sexta-feira, 27 de junho de 2008

Rebel Songs

Rebel Songs:

Os Rebel Songs é un xénero de música propio de Irlanda. Son cancións de ritmos Folk que en ocasións teñen influencias punk, rock, oi ou mesmo ska. Pero o que caracteriza a este xénero musical son sobre todo as súas combativas letras. Letras dunha crudeza moi explícita e nas que se critica por un a represión británica.


Son moitos os grupos irlandeses que tocan este tipo de música como Wolfstone, Celticwarrior ou The Dubliners. Pero tamén moitos grupos europeos así como americanos cultivaron este xénero musical para homenaxear a loita irlandesa. Así Skalariak con “Corazón Rebelde”. Banda Bassotti que canta o “Sam Song” e “Go On Home British Soldiers” ou mesmo Xenreira, grupo de rock brabú-ska dos 90 que no seu único disco ten unha canción que é un claro exemplo de rebel song.

Por certo, Banda Bassotti vai actuar en Boiro o día 5 de Xullo, para todos os que poidan ir decirlles que se pasen polo concerto. O grupo ten un gran nivel musical e os seus directos merecen a pena. O disco que están a publiciar chámase “Viento, Lucha y Sol” disco que é o seu último traballo.

Déixovos un exemplo de Rebel Song coa letra traducida:


Ide para casa soldados británicos.

É que non tedes fodidas casas de voso?

Durante oitocentos anos levamos combaténdovos sen medo

e combateremosvos por oitocentos anos máis.


Se vos quedades, soldados británicos, se vos quedades

Nunca feridedes ao IRA

Os corenta homes de Derry son os ultimos que mataredes

Así que marchade dunha vez


Ide para casa soldados británicos.

É que non tedes fodidas casas de voso?

Durante oitocentos anos levamos combaténdovos sen medo

e combateremosvos por oitocentos anos máis.


Non! Nós non somos británicos! Non somos saxóns, non somos ingleses

Somos irlandeses! É IMOLO DEMOSTRAR!

Por eso queremos que marche do noso país a vosa podida Union Jack(bandeira británica)

Queremos ver de novo unha Irlanda ceibe .


Ide para casa soldados británicos.

É que non tedes fodidas casas de voso?

Durante oitocentos anos levamos combaténdovos sen medo

e combateremosvos por oitocentos anos máis.


Ben, estamos combatindo aos britanicos pola nosa causa.

Nos nunca nos inclinaremos ante os soldados porque

Sabemos que o noso destino foi nacer para ser ceibes

Por iso conseguiremos que marchen os bastardos británicos.

segunda-feira, 23 de junho de 2008

Contra a directiva das 65 horas semanais, contra a escravitude capitalista

Os dirixentes sindicais deben convocar xa unha FOLGA XERAL EN TODA EUROPA

1. Só quedará tempo para traballar e durmir, como no século XIX.- Os ministros de Traballo dos 27 Estados da Unión Europea aprobaron o pasado 9 de xuño unha directiva que legaliza a xornada semanal de 60 horas; no caso de determinados colectivos ampliaríase a 65 horas. Como as 60-65 horas calcúlanse como o promedio de tres meses, a xornada laboral semanal podería chegar ata 78 horas, xa que o único que se garante son 11 horas de descanso diario. Esta Directiva é un ataque salvaxe, frontal e histórico contra a clase traballadora. Os capitalistas queren volver impoñer e legalizar as condicións laborais do século XIX.

2. Peor do que parece.- A directiva non só contempla o brutal incremento das horas de traballo, implica cousas moito peores. Segundo a Directiva o empresario poderá acordar individualmente cos traballadores a xornada laboral, á marxe do pactado nos convenios. O texto impón, polo tanto, a individualización das relacións laborais. Trátase dun ataque directo á unidade dos traballadores, á loita colectiva e ás súas organizacións. Ademais, esta Directiva non vén soa. É parte dunha ofensiva xeneral e ruidosa contra os salarios, as pensións, os gastos sociais, pola privatización de todos os servizos públicos, etc.

