¿Que ocorreu en Castela-León?
“
Os roedores provocaron grandes perdas económicas na colleita deste ano, os agricultores pola súa parte trataron de erradicar a praga con métodos tan extremos como o envelenamento, a queima de herba seca, microexplosións en cada unha das toupeiras, arados que mataban os roedores e ata un concurso de frautistas que trataron de repetir o que conta a o conto do Frautista de Hamelin pero non tiveron éxito.
¿Que vai a pasar o ano que ven?
Os agricultores pensan que salvo que o inverno sexa duro as toupas volverán a ser un problema o ano que ven, xa que se o frío non as mata a súa poboación aumentará.
O tema exposto dende o punto de vista naturalista:
As ciencias tratan de descubrir a orde que rexe a natureza e, así poder realizar predicións sobre a súa evolución. Para levar a bo termo este obxectivo, utilízase unha metodoloxía coñecida como Teoría Xeral de Sistemas. Empregando esta teoría este sería o esquema do campo castelán omitindo moitas outras especies que neste momento non me interesa ter en conta obtemos o seguinte diagrama de relacións entre os elementos do sistema:
SISTEMA: TERRA DE CAMPOS
As relacións entre estas variables neste caso son de dous tipos:
RELACIÓNS SIMPLES:
-Se aumenta o número de terreo en cultivo aumentará o número de herbívoros.
-Se aumenta o número de herbívoros aumentará o número de carnívoros.
-Se aumenta o número de herbívoros diminuirán os cultivos.
-Se aumenta o número de carnívoros diminuirán os herbívoros.
Relacións complexas;
-Se aumenta o número de carnívoros aumentará o número de cultivos, se diminúe o número de cultivos diminuirá o número de carnívoros( retroalimentación positiva)
¿Por qué ocorre o desequilibrio dentro do sistema?
Como dixo o presidente de Greenpeace nunha entrevista “...é curioso que estea en tódolos medios que as “toupiñas” causan graves perdidas para os campesiños pero non se coñece a outra noticia: que a colleita de Valladolid se duplicara este ano con respecto o ano anterior. Hai que ver as cousas no seu contexto para poder realizar unha valoración máis adecuada”.
Pese a que a fluctuacións das “toupiñas” e normal,o sistema desequilibrouse debido a que os agricultores non só aumentaron os terreos de cultivo, senón que o envelenamento das “toupiñas” provocou a morte de moitos exemplares das especies predadoras destes roedores. Ao non ter predadores as “toupiñas” aumentaron en pouco tempo o seu número sen que houbera ningunha medida natural para corrixilo.
Este é un grave problema para o campo de Castela e un indicio máis de nos debemos esforzar por acadar unha economía sostible co medio. O que nos parece as veces unha simple praga adoita a non ser máis que o resultado do desequilibro do sistema.
¿Como frear, unha vez se rompe o equilibrio do ecosistema, a praga das “toupiñas”?
De nada serve poñer veleno nos campos, xa que se facemos isto mataremos os poucos predadores de roedores que quedan. A solución deste problema podémola atopar no oeste de Francia onde a coexistencia de campos cultivados con zoas de arbustos e árbores (bocage) diversifica o medio, ofrecendo abrigo e alimentación aos predadores(raposo, mustélidos e aves rapaces), que axudan en boa medida a estabilizar e controlar as pragas cíclicas, De feito, sabedor desto, xa a finais do século XVI un duque de Baviera promulgou varios decretos suspendendo a caza do raposo durante as flutuacións periódicas das “toupiñas”.
Actualmente a poboación de predadores da meseta é escasa como resultado do envelenamento, caza abusiva e destrución dos espazos que esas especies necesitan para poder vivir polo que cando ocorre unha fluctación de “toupiñas”-como hai pouco- estas non son capturadas polos predadores e seguen comendo e reproducíndose.
CONCLUSIÓN:
O actual sistema de agricultura da meseta peninsular é insostible. As enormes extensións de campo están provocando a desertización do medio. O problema das “toupiñas” non é mais que un claro exemplo de que non podemos seguir con este modelo económico.
O ser humano ten que tratar de vivir en equilibrio co medio;acadar este obxectivo é o traballo dos activistas medioambientais, xente que día a día traballa para salvagardar o medio, obxectivo que todos debemos intentar conseguir. O home, a diferenza do que adoita a pensar, non é o dono da natureza, senón máis ben ao revés.
6 comentários:
En resumen, mucha pedanteria, pero no propones nada en limpio para subsanar el problema.
Vaia ,vaia. pero anónimo de que vas ti chaval? Mira nun diccionario o significado de "PEDANTE" e de paso miras tamén o de "ENVEXA" , ah se miras nun de español dese "ENVIDIA" tontín que es totín.
Ti nin caso Bardo, Parabéns.
sinverguenzas que no respetais a los que hablamos otros idiomas. fascistas!
Pero personiña non te enfades, vaia,vaia hai xente de insulto fácil, de que ideoloxía será, será?.O de tontín era cariñoso,e non se referia ao idioma que empregas, ti non ves que algúns somos moi listos e sabemos perfectamente varios e ademais non odiamos ningún. Referíase ao feito de que non está no poder do que escribe o artigo o feito de dar solucións a un problema que non é algo individual senón colectivo.
Ademais non ofende quen quere senón quen pode así que o de "fascistas " a min nin me roza, porque será esa palabra tan querida por algúns que a empregan tan a miúdo? Talvez tamén deberías mirar o seu significado nun diccionario, ademais mira que ben serve calquera dos dous idiomas oficiais de Galicia porque é común aos dous. Tranquilidade non vaia ser que che dea algo, Isto é un foro democrático e se ti chamas pedante sen razón tes que saber escoitar tamén opinións sobre as túas apreciación s por outro lado un tanto gratuitas. Unha apertiña.
O dito Bardo Parabéns!
Unha apertiña
Debería propor algo máis claro. O artigo está ben redactado porén. Felicidades.
Ben, esta última intervención xa me parece máis correcta,xa que amosa una opinión persoal e cadaquén é libre de opinar pero sempre con respecto. De todas formas lembro que o "Bardo do viño" explica no seu perfíl que é "un adolescente con inquietudes..." pois ben, non é a súa misión dar solución a determinados problemas ,bastante fai con velos e expoñelos para transmitírllelos a outros adolescentes coma el , que serán os adultos dun mañá inmediato e daquela sí terán que tentar subsanar certos problemas.
AH outra cousa , o que escribe isto é o mesmo que o anónimo que aparece en segundo e cuarto lugar, e non ten nada que ver co Bardo.
Penso que el nin sospeita quen son.
Unha aperta.
Postar um comentário