quarta-feira, 28 de novembro de 2007

Denuncia a Pío Moa


Pío Moa foi denunciado por delitos de inxurias, entre as cousas que afirmou atópamos perlas do estilo de: “Pregunta: Sr. Moa: ¿Qué opinión le merece el Gobierno actual de España?’ Respuesta: Recuerda a los peores de la república. Si el lector tiene en cuenta que la respuesta la realiza una persona para la cual el golpe de Estado de 1936 era legítimo, tiene motivos para inquietarse: si el aquel golpe era legítimo, ¿no lo sería uno ahora contra un gobierno que ‘recuerda a los peores de la república?"

Este señor esta a ser demandado por unha iniciativa que comezou un blogueiro e afiliado de Eu, actualmente sumóuselle moita xente para pedir que non se permita que unha persoa fala trate desa forma a vítimas inocentes, nas súas afirmación xustifica o crimes fascistas “Aquí la represión se encauzó por vías legales, no como en Europa.(…) A nadie se le reprimió por cómo pensaba, sino por lo que hacía. Companys no era inocente. Ni tampoco las Trece Rosas, unas jóvenes estalinistas” e mesmo se atreve a insultar a xente que se mostra a favor da lei de memoria histórica, lei que moitos nos parece insuficiente, coa seguinte perla retórica:aquellos que hoy defienden la Ley de la Memoria Histórica se identifican con los criminales”.


Como é posible que este señor se atreva a dicir o que di? coido que é unha realidade que existe, existiu e existirá xente tan falta de valores morais como para ser tan ruín coma este señor pero penso que a sociedade debería de mostrar o seu rechazo. De feito xa son mais de mil persoas as que firmaron pedindo que sexa xulgado por penas de ata dous anos de cárcere.


Se vos interesa firmar pedindo que sexa xulgado polos delitos que cometeu pinchade neste linK


no cal tamén atoparedes información acerca do que dixo este señor. Seguramente el pense que o galego debería de ser perseguido como o foi na ditadura e polo que di debe de pensar que todos os que nos declaramos galegos somos uns criminais que deberiamos ser como di el "xustamente xulgados"
ou o que é o mesmo fusilados nunha cuneta como o foron os miles de galegos asasinados durante a ditadura.

"Xente a quen debes decirlle sorrindo e sen acritude:-Os mortos que vos matades gozan de voa saúde....Pode o corpo ser vencido, pode o dereito ser torto máis o lume que alampea xamais o veredes morto.-"

11 comentários:

Anônimo disse...

Plas, Plas, Plas pero é " ... sorrindo e sen acritude ... "
Muito ben "Bardo " pero lembra o que dixo o outro BARDO " Déstesme unha lingua de ferro deixovos unha lingua de ouro" que así sexa ,amén.
Unha aperta

Anônimo disse...

ese señor dijo las cosas sin violencia. hay que aprender a respetar como a vosotros tambien os gusta que se os respete

Anônimo disse...

Ese señor fai apoloxía dunha ideoloxía extremista, xustificando certas actitudes antidemocráticas, polo tanto non merece ningunha consideración. Por menos motivos foron ilegalizados algúns partidos políticos non hai moito tempo, ou é que a vara de medir é distinta para uns e para outros?
Lémbrolle que as palabras ditas sen violencia ,poden no entanto inducir á violencia.
Saudiños.

Anônimo disse...

Non che entendo. Primeiro fas apoloxía do comunismo e agora criticas a este noso defensor. ¿Sabes que os que o denunciaron eran fachas?

Anônimo disse...

Lémbrolle que o comunismo e os partidos que o propugnan están legalizados actualmente no sistema
monárquico- constitucional español.
Persoalmente penso que Pío Moa non representa a ninguén, polo que non merece máis que indiferencia absoluta o outro sería darlle unha importancia que non ten e ademais penso que iso é o que busca.
Mais independentemente do dito concordo no substancial co artigo, e gostaría que me aclarase onde hai apoloxía do comunismo por simple e sá curiosidade.

bardo do vinho disse...

Apoloxía do comunismo? eu non o definiría así pero si que é certo que nalgunha entrada anterior teño faladado acerca de que persoalmente defendo a ideoloxía socialista revolucionaria comunismo o como lle queiradas chamar.

Pero que coido que sexa cal sexa a ideoloxía de cada un, debese sempre respetar os dereitos dos demais e tratalos co respeto necesario, coido que chamarlle a un asasinado criminal polo mero feito de ser asasinado é dende logo algo que non se debe tolerar.

Tamén dicir que estou en contra de calquer tirano que oprima a liberdade do individou ou a liberdade dun pobo. Poida que sexa comunista pero non defenderéi xamais a un tirano opresor.

Anônimo disse...

Muito ben "Bardo" tes dereito a ser socialista , comunista ou o que teñas a ben eu son galego,
republicano e outra vez galego.
Amén. Saudiños.

Anônimo disse...

Todo o rato criticando aos demais. Primeiro por orde na casa e logo sair pra fora. Ese home e comunista e ti defendes as suas mesmas ideas asi que chiton.

Anônimo disse...

Ou sexa, que as persoas que din burradas pola dereita son moi malas e as poñedes a parir e cando un é comunista e di salvaxadas, non pertenece ao voso bando? Vos sodes uns caraduras.

Anônimo disse...

Tranquilidade imos ver :
1º en que casa hai que pór orde?
2ºque home é comunista Pío Moa ?
estás seguro? creo que vas un pouco retrasado no tempo o verbo ser ten unha conxugación moi longa , Pío Moa foi foi foi (pasado e perfecto) non é é é (presente)
3º o noso bando? de que bando estás a falar?
4º" vós sodos uns cara duras" non sei a quen te refires. Persoalmente aseguroche que teño a cara moi brandiña.
Ala pola sombra e a insultar e dicir incongruencias a outro lado.
Unha apertiña republicana e galega.

Anônimo disse...

Tratades de confundir a un lexicamente pero nos aportamos argumentos.

Avanti Popolo!!