3. Cinismo patronal.- Calquera traballador sabe pola experiencia dos últimos anos, e ademais está probado estatisticamente, que significa o incremento das horas de traballo: máis accidentes laborais, máis enfermidades físicas e psíquicas, deterioro das relacións sociais e familiares, falta de tempo para a cultura, o deporte, etc... Malia que iso é evidente a Comisión Europea cualifica a nova lei "como un gran paso adiante para os traballadores europeos". A patronal catalá, nun exercicio de cinismo ilimitado, afirma que "en realidade é unha medida garantista", posto que introduce un tope de 60 horas. O presidente da CEOE, Díaz Ferrán, considera que " se interpretou mal" a directiva europea. A toda esta cacicada non lle importa para nada a vida dos traballadores, só lles preocupa unha cousa: preservar os seus multimillonarios beneficios en tempos de crises e de competencia salvaxe entre capitalistas.

4. Opúxose o goberno de Zapatero?- O goberno de Zapatero di opoñerse á directiva, pero de entrada o ministro Corbacho nin sequera votou NON na reunión de ministros europeos de Traballo onde se discutiu a directiva: abstívose. A calma do goberno do PSOE respecto da ampliación da xornada a 65 horas é fácil de entender pois é unha medida que vai na mesma dirección que os fundamentos da súa propia política social e económica: man dura contra os inmigrantes, contención salarial, redución de impostos para os ricos, incremento da tarifa eléctrica e dos impostos indirectos, etc. Como o goberno aceptou a lóxica do capitalismo a súa política non pode ser moi distinta á que aplican os gobernos de dereitas. De feito, conforme a crise faise máis evidente e os capitalistas presionan máis duramente para que se tomen medidas contra os traballadores, máis tira para a dereita política do goberno.

5. Dirixentes sindicais: basta xa de escusas para non facer nada!- Os principais dirixentes de CCOO e UGT dedicaron duras palabras á Directiva das 65 horas, cualificándoa como o peor ataque aos traballadores desde a creación da Unión Europea. Con todo, na práctica non están facendo nada. Ata hai que facer un esforzo moi serio de procura nos medios de comunicación e para saber que opinan. Non só non están propoñendo un plan de acción concreto senón que nin sequera están facendo unha campaña informativa nas fábricas, traballos e oficinas. Non parece que isto estea á altura dun ataque que, efectivamente, é histórico.

A cúpula de CCOO e UGT está centrando todas as expectativas no Parlamento Europeo, no que "confían" e ao que "piden sensibilidade". ¿E que razón hai para confiar nun Parlamento onde a dereita ten a maioría e que acaba de aprobar unha directiva salvaxe contra os traballadores inmigrantes, apoiada ata polos parlamentarios do PSOE? O único xeito real de obrigar á burguesía europea a retirar a directiva das 65 horas é mobilizando de forma contundente e unitaria aos traballadores de toda Europa.

6. Malestar social e disposición á loita dos traballadores.- A convocatoria dunha folga xeral de 24 horas pola retirada da Directiva das 65 horas sería recibida con entusiasmo polos traballadores de toda Europa. Está habendo mobilizacións obreiras e folgas masivas en todos os países de Europa que a prensa oculta deliberadamente: en Francia, en Portugal, en Grecia, en Dinamarca, en Suiza, só por mencionar os máis recentes. Ata na Gran Bretaña e no Leste europeo, logo de moitos anos, está habendo un repunte das loitas. Se a maioría de gobernos en Europa son de dereitas, non é pola debilidade dos traballadores, é polo fracaso dos gobernos socialdemócratas que son capaces de ofrecer unha alternativa ao desemprego, á precariedade, á perda do poder adquisitivo, etc. Pero, por abaixo, o ambiente de malestar social e disposición á loita é xeral. Aquí no Estado español, segundo datos da CEOE, medio millón de traballadores participaron en folgas no primeiro trimestre do ano, cun incremento de máis do 70% de horas perdidas. asistimos a folgas moi masivas entre o profesorado, o sector da limpeza, traballadores de Xustiza, e outros sectores tamén afectados pola crise como os transportistas autónomos, etc. Hai ambiente e forza para frear a directiva, os dirixentes sindicais teñen que deixar de poñer escusas para non facer nada, é necesario lanzar a convocatoria de folga xeral europea desde xa.

