sábado, 25 de abril de 2009

I XORNADA ANTIFASCISTA EN LUGO

Contra a ameaza fascista de celebración dun concerto, nós respostámoslle do mellor xeito que sabemos facer: Organizándonos. É por iso que esta é unha ocasión na que debemos estar atentos e previdos, un momento idóneo para retomar a andaina antifascista na nosa cidade. A nosa cidade, na que vivimos, na que nacimos e na que uns cantos de nós morreremos.

É por iso que non debemos permitir que esta sexa escenario de eventos como o suposto Concerto Rac In Lugo que se pretende celebrar ás aforas da nosa cidade. Un acto que podería traer a Lugo, elementos indesexados que non teñen cabida dentro da realidade multicultural e social á que aspira esta cidade. Así que sexa quen sexa quen esté detrás dese evento, debe saber que prendeu a faísca do movemento de resposta social en Lugo.

Dito isto quedades todos emprazados para a I Xornada Antifascista que se celebrará no C.S Madia Leva, na Rúa Amor Meilán a partires das 17:30 e que culminará cunha concentración ás 20:30 na Praza do Campo onde se denunciará a impunidade da que gozan os elementos fascistas e servirá de resposta á posible execución do concerto anteriormente citado.

Debemos ser parte deste presente de luita para un futuro consecuente, agora é o tempo da unidade. Por iso lugueses e non lugueses ficades convidados sen excepción a esta xornada.

Non pasarán!
Nazis, nin nas rúas, nin na música nin en ningures!

(fonte: Lugo antifascista)

Nenhum comentário:

Avanti Popolo!!