Cada vez é máis difícil informarse de certos asuntos mediante a prensa burguesa, e esta é o único medio de comunicación que emprega a maioría da xente. Así, son moitas as noticias que se nos escapan por non consideralas importantes, tal vez non exista unha censura estatal, pero si hai un masivo uso da autocensura por parte dos grandes medios.
O pasado 1 de Abril, un home morreu en Londres durante as protestas do G-20. Según os médicos, foi debido a un infarto. Hoxe, pasado xa algún tempo e acalado o asunto, saen a luz unhas imaxes nas cales vemos a policía agredindo ao quiosqueiro morto(pois o señor non era un militante antiglobalización).
Moitos pensaran que o infarto foi por causas naturais, pero, tamén cabe pensar outra hipótese. Foi o infarto, unha consecuencia da angustia sufrida polas agresións policiais??? De ser así, tales agresións foron as responsables da morte, e o seu executor un asasino.
quarta-feira, 8 de abril de 2009
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário