segunda-feira, 23 de junho de 2008

Contra a directiva das 65 horas semanais, contra a escravitude capitalista

Os dirixentes sindicais deben convocar xa unha FOLGA XERAL EN TODA EUROPA

1. Só quedará tempo para traballar e durmir, como no século XIX.- Os ministros de Traballo dos 27 Estados da Unión Europea aprobaron o pasado 9 de xuño unha directiva que legaliza a xornada semanal de 60 horas; no caso de determinados colectivos ampliaríase a 65 horas. Como as 60-65 horas calcúlanse como o promedio de tres meses, a xornada laboral semanal podería chegar ata 78 horas, xa que o único que se garante son 11 horas de descanso diario. Esta Directiva é un ataque salvaxe, frontal e histórico contra a clase traballadora. Os capitalistas queren volver impoñer e legalizar as condicións laborais do século XIX.

2. Peor do que parece.- A directiva non só contempla o brutal incremento das horas de traballo, implica cousas moito peores. Segundo a Directiva o empresario poderá acordar individualmente cos traballadores a xornada laboral, á marxe do pactado nos convenios. O texto impón, polo tanto, a individualización das relacións laborais. Trátase dun ataque directo á unidade dos traballadores, á loita colectiva e ás súas organizacións. Ademais, esta Directiva non vén soa. É parte dunha ofensiva xeneral e ruidosa contra os salarios, as pensións, os gastos sociais, pola privatización de todos os servizos públicos, etc.

3. Cinismo patronal.- Calquera traballador sabe pola experiencia dos últimos anos, e ademais está probado estatisticamente, que significa o incremento das horas de traballo: máis accidentes laborais, máis enfermidades físicas e psíquicas, deterioro das relacións sociais e familiares, falta de tempo para a cultura, o deporte, etc... Malia que iso é evidente a Comisión Europea cualifica a nova lei "como un gran paso adiante para os traballadores europeos". A patronal catalá, nun exercicio de cinismo ilimitado, afirma que "en realidade é unha medida garantista", posto que introduce un tope de 60 horas. O presidente da CEOE, Díaz Ferrán, considera que " se interpretou mal" a directiva europea. A toda esta cacicada non lle importa para nada a vida dos traballadores, só lles preocupa unha cousa: preservar os seus multimillonarios beneficios en tempos de crises e de competencia salvaxe entre capitalistas.

4. Opúxose o goberno de Zapatero?- O goberno de Zapatero di opoñerse á directiva, pero de entrada o ministro Corbacho nin sequera votou NON na reunión de ministros europeos de Traballo onde se discutiu a directiva: abstívose. A calma do goberno do PSOE respecto da ampliación da xornada a 65 horas é fácil de entender pois é unha medida que vai na mesma dirección que os fundamentos da súa propia política social e económica: man dura contra os inmigrantes, contención salarial, redución de impostos para os ricos, incremento da tarifa eléctrica e dos impostos indirectos, etc. Como o goberno aceptou a lóxica do capitalismo a súa política non pode ser moi distinta á que aplican os gobernos de dereitas. De feito, conforme a crise faise máis evidente e os capitalistas presionan máis duramente para que se tomen medidas contra os traballadores, máis tira para a dereita política do goberno.

5. Dirixentes sindicais: basta xa de escusas para non facer nada!- Os principais dirixentes de CCOO e UGT dedicaron duras palabras á Directiva das 65 horas, cualificándoa como o peor ataque aos traballadores desde a creación da Unión Europea. Con todo, na práctica non están facendo nada. Ata hai que facer un esforzo moi serio de procura nos medios de comunicación e para saber que opinan. Non só non están propoñendo un plan de acción concreto senón que nin sequera están facendo unha campaña informativa nas fábricas, traballos e oficinas. Non parece que isto estea á altura dun ataque que, efectivamente, é histórico.

A cúpula de CCOO e UGT está centrando todas as expectativas no Parlamento Europeo, no que "confían" e ao que "piden sensibilidade". ¿E que razón hai para confiar nun Parlamento onde a dereita ten a maioría e que acaba de aprobar unha directiva salvaxe contra os traballadores inmigrantes, apoiada ata polos parlamentarios do PSOE? O único xeito real de obrigar á burguesía europea a retirar a directiva das 65 horas é mobilizando de forma contundente e unitaria aos traballadores de toda Europa.

6. Malestar social e disposición á loita dos traballadores.- A convocatoria dunha folga xeral de 24 horas pola retirada da Directiva das 65 horas sería recibida con entusiasmo polos traballadores de toda Europa. Está habendo mobilizacións obreiras e folgas masivas en todos os países de Europa que a prensa oculta deliberadamente: en Francia, en Portugal, en Grecia, en Dinamarca, en Suiza, só por mencionar os máis recentes. Ata na Gran Bretaña e no Leste europeo, logo de moitos anos, está habendo un repunte das loitas. Se a maioría de gobernos en Europa son de dereitas, non é pola debilidade dos traballadores, é polo fracaso dos gobernos socialdemócratas que son capaces de ofrecer unha alternativa ao desemprego, á precariedade, á perda do poder adquisitivo, etc. Pero, por abaixo, o ambiente de malestar social e disposición á loita é xeral. Aquí no Estado español, segundo datos da CEOE, medio millón de traballadores participaron en folgas no primeiro trimestre do ano, cun incremento de máis do 70% de horas perdidas. asistimos a folgas moi masivas entre o profesorado, o sector da limpeza, traballadores de Xustiza, e outros sectores tamén afectados pola crise como os transportistas autónomos, etc. Hai ambiente e forza para frear a directiva, os dirixentes sindicais teñen que deixar de poñer escusas para non facer nada, é necesario lanzar a convocatoria de folga xeral europea desde xa.

