Contra a ameaza fascista de celebración dun concerto, nós respostámoslle do mellor xeito que sabemos facer: Organizándonos. É por iso que esta é unha ocasión na que debemos estar atentos e previdos, un momento idóneo para retomar a andaina antifascista na nosa cidade. A nosa cidade, na que vivimos, na que nacimos e na que uns cantos de nós morreremos.
É por iso que non debemos permitir que esta sexa escenario de eventos como o suposto Concerto Rac In Lugo que se pretende celebrar ás aforas da nosa cidade. Un acto que podería traer a Lugo, elementos indesexados que non teñen cabida dentro da realidade multicultural e social á que aspira esta cidade. Así que sexa quen sexa quen esté detrás dese evento, debe saber que prendeu a faísca do movemento de resposta social en Lugo.
Dito isto quedades todos emprazados para a I Xornada Antifascista que se celebrará no C.S Madia Leva, na Rúa Amor Meilán a partires das 17:30 e que culminará cunha concentración ás 20:30 na Praza do Campo onde se denunciará a impunidade da que gozan os elementos fascistas e servirá de resposta á posible execución do concerto anteriormente citado.
Debemos ser parte deste presente de luita para un futuro consecuente, agora é o tempo da unidade. Por iso lugueses e non lugueses ficades convidados sen excepción a esta xornada.
Non pasarán!
Nazis, nin nas rúas, nin na música nin en ningures!
(fonte: Lugo antifascista)
sábado, 25 de abril de 2009
quinta-feira, 16 de abril de 2009
FESTA DA TERRA EN LUGO(o día 23)
Outro ano máis, os Cómités de Lugo(descendentes dos CAF, que a súa vez descendian da ERGA) oganizamos un festival de música para celebrar “ O DIA DA TERRA”. Un evento festivo-cultural que reúne a unha gran cantidade de rapaces con ganas de pasalo ben ao ritmo de música en vivo. Os prezos son moi populares(3€ o litro de kalimocho, 3,5 o de cervexa). E os grupos do mellorciño da Galiza. Esta serie de concertos tratan de ser por unha lado unha actividade festiva, pero o seu papel cultural é clave; xa que debido a ideoloxía dos grupos e dos organizadores desenrola un importante labor de concienzación social.
ARENGA
http://www.myspace.com/arenga
ALTERAZION DEL ORDEN
http://www.myspace.com/alteraziondelorden
LEITE DE NAI
www.leitedenai.es.kz/
MATXETAZO NA PARROTXA
http://www.myspace.com/matxetazonaparrotxa
KAÑA D´HERBAS
ESTADES TOD@S INVITAD@S!!!
quarta-feira, 8 de abril de 2009
Asasinado no G-20
Cada vez é máis difícil informarse de certos asuntos mediante a prensa burguesa, e esta é o único medio de comunicación que emprega a maioría da xente. Así, son moitas as noticias que se nos escapan por non consideralas importantes, tal vez non exista unha censura estatal, pero si hai un masivo uso da autocensura por parte dos grandes medios.
O pasado 1 de Abril, un home morreu en Londres durante as protestas do G-20. Según os médicos, foi debido a un infarto. Hoxe, pasado xa algún tempo e acalado o asunto, saen a luz unhas imaxes nas cales vemos a policía agredindo ao quiosqueiro morto(pois o señor non era un militante antiglobalización).
Moitos pensaran que o infarto foi por causas naturais, pero, tamén cabe pensar outra hipótese. Foi o infarto, unha consecuencia da angustia sufrida polas agresións policiais??? De ser así, tales agresións foron as responsables da morte, e o seu executor un asasino.
O pasado 1 de Abril, un home morreu en Londres durante as protestas do G-20. Según os médicos, foi debido a un infarto. Hoxe, pasado xa algún tempo e acalado o asunto, saen a luz unhas imaxes nas cales vemos a policía agredindo ao quiosqueiro morto(pois o señor non era un militante antiglobalización).
Moitos pensaran que o infarto foi por causas naturais, pero, tamén cabe pensar outra hipótese. Foi o infarto, unha consecuencia da angustia sufrida polas agresións policiais??? De ser así, tales agresións foron as responsables da morte, e o seu executor un asasino.
Assinar:
Postagens (Atom)