domingo, 2 de dezembro de 2007

DÍA DO SIDA


Onte foi o día mundial do SIDA, na tele e pola rúa puidemos ver mostras de apoio de estes enfermos e tamén coñecer os seus problemas
.

Onte ademais de recordarnos a importancia de usar o preservativo e pedir o apio da sociedade para combater esta enfermidade pediron algo novo: ¡A DESOBEDIENCIA CIVIL!.

Déixovos o manifestos por senón o lestes, coido que teñen toda a razón do mundo xa que todo enfermo ten dereito a intimidade.



"Neste día mundial da SIDA que se aveciña, novamente prenderemos os nosos lazos vermellos na solapa do abrigo como mostra de solidariedade, lazos impolutos que co remate do dia desaparecerán das nosas miradas, das nosas preocupacións e agobios, mais para algunhas persoas este lazo convirtirase en soga que permanecera continuamente prendida do seu peito como mostra de estigma e exclusión.

Neste ano que remata o Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia veñen de dar un impulso mais a creación de sistemas de información da Infección por VIH, denominados SINIVIH e SIGIVIH. Ambos sistemas recollen para o seu tratamento, datos clínicos e persoais dos novos casos de infección por VIH .

Este rexistro vulnera gravemente o dereito fundamental a intimidade e confidencialidade, amén de potenciar as causas de estigmatización e discriminación da poboación afectada por VIH.

Os colectivos de afectados tanto en Galiza (mesa sida galiza) como a nivel estatal (preSOS galiza, asoc Xustiza e Sociedade, C Moucho) , impugnamos ante a xurisdicción contenciosa a creación destes rexistros de datos, e tras unha longa pelexa xurídica, social e política, atopámonos actualmente pendentes de que o Tribunal Constitucional restiua por sentenza as garantias de confidencialidade e intimidade usurpadas pola administración sanitaria.

Por elo, neste día de celebración oficial, sairemos a rua a informar aos cidadans, sobre a existencia destes rexistro nominais de persoas enfermas, instando (tanto a poboación afectada como a que non o está) a practicar unha desobediencia civil activa, que impida o avance da aplicación destas medidas lexislativas tan perniciosas para a loita antisida en xeral e en particular para os dereitos irrenunciables dos nosos/as compañeiros afectados pola grave enfermidade. "
(http://galiza.indymedia.org/gz/2007/12/13327.shtml)

6 comentários:

Anônimo disse...

Xa non teño palabras para esta páxina. Verdadeiramente está ben que se critique aos políticos, aínda que sexa sen fundamento. Agora, este artigo é unha burrada. ¿Que queres, que os sidosos poidan andar contaxiando por ahí libremente a enfermidade? Ademais do uso do preservativo, hai que tomar máis medidas, ya que está demostrado que esa non é suficiente.

bardo do vinho disse...

En primeiro lugar decirche os que ti chamas sidosos son xente que merece un respecto, xente cos mesmos e dereitos ca ti e ca min e deben ser tratados como iguais xa que o son. Entre os enfermos desta enfermidade é certo que hay moitos que pertencen a clases marxinais outros en cambio poderían ser mesmo da túa familia, os teus amigos, os teus pais, os teus mestres, o teu médico... O problema desta enfermidade non é so o tratamento, senon a discriminación social que provoca, discriminación social que debemos combater pois é inxustificable.

Esta nova proposta da xunta provocará unha acentuación da discriminación e dificultará a saida lavoral dos enfermos. Cantos empresarios acepatarán un empleado seropositivo sabendo a mala imaxe que causan?
É certo que os portadores do VIH deben de tomar medidas extra para evitar contaxiar a outros o virus, pero a inmensa maioría da xente que sufre esta enfermidade xa o fai. Non sei se tiveches oportunidade de coñecer algún enfermo de SIDA pero eu si a tiven e digoche por experiencia persoal que son xente do mais normal do mundo polo que non merecen ser tratados de forma disciminatoria.

Anônimo disse...

¿Que propos para erradicar a enfermidade pois? As persoas que contraen a enferrmidade, esceptuando Africa, soen ser por neglixencia (non uso do preservativo por ex) ou por ser drogadictos que comparten material sanitario. Unha porcentaxe minima ven definida na actualidade por neglixencia medica ou outros factores. E loxico que a poboacion non queira manter relacios con esa xente pero non se trata d discriminar, senon de ter controlados os focos porque non sei se sabes que hai moita xente que contrae a enfermidade que logo a propaga por vinganza.

Anônimo disse...

¿Por qué no hacen ustedes un artículo sobre la derrota de Chávez en el referéndum que, a pesar de estar tremendamente manipulado, aún así perdió "por un pequeño porcentaje"? ¿Qué pasa con la sentencia del Yakovlev 42? Me parece que la equidad es nula en esta web.

Anônimo disse...

Pero que manía ten algunha xente de dicirlle aso demais o que ten que facer, opinar, dicir... O dono deste blogue é libre de escribir sobre o que lle pareza e vostede é libre de crear o seu propio blogue e pór nel o que lle veña en gana.
Saúdos.

Anônimo disse...

http://www.fhpdesign.com/rey.html

Avanti Popolo!!