7. ¿Que se pode esperar do novo pacto social? - Facer fronte de forma consecuente contra a directiva europea implica un cambio total de política sindical. Os dirixentes sindicais están dispostos a reeditar un pacto social que en tempos de crecemento económico, é dicir, nas mellores condicións económicas posibles baixo o capitalismo, significou máis desigualdade social, perda de poder adquisitivo, superbeneficios impresionantes para unha minoría insignificante da sociedade. Se isto foi así en período de "vacas gordas", ¿que podemos esperar os traballadores do novo pacto que están negociando a CEOE, o goberno, CCOO e UGT en tempos de crises? É indignante que nunha situación de deterioro acelerado das condicións de vida dos traballadores pola crise (inflación, desemprego, deterioro da sanidade e a educación, incremento das hipotecas, etc...) os dirixentes de CCOO e UGT digan que afrontan a negociación co goberno e a patronal "sen un catálogo reivindicativo". Mentres, a CEOE está á ofensiva e non se anda con titubeos: quere unha nova reforma laboral, moderación salarial, redución dos gastos sociais, menos impostos para os empresarios, etc.

8. Sindicalismo combativo, máis necesario que nunca.- A cúpula de CCOO e UGT di que o pacto social é "máis necesario" en tempos de crises, coma se todos estivésemos "no mesmo barco" e a experiencia dos últimos anos pasase en balde. Pero iso non o pode defender ninguén salvo que estea completamente afastado das condicións e o ambiente real que viven a maioría dos traballadores ou que estea profundamente comprometido cos intereses do capital. Moitos dirixentes naturais de CCOO e UGT non pensan o mesmo, e non digamos a maioría de afiliados. O que é máis necesario que nunca é recuperar os sindicatos como instrumentos de loita contra os plans da patronal. Calquera nova reforma laboral, recorte de gastos sociais ou calquera outra retroceso que impulse a CEOE e o Goberno debería ser respondida cunha folga xeral de 24 horas.

9. O capitalismo non serve. Por unha Federación Socialista de Pobos de Europa.- En pleno século XXI, cun desenvolvemento da tecnoloxía, dos coñecementos e dos medios de produción que non teñen precedentes na historia da humanidade, o programa dos capitalistas é volver ás condicións sociais e laborais do século XIX. Apenas estalou a burbulla especulativa sobre a vivenda, empeza a especulación das grandes fortunas sobre os alimentos. Fálase moito de crise, de fame, de desemprego, pero parece que aquí non haxa culpables, ou que todos estes síntomas sexan inevitables. Isto non é verdade. Si, hai alguén que está á fronte de sistema social que só ofrece explotación, fame e miseria: os capitalistas, os grandes monopolios, a Banca, que son os que controlan as nosas vidas. Por iso, a loita por mellóraa das nosas condicións de vida está completamente ligada á loita polo Socialismo, no que os medios de creación de riqueza, a organización do traballo e do noso tempo estean baixo control dos traballadores, da maioría da sociedade, e non dun puñado de parasitos. A única Europa próspera, sen racismo, onde todos os pobos vivan en paz é unha Europa Socialista, dentro dun Mundo Socialista. Úneche á Corrente Marxista O Militante e loita connosco.
- Pola derrogación inmediata da directiva das 65 horas semanais
- Pola derrogación inmediata da directiva contra os traballadores inmigrantes
- Xornada laboral de 35 horas sen redución salarial
- Salario mínimo de 1000 euros a partir dos 16 anos
- Subsidio de desemprego indefinido ata atopar posto de traballo
- Contra a subida de prezos: escala móbil dos salarios
- En defensa da sanidade e da educación pública, basta de recortes e privatizacións

QUE SEXAN OS RICOS OS QUE PAGUEN A CRISE!

FRONTE Á OFENSIVA PATRONAL: FOLGA XERAL EUROPEA XA!

(traducido por Bardo)

Fonte: Declaración da Corrente Marxista "El Militante"

Man de ferro, luva de seda.

Se nos fixamos nas ultimas medidas aprobadas polo goberno “socialista” e as situamos noutra época, todos saberiamos situalas na rama de socialismo a que pertencen, o nacionalsocialista.


O que estou, que semella unha burrada, e soamente un resume do que esta a pasar. O goberno esta ditando impunemente medidas que blindan o seu concepto de democracia, na cal o único dereito é o de mercado. O problema é que a xente segue sen dicir nada, e non é xusto. Ao igual que loitamos no seu día contra o Decretazo e a LOU, hoxe é o día de loitar contra as 65 horas e o Plan Bolonia.


65 horas? 65 horas semanais? que é iso? Dígovos eu o que é, é explotación laboral en toda regra, explotación sen límites. Son unhas 11 horas de traballo diarios, se é que sigue existindo o descanso dominical.

Lei de partidos? que é iso? Unha forma de poder eliminar a todo partido político que desexe, unha forma de atacar con total liberdade aos que non pensan como eles.

Lei antiterrorista? que é iso? Unha forma de poder torturar aos “antisistema” ou a todo aquel que lles dea a gana. Unha forma de deter aos que clamar pola liberdade tratándoos de delincuentes.

Lei do canon dixital? que é iso? Unha forma de financiar aos grandes partidos políticos a través das grandes sumas que resumen as súas fundacións así como a forma de pagarlles aos pallasos por cantar “que viva España”.

Lei europea contra a inmigración? que é iso? Pois unha medida propia da Alemaña hitleriana ou da Italia de Musolini. Unha medida pola cal menores de idade van ser repatriados a países dos que non son orixinarios.

Darlles as grazas a todos os que fixestes voto útil. E aos que votaron a partidos minoritarios da dereita más radical dicirlles que non o pensen máis, o P$O€ é o voso partido. Outra creación deste partido, é un termino moi curioso:

“Medida garantista”:

Medida adoptada polo goberno para poñer límites a unha practica que xa se estaba realizando. Exemplos:

-Como hai países na unión europea que detiñan aos inmigrantes durante máis de 18 meses, a solución non é prohibir a retención de inmigrantes. Senón facer unha lei para que se teñan que deter durante 18(como máximo).

-Posto que nos países en desenvolvemento as xornadas laborais son moi grandes. A mellor forma de que os obreiros vivan mellor e permitindo que empresarios e obreiros poidan acordar de forma individual a duración da xornada laboral.

quinta-feira, 12 de junho de 2008

Barricadas que levantar.

Verdadeiramente hai moitas, moitas barricadas que levantar nesta encarnizada loita entre patronos e obreiros.

Como podemos ver a simple vista, non fai falla sen ningún experto, o noso nivel de vida está descendendo paulatinamente. Ao mesmo tempo, os estados europeos decretan medidas que reducen os dereitos do obreiros, como a futura permisión da xornada de 65 horas ou o futuro plan do PSOE de acadar a flexiseguridad(“menos restricións legais para a contratación e a rotación de traballadores; uns programas más xenerosos de desemprego , condicionados a potentes mecanismos e incentivos á formación para reintegrarse en el mercado de trabajo”).

Ante os sucesivos ataques ao nivel de vida dos obreiros os sindicatos maioritarios(UGT e CCOO) calan a boca, non deciden facer nada concreto. Pola súa banda CIG, e CNT xa emitiron sendos comunicados en contra da medidas que se están a tomar pero a sociedade actual mostra un total desprezo polo sindicalismo e acatan os as medidas reaccionarias.

Un causante deste antisindicalismo é a televisión, ese medio de masas de información reaccionaria. Nel ensínannos aos folguistas como viciosos violentos que só saben amolar e dáselles o papel de heroes aos esquirois. Son moitos os que pensan que Mariñeiros, Transportistas e Agricultores protestan por vicio, son moitos os que non saben que estes homes e mulleres fan xornadas laborais de 10 e 12 horas para cobrar uns míseros 800 euros.

Si é certo que os transportistas que están en folga non son empregados de ninguén e que forman parte da patronal. Pero verdadeiramente, máis que ricos autónomos son empregados de subcontatra. As grandes empresas contrátanos cuns prezos de miseria polas cargas, e eles teñen que pagar o seu seguro medico, o mantemento do camión, a seguridade social... Nunha palabra, son traballadores quese creen empresarios pero que o fin e o cabo seguen estando explotados polo gran capital.

