Penso que non,son tantos coma sempre, soamente que ultimamente estanse a mobilizar máis ca nunca.
Hoxe, día 20 celebrarase no “Valle dos Caídos” en Madrid o funeral por Franco, Paquiño Voz de Pito ou como lle queirades chamar. Este é o último ano que se celebraran legalmente actos abertamente fascistas na conmemoración da morte do ditador.
Xa pasaron 32 anos dende a morte do máximo artífice do asasinato de miles e miles de galegos asi como o culpable do retroceso dos dereitos dos obreiros acadados tras anos de loitas sindicais. Pese a iso hai xente que non o ve como un criminal.
Pasaron xa 32 anos e de seguro que se existe un Deus. Debe levar uns 32 anos ardendo no inferno, o que e pouco, pois de seguro que a xustiza divina lle ten reservada a cadea perpetua. De nada servirán as moitas misas que se lle fagan, nin os cartos que puxera en mans da igrexa; el esta sentenciado pois ninguén o pode librar da xusta sentenza.
En canto aos seus seguidores que seguen a ser miles, todos eles merecen o noso desprezo, son xente que non recoñece nin os dereitos humanos nin que outra xente sexa diferente a eles. Penso que algúns non o fan guiados pola malicia, simplemente é quen non son ben. Pero aínda
que algúns o fagan por iñorancia non llelo podemos consentir.
O pasado sábado máis de cen antifascistas recorremos as rúas de Ferrol pedindo a ilegalización destes grupos de fanáticos que non aceptan que a xente ten o dereito a vivir dunha forma diferente a que eles creen correcta. Tan só éramos cen, como e posible isto? pois porque pese a que non vexo o motivo os partidos maioritarios de esquerdas non acudiron en masa a manifestación. Así como tampouco o fixo a maioría da mocidade que día a día di pertencer a unha determina ideoloxía política pois moitos revolucionarios de boquilla son en realidade fascistas, de novos levan a insignia da anarquía ou a fouce pegada na mochila pero cando chegan a certa idade compórtanse como os burgueses que son. Teñen eles a culpa? penso que non, a culpa e da sociedade que así os educa e que esta a converten por exemplo ao Che en tan só unha marca comercia.
Destas máis de cen persoas había novos e vellos, homes ou mulleres, pobres e ricos, galegos e nos galegos. Pero o que máis me chamou a atención foi a variedade de ideoloxías políticas: marxistas, anarquistas e mesmo algún que outro votante de centro. Pois a manifestación pese o que digan non era de xente radical, tan só eramos uns cidadáns indignados pedindo xustiza.
En todo momento fomos seguidos por un coche patrulla pero en ningún momento houbo actos violentos pois son eles, os fascistas, os verdadeiros terroristas. Pese os esforzos da extrema dereita de facernos quedar de vándalos que non respectan as normas sociais e uns marxinados, non poderán cambiala realidade.
Hoxe veremos actos organizados cun único obxectivo, amedrentarnos, pero non o han conseguir, pois aínda que os creemos capaces de calquera cousa para impoñer a súa vontade, sabemos que o lume que alampea xamais será vencido por moi forte ca sopren, por moito chumbo que nos boten nin nos renderemos nin soltarémola fouce.
6 comentários:
Vivis en los tiempos de franco y on os dais cuenta que ya pasaron y ahora hay que mirar al futuro
Non entendo o que me queres dicir, acaso me negas que hoxe en dia haxa fascistas? acaso me negas que debemos defender a liberdade?
dejaros de tonterias. teneis la posibilidad de formaros y de vivir en armonia. si trabajais duro llegareis lejos. teneis mas oportunidades que nunca y os quejais
A xente que esta en contra do sistema van facer que vivamos nunha sociedade distopica con vandalos, imigrantes ladros
Enfín, non borro os menasaxes por nor perder o tempo pero pareceme unha pena que continue habendo xente así.
Gustoume o artigo pero non debes de poñer esas imaxes porque hai quue tamen respectar as outras opinios
Postar um comentário