
Ano a ano os galegos vemos como todo segue igual. Despois dun ano de loita pola liberdade do noso pobo, os nosos logros non son notables un ano máis. Para recordarnos este noso fracaso un señor dende Madrid fálanos sentado nun luxoso sofá sobre a unidade desa cousa a que lle chaman España.
A figura do Rei estásenos a vender máis ca cocacola. A monarquía gana adeptos día a día, xa non se chaman monárquicos absolutistas os seus seguidores senón que se fan chamar "Juancarlistas". Que quere dicir este termo? que seguen o que di o tal Don Juan Carlos? Posiblemente sexa así.
Queirámolo ou non crer hai moita xente que pensa que o Rei é unha figura que representa a todos os habitantes deste estado. Moitos galegos veno como unha figura integra, e digna de todo o respecto do mundo. Nesta mensaxe tamén vemos unha vez máis o efecto da diglosia, galegos que falan entre eles galego din marabillas do falar castelán dunha persoa con maior poder ca eles e mesmo o tratar de imitaren na forma de falar.
Como din tódolos periódicos o rei mandaba unha clara mensaxe ecolóxica pois ao parecer tiña unha foto del plantando un pino durante unha reunión internacional que xa non recordo. Eu vin outra mensaxe, que non sei se vos fixastes unha clara mensaxe política.
Pese a que o rei non forma parte de ningún partido político, pois non pode, por todos é sabido que non sería lóxico que apoiase a esquerda, máis que nada pola conta que lle ten. Pois ven, dentro dos partidos da dereita por todos é sabido que as Cores do PP son o azul e o laranxa, pois ben fixádevos agora na garabata e na camisa da súa maxestade.
Dende logo, como se nota que cada día están máis próximas as eleccións.
pd: Moitas grazas ao que me pasou a dirección da recensión non oficial sobre a mensaxe do Rei deste ano.
(Rei, mensaxe, nadal, Madrid, partidismo político, juancarlistas)