Nesta sociedade todos queren explotar e todos son explotados por unha pequena minoría, esta falta de conciencia de clase é o que permite o continuo retroceso do nivel de vida. Ao home actual tanto lle ten o que lle ocorra ao seu veciño, e para que non se de conta o estado recorre ao clásico pan e o circo. De feito non é unha casualidade que esta medida das 65 horas de aprobe en Bruxelas mentres se esta a celebrar a Eurocopa.

Hai tempo non entendía por que a CNT durante o sistema turnista de principios de século empregaba a acción directa como método de protesta obreira, hai tempo pensaba que isto non era necesario. Persoalmente xa non sei, o que é ou non é mester, o estado esta reprimindo as protestas obreiras coma nunca e os nosos dereitos mingúan. Namentres, a sociedade esta preocupada por si Ana Obregón contratou ou deixou de contratar aos sonados Miami.


domingo, 8 de junho de 2008

¡REGANOSA, PIN PAN POOMMMMMMMMMMMMMM!

Desta vez fomos menos os que protestamos contra Reganosa, pero seguimos a ser moitos. A xente foi bastante puntual e as doce do mediodía xa eran moitos os que esta listos para se manifestar. O ambiente, pese a que foi festivo, non foi tan reivindicativo como outras veces xa que son moitos os que están cansos de protestar.

Pese a todo, a mensaxe foi emitida dunha forma moi clara, outra cousa é que lle fagan caso. Unha vez rematada a manifestación, na que moitos quedamos afónicos, os membros do CCE(Comité Cidadá de Emerxencia) deron un comunicado no cal se fixo unha homenaxe aos membros recén falecidos e tamén se falou sobre os veciños pechados no concello. Peche, que segundo os membros do CCE, rematou xa que se conseguiu que o alcalde se pronuncie acerca de Reganosa(iso hai que velo). En caso de que o PSOE mude de opinión e pase a defender aos seus votantes, serán tan só dous partidos de Trasancos os que non se mostren contrarios a Reganosa(o PP e o BNG), pero semella que o PSOE vai seguir apoiando a regasificadora(polo menos a nivel galego e estatal).

Na manifestación houbo presenza de diversos partidos políticos: Nos-up, IF, IU e o PCPG. A representación sindical limitouse a sempre combativa CNT, pois aínda que houbo xente afiliada a CIG non se empregou material do mesmo. En canto a organizacións xuvenís, a xuventude galega estivo representada por AMI.

Respecto a postura do BNG, parece ser que non hai interese en defender ao pobo, semella que pensa co bolsillo. De nada serve que a súa plana maior vaia as manifestacións do 1º de Maio se logo non nos defenden contra as grandes empresas. Verdadeiramente este partido levou a cabo unha transformación no pasado máis recente. Nun principio era un partido nacionalista de esquerdas, mesmo hai dentro del seccións comunistas(como a UPG) pero semella que os ideais de esquerda non lles eran rentabeis polo que decidiron mudalos.

Torrent, un exemplo a seguir.

Onte sábado estaba convocada na localidade de Torrent unha manifestación de marcado carácter racista polo grupo de ultra dereita “Alianza Nacional”. Esta convocatoria, baixo o lema contra "a ola de inmigración delictiva" foi legalizada e permitida unha vez máis polo goberno pese a que o horario e recorrido desta coincidía co dunhas actividades culturais do concello.

Ante a alarma, toda a cidade de Torrent uniuse contra o racismo. A alcaldesa mantivo unha reunión con portavoces de partidos políticos e membros de diversas asociacións para firmar un manifesto contra o racismo e a xenofobia; en total máis de vinte colectivos firmaron o manifesto ante o cal os fascistas trataron de facerse oír pegando carteis nas aforas da cidade.

Para mostrar unha postura unánime contra o racismo, convocouse unha contramanifestación. Pero o goberno non a autorizou. Pese a todo, os veciños decidiron mostrar ilegalmente a súa opinión.

Pese a gran presión policial, máis de duascentas persoas manifestáronse contra o fascismo. Esta manifestación foi literalmente secuestrada pola policía que trataba de protexer en todo caso aos neonazis, que eran moi inferiores en número. Os fascistas si se manifestaron e gritaron as súas consignas racistas, pero eran acalados por centos de voces comprometidas. Unha vez rematada a manifestación, a policía escoltou aos fascistas ata a estación de metro, pois a maioría viñeran doutras cidades. O sentimento da xente da contramanifestación era de alegría, ante a pasividade das autoridades foron os cidadáns os que tiveron que actuar sendo moitos os rapaces que se iniciaron neste acto na militancia antifascista.

