Segundo a páxina de estrema dereita: http://es.novopress.info, o próximo sábado, 24 de maio as 12 no Forum Metropolitano(na rúa Río Morelos en Coruña) esta programada a presentación da revista neonazi e abertamente racista “Identidad” (htt://www.identidad.com).
A cabeza visible desta revista é o famoso Ernesto Milá(ex membro de Fuerza Nueva e da CEDADE). Este acto tamén esta sendo publicitado na web de Identidade Galega polo que isto rebela o tipo de ideoloxía que se esconde detrás deste inocente nome.
Coido que as autoridades, non deberían permitir que partidos e organización racistas gañen protagonismo na sociedade. Habendo unha lei antiterrorista, que é moi duramente aplicada contra aos independentistas, non entendo porque non se aplica para frear aos grupos neonazis e fascistas. Grupos cuxa existencia xa é de por si un atentado a convivencia democrática, pois nas súas bases xustifican a violencia racista.
Para que vos fagades unha idea do punto do radicais que son os desta revista, tan só dicir que Ernesto Milá é tamén membro de España 2000 e estivo relacionado cos Gal. Pois ven ei vos vai unha imaxe que compara un cartel de España 2000 con un cartel da Alemaña nazi. Diferenzas?? Como podedes ver, ningunha.
Contra o fascismo nin un paso atrás, non podemos permitir que volvan acadar o poder, non podemos permitir que volvan a matar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário