domingo, 8 de junho de 2008

Torrent, un exemplo a seguir.

Onte sábado estaba convocada na localidade de Torrent unha manifestación de marcado carácter racista polo grupo de ultra dereita “Alianza Nacional”. Esta convocatoria, baixo o lema contra "a ola de inmigración delictiva" foi legalizada e permitida unha vez máis polo goberno pese a que o horario e recorrido desta coincidía co dunhas actividades culturais do concello.

Ante a alarma, toda a cidade de Torrent uniuse contra o racismo. A alcaldesa mantivo unha reunión con portavoces de partidos políticos e membros de diversas asociacións para firmar un manifesto contra o racismo e a xenofobia; en total máis de vinte colectivos firmaron o manifesto ante o cal os fascistas trataron de facerse oír pegando carteis nas aforas da cidade.

Para mostrar unha postura unánime contra o racismo, convocouse unha contramanifestación. Pero o goberno non a autorizou. Pese a todo, os veciños decidiron mostrar ilegalmente a súa opinión.

Pese a gran presión policial, máis de duascentas persoas manifestáronse contra o fascismo. Esta manifestación foi literalmente secuestrada pola policía que trataba de protexer en todo caso aos neonazis, que eran moi inferiores en número. Os fascistas si se manifestaron e gritaron as súas consignas racistas, pero eran acalados por centos de voces comprometidas. Unha vez rematada a manifestación, a policía escoltou aos fascistas ata a estación de metro, pois a maioría viñeran doutras cidades. O sentimento da xente da contramanifestación era de alegría, ante a pasividade das autoridades foron os cidadáns os que tiveron que actuar sendo moitos os rapaces que se iniciaron neste acto na militancia antifascista.

Desta vez a policía si reprimiu a contramanifestación, pero non cargou como pasou a pasada sema en Madrid. Sen ningunha dúbida Torrent é un exemplo de como se debe actuar para demostrar o rexeitamento do racismo(dunha forma colectiva e non violenta), e tamén é un exemplo de integración racial dunha cidade na que de conviven 74,616 habitantes, dos cales 5,925 son inmigrantes.

Pero pese a que a policía non cargou mantivo unha clara postura represiva. En todo momento e mantendo unha postura agresiva foron moitas a identificacións que se produciron. Non sei cifrar pero penso que desta vez voltáronse a cumprir as cifras doutras veces: medio centenar de nazis, douscentos ou trescentos antifascistas e moitísimos antidisturbios que escoltan e protexen en todo momento aos verdadeiros violentos(como se pode ver nas fotos) Entre elas, esta foto tan simpática de como una axente identifica a “un violento antifascista”.

pd: Fotos da plataforma antifascita.


Nenhum comentário:

Avanti Popolo!!