Desta vez a policía si reprimiu a contramanifestación, pero non cargou como pasou a pasada sema en Madrid. Sen ningunha dúbida Torrent é un exemplo de como se debe actuar para demostrar o rexeitamento do racismo(dunha forma colectiva e non violenta), e tamén é un exemplo de integración racial dunha cidade na que de conviven 74,616 habitantes, dos cales 5,925 son inmigrantes.

Pero pese a que a policía non cargou mantivo unha clara postura represiva. En todo momento e mantendo unha postura agresiva foron moitas a identificacións que se produciron. Non sei cifrar pero penso que desta vez voltáronse a cumprir as cifras doutras veces: medio centenar de nazis, douscentos ou trescentos antifascistas e moitísimos antidisturbios que escoltan e protexen en todo momento aos verdadeiros violentos(como se pode ver nas fotos) Entre elas, esta foto tan simpática de como una axente identifica a “un violento antifascista”.

pd: Fotos da plataforma antifascita.


sexta-feira, 6 de junho de 2008

quinta-feira, 5 de junho de 2008

Vídeo sobre a Igrexa Católica.

A verdade é que de saber as cousas que ían facer no seu nome, tal vez Xesus pensabao dúas veces antes de facerse amigo de Pedro.


quarta-feira, 4 de junho de 2008

Galicia Bilingüe denuncia a AMI

Galicia Bilingüe denuncia a AMI(Assembleia da Mocidade Independentista) pola creación e publicación de VILINGUISMO, un curto animado e moi entretido que AMI fixo e subiu a rede o día das Letras Galegas

O vídeo esta en clave de húmor, e non me parece ofensivo, pero parece ser que Galicia Bilingüe non opina igual. Segundo informacións alleas a AMI a denuncia tal vez sería unha forma de facer propaganda a favor desta asociación tan polémica.


Coido que a mellor forma de protestar contra iste intento de censura é ver masivamente o vídeo, ou colgalo dende moitos blogs(tantos coma se poida) ou dende servidores tipo youtube,non sei que facer(hai que pensar algo)

Por certo mirando o video paréceme que o instituto ficticio chámase "IES Rosalía de Castro".

terça-feira, 3 de junho de 2008

Comunicado recibido do C.C.E.


Hoxe 3 de Xuño, ás 11 horas, varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, iniciaron un peche no Palacio Municipal de Ferrol.
Esta acción ten por obxecto o demandar da Corporación un pronunciamiento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior de Ría., así como o seu rexeitamento ás novas ameazas que se perfilan para a súa sostenibilidade e para a vida dos seus habitantes, detalladas no escrito entregado á Alcaldía que se reproduce a continuación


O CCE invita a cantas persoas e colectivos consideren oportuno apoiar esta iniciativa a manifestalo mediante visitas aos pechados no Concello, como xa o están a facer moitas persoas nestas primeiras horas de peche, ou comunicados públicos, mensaxes de correo electrónico ou calquera outro medio.

Oportunamente notificarase cantas novidades xurdan respecto desta situación, e unha vez máis recordar a convocatoria para a

MANIFESTACIÓN

Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas

Peirao de Curuxeiras – Ferrol

¡!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA¡!

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol

Sr. Alcalde:

No nome do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", decidimos pecharmos na casa de todos os ferroláns e ferrolás, co obxectivo de reclamar da Corporación que vostede preside, un pronunciamento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, así como o rexeitamento das novas ameazas que se están poñendo en marcha nas últimas datas: autorización de ampliación da capacidade regasificadora decidida polo último Consello de Ministros; pretensión de dinamitar a canle de entrada da Ría, decidida pola Autoridade Portuaria, como pantalla para ocultar a imposibilidade de cumprir coa normativa en situacións de emerxencia dos gaseiros cargados; transporte de gas en cisternas polas estradas galegas, con perigo para a poboación, etc.

