sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

Loitando pola terceira.

Onte como motivo do día da constitución miles de persoas recorreron as rúas de Madrid pedindo unha reforma constitucional para que se acade a terceirarepública.

Segundo os organizadores a manifestación reuniu a

unhas 5 000 persoas o que reflexa o desexo de moita xente de reformar unha constitución que esta claramente obsoleta.

Como moitos saberedes polos informativos si se ten plantexado unha reforma constitucional dende os partidos maioritarios pero eles non desexan abolir a monarquía, senón darlle unha nova capa de pintura que a faga parecer un sistema de goberno xusto. Que máis da que gobernen os homes ou as mulleres? o que importa é que todos sexamos iguais ante a lei e para que se cumpra isto tense que abolir o actual sistema de monarquía democrática xa que non é máis que un arcaísmo da época feudal segundo o cal os nacidos nunha familia determidada teñen toda unha serie de privilexios.

Como se ve na foto na manifestación houbo representación das nacionalidades históricas, como nos adoitan chamar, ou sexa dos pobos asoballados no actual réxime democrático aos que non se lles recoñece o dereito a autodeterminación como nacións.
Por moito que se esforce a prensa en "vendernos" a monarquía como modelo de gobernos ensinándonos as fotos de "Doña Leonor", moitos non aceptaremos xamais esta modelo de goberno como noso, senón que pensamos que é algo imposto. Eses señores que habitan no palacio real non nos esquezamos de que foron postos no poder por un ditador e que entre os seus antepasados atópanse os "Reis Católicos" os cales xa sabemos todos que non se caracterizaron por tratar ben a esta nosa terra. E se que goberne unha persoa por ser descendente doutra xa é algo inxusto, que nos goberne unha persoa por ser descendente de tiranos como Fernando VI e Felipe V é algo non só inxusto senón tamén incomprensible.

Nesta por acadar un marco legal reixo pola constitución no cal se recoñeza o noso dereito a liberdade como pobo e a igualdeade de homes e mulleres, os galegos contamos co apoio de cataláns e vascos cos cales compartimos un inimigo común ademáis da esquerda de Castela, Andalucía e outras comunidades autónomas.

A cooperación entre cataláns, vascos e galegos é necesaria para acadar os nosos obxectivos, dita cooperación é posible é xa esta a dar os froitos como puidemos ler hoxe en vieiros. Esperemos que algún academos a liberdade como pobo que tanto ansiamos, mentres tanto teremos que nos conformar con facer todo o necesario para que a poidamos acadar.

“Que a nosa terra é nosa, non o dubide ninguén.”

3 comentários:

Anônimo disse...

En España hai aproximadamente corenta millóns de habitantes. Considerando que só acudiron cinco mil persoas á manifestación, isto supón un 0,0125%, polo que non é unha cifra significativa para afirmar que hai unha maioría de xente que prefire o réxime republicano nin moito menos que está en contra da constitución.

Anônimo disse...

Gostaria de ver o que pasaría se fose posibel un referendo....

Viva a república

Anônimo disse...

Ben dito cántabro.Viva Galiza republicana e independente.

Avanti Popolo!!