7. ¿Que se pode esperar do novo pacto social? - Facer fronte de forma consecuente contra a directiva europea implica un cambio total de política sindical. Os dirixentes sindicais están dispostos a reeditar un pacto social que en tempos de crecemento económico, é dicir, nas mellores condicións económicas posibles baixo o capitalismo, significou máis desigualdade social, perda de poder adquisitivo, superbeneficios impresionantes para unha minoría insignificante da sociedade. Se isto foi así en período de "vacas gordas", ¿que podemos esperar os traballadores do novo pacto que están negociando a CEOE, o goberno, CCOO e UGT en tempos de crises? É indignante que nunha situación de deterioro acelerado das condicións de vida dos traballadores pola crise (inflación, desemprego, deterioro da sanidade e a educación, incremento das hipotecas, etc...) os dirixentes de CCOO e UGT digan que afrontan a negociación co goberno e a patronal "sen un catálogo reivindicativo". Mentres, a CEOE está á ofensiva e non se anda con titubeos: quere unha nova reforma laboral, moderación salarial, redución dos gastos sociais, menos impostos para os empresarios, etc.

8. Sindicalismo combativo, máis necesario que nunca.- A cúpula de CCOO e UGT di que o pacto social é "máis necesario" en tempos de crises, coma se todos estivésemos "no mesmo barco" e a experiencia dos últimos anos pasase en balde. Pero iso non o pode defender ninguén salvo que estea completamente afastado das condicións e o ambiente real que viven a maioría dos traballadores ou que estea profundamente comprometido cos intereses do capital. Moitos dirixentes naturais de CCOO e UGT non pensan o mesmo, e non digamos a maioría de afiliados. O que é máis necesario que nunca é recuperar os sindicatos como instrumentos de loita contra os plans da patronal. Calquera nova reforma laboral, recorte de gastos sociais ou calquera outra retroceso que impulse a CEOE e o Goberno debería ser respondida cunha folga xeral de 24 horas.

9. O capitalismo non serve. Por unha Federación Socialista de Pobos de Europa.- En pleno século XXI, cun desenvolvemento da tecnoloxía, dos coñecementos e dos medios de produción que non teñen precedentes na historia da humanidade, o programa dos capitalistas é volver ás condicións sociais e laborais do século XIX. Apenas estalou a burbulla especulativa sobre a vivenda, empeza a especulación das grandes fortunas sobre os alimentos. Fálase moito de crise, de fame, de desemprego, pero parece que aquí non haxa culpables, ou que todos estes síntomas sexan inevitables. Isto non é verdade. Si, hai alguén que está á fronte de sistema social que só ofrece explotación, fame e miseria: os capitalistas, os grandes monopolios, a Banca, que son os que controlan as nosas vidas. Por iso, a loita por mellóraa das nosas condicións de vida está completamente ligada á loita polo Socialismo, no que os medios de creación de riqueza, a organización do traballo e do noso tempo estean baixo control dos traballadores, da maioría da sociedade, e non dun puñado de parasitos. A única Europa próspera, sen racismo, onde todos os pobos vivan en paz é unha Europa Socialista, dentro dun Mundo Socialista. Úneche á Corrente Marxista O Militante e loita connosco.
- Pola derrogación inmediata da directiva das 65 horas semanais
- Pola derrogación inmediata da directiva contra os traballadores inmigrantes
- Xornada laboral de 35 horas sen redución salarial
- Salario mínimo de 1000 euros a partir dos 16 anos
- Subsidio de desemprego indefinido ata atopar posto de traballo
- Contra a subida de prezos: escala móbil dos salarios
- En defensa da sanidade e da educación pública, basta de recortes e privatizacións

QUE SEXAN OS RICOS OS QUE PAGUEN A CRISE!

FRONTE Á OFENSIVA PATRONAL: FOLGA XERAL EUROPEA XA!

(traducido por Bardo)

Fonte: Declaración da Corrente Marxista "El Militante"

3 comentários:

Anônimo disse...

Zapatero sólo pretende mediante esta jornada beneficiar al trabajador de clase baja que desee hacer horas extra y así cobrar más dinero.
En ningún sitio pone nada de que haya que trabajar más horas obligatoriamente. Esto es algo voluntario. El PSOE es el partido del obrero, parece que ya estáis olvidando vuestros principios.

Anônimo disse...

Sois unos bocazas. Mirad un buen video de tetas y dejad de hacer el tonto ya.

Anônimo disse...

Sois unos bocazas. Mirad un buen video de tetas y dejad de hacer el tonto ya.

Avanti Popolo!!