Asimesmo, reclamamos da Corporación un claro rexeitamento da pretensión de incrementar aínda máis a contaminación e destrucción deste mar interior, coa planta de Ence, que Pontevedra leva anos rexeitando.

Co ocasión do Día Mundial do Medioambiente, emprazamos ao Governo Municipal desta cidade para que defenda a legalidade, un auténtico desenvolvemento sostible e se empeñe na defensa da VIDA e da RÍA, na que residen e traballan decenas de miles de cidadans e cidadás, que hoxe están en perigo.

Invitamos á Corporación Municipal a sumarse á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, para o próximo domingo día 8.

Ferrol, 3 de Xuño de 2008

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

segunda-feira, 2 de junho de 2008

A Audiencia Nacional pasa do despropósito ao absurdo

A protesta que uns rapaces fixeron en Girona a finais do ano pasado queimando as fotos dos Reis cando este visitaba a cidade xa se converteu de entrada nun despropósito da Audiencia Nacional, que xulgou e condenou aos autores por un delito de inxurias á coroa.
Pero é que agora, medio ano despois, o xogo dos despropósitos continúa facendo ir declarar en Madrid a dous menores de Morell que foron citados por colgar no seu centro de estudos carteis de solidariedade cos detidos tendo o permiso da dirección do centro.

A actuación da Audiencia Nacional neste caso foi contundente e excesiva dende o primeiro momento, pero é que agora xa toca o absurdo. Sobre todo si temos en conta a brillante actuación deste tribunal no momento que os primeiros detidos foron a xuízo: prohibíuselles declarar en catalán, o xuíz José María Vázquez Honrubia optou para ditar a sentenza sen escoitar os imputados e, finalmente, cando estes presentaron recurso, o pleno da sala penal da Audiencia Nacional decidiu que o xuízo terase que volver repetir.

Con todos estes antecedentes, servindo con bandexa aos medios máis conservadores e espapañolistas do estado para toda unha campaña de desprestixio cara Catalunya dando unha imaxe do noso país que en nada se achega á realidade, agora sábese que o celo deste tribunal chega ao extremo de citar a declarar dous menores por colgar un cartel dunha manifestación de apoio aos primeiros detidos. Se o primeiro caso era un despropósito é máis que lexítimo protestar contra unha forma de goberno, ata se todo con medios pouco elegantes ou pouco representativos da maioría, sempre que se faga pacificamente, o segundo éo aínda máis. A gravidade do tema non é se colgar o cartel de apoio aos detidos será ou non considerado finalmente un delito de inxurias pola Audiencia Nacional. Xa é grave só polo pouco sentido común que representa facelos ir declarar

(Traducido do catalán)

domingo, 1 de junho de 2008

Ante o avance da xuventude comprometida, recorren a violencia policial.(actualizado)

Unha vez máis os neonazis de democracia nacional convocaron una manifestación que foi legalizada. Unha vez máis os antifascista usaron internet como un medio de organización grazas o cal poñerse en contacto uns con outros. Dende medios independentes como Kaos en la red, ou a Indymedia de Madrid, os antifascistas convocamos unha contramanifestación en protesta de que sexan legais os partidos neonazis, namentres se ilegalicen partidos de esquerdas.

Déixovos a tradución da crónica da batalla escrita pola Haine. Na cal 200 antifascistas(pois seguimos a ser máis) trataron de boicotear a manifestación fascista, que tan só eran 50. Pero debido a enorme represión policial, en total uns dezasete furgóns, os fascistas puideron realizar o seu acto.


(11:50) A Porta do Sol está tomada literalmente por policías antidisturbios desde as 10 da mañá aproximadamente. Os antifascistas intentan chegar a Sol para se concentrar.

(12:20)A manifestación de Democracia Nacional está composta apenas por medio centenar de persoas. Os controis policiais enténdense desde a praza de Callao Ata a de Jacinto Benavente. Xunto á estatua do Oso e o Madroño identifican a 2 moz@, a un fanlle quitar os zapatos. Tamén están identificando a 15 moz@s na fonte de Pta. do Sol.

(12:22)Nestes momentos uns 200 antifascistas concéntranse e despregan 5 pancartas. Nelas pódese ler: "De aquí ou de fóra, a mesma clase obreira", "Vivenda, saúde: Os traballadores primeiro", "a mafia inmobiliaria merece unha resposta" e "Cando a vivenda é un luxo, okupar é un dereito", "Carlos irmáns nós non esquecemos. A mellor homenaxe, continuar a loita".

(12:25)FORTE CARGA POLICIAL. Os antidisturbios rodean @s antifascistas, achéganse e tras apenas un minuto ordeandolles que se disolvan cargaron salvaxemente contra eles en dirección cara á rúa Preciados.

(12:27) Os antifascistas intentan defenderse da carga duns 30 antidisturbios, mentres unha patrulla da policía municipal foi atacada por varias @mozo. Constátase que a carga policial busca desaloxar a Porta do Sol e permitir o acceso dos nazis. Os antifascistas reagrupanse xunto ao Corte Inglés, desde as rúas Preciados e O Carmen. Varios comercios empezan a pechar. Coréanse berros en recordo de Carlos e consignas antifascistas.

(12:35) Colocadas 2 barricadas en Gran Vía, arteria comercial de Madrid, xunto a Montera con mobiliario dunha cafetería e outra con vallas de obras. Son atacadas varias sucursais bancarias e varias cabinas de Telefónica. Os antifascistas están intentando dar un rodeo para regresar a Sol

(12:40) Na rúa Clavel, perpendicular con Gran Vía (entrada ao parking de Chueca), móntanse barricadas con contenedores de vidro. Un dos furgóns de antidisturbios que chegaron á zona recibiu unha choiva de botellas. Manifestantes informan á Haine que dous policías de paisano que estaban infiltrados na manifestación con camisetas "alternativas" e agrediron salvaxemente aos manifestantes fai escasos minutos, en Gran Vía.

(12:45) Levántanse 2 barricadas con contenedores en Augusto Figueroa .Aparece a policía con furgóns dispersando a manifestantes que no seu repliegue lanzan obxectos a sedes bancarias. Manifestantes dispersos por Malasaña.Aparece un helicóptero que intenta seguilos.


(13:00) O barrio de Malasaña empeza a retomar a calma. Mantense un forte dispositivo policial na Gran Vía..Constátase que a policía cargou en Sol para permitir a entrada dos nazis. Manifestantes informan que 1 moz@ foi detido.

(13:17) Aínda non concluíu a manifestación fascista. Manuel Canduela está dando un discurso par o medio centenar de neonazis que portan bandeiras de España e cruces célticas e demais símbolos neonazis e neofascistas. Están totalmente protexidos polos antidisturbios: acordoados por axentes a pé e rodeados de polo menos 17 furgones visibles. Seguen pechados os accesos a Sol .Na praza Carmen varios rapaces increpan á policía ata que cargan e saen correndo.

(13:30): Remata a súa concentración. Segundo fontes sanitarias na primeira carga policial de Sol houbo 14 feridos de diversa consideración, a maioría con contusións de porrazos e a un home maior abríronlle a cabeza.

(13:35): Ao parecer o detido do que informabamos antes foi collido en Gran Vía xunto a Montera (por confirmar). Outros manifestantes aseguran á Haine que polo menos hai outro detino da rúa Preciados.

(13.50): 1 mo@ foi hospilalizad@ a causa do disparo dunha pelota de goma na súa cara. Segundo informacións chegadas á Haine, producíronse pequenos enfrontamentos entre varios manifestantes de DN e antifascistas.

(17.45): Saldo xeral: Confírmase que dous dos rapaces detidos esta mañá son militantes d CJC(Colectivos de Jóvenes Comunistas)-Madrid, en total foron cinco os detidos, entre eles un menor de idade xa posto en liberdade. @ manifestante ferida na cara non foi por mor dun pelotazo se non dun porrazo, recibiu atención médica e xa se atopa de alta. A prensa criminaliza aos antifascistas unha vez máis(20 Minutos,O Mundo e O País).

Hoxe, lus 2 de Xuño as 15 h foron liberados os catro antifascistas detidos onte en Madrid, tras a brutal actuación policial os compañeiros foron detidos por denunciar os actos nazis e a impunidade coa que continuamente cometen agresións racistas e xenófobas.

Avanti Popolo!!