sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008

Crónica dunha batalla




O que ocorreu onte en Madrid non foi un acto de necesario da policía para evitar un enfrontamento entre vandas, senón que foi unha acción esaxerada da policia para defender un acto nazi. As cargas policiais causaron unha reacción nos manifestantes igual de violenta.


Varias organizacións de ideoloxía neonazi convocaron un mitin nunha praza no cosmopolita barrio de Lavapiés, para moitos todo un símbolo de cosmopolitismo. A praza onde se pretendía facer o mitin nazi é para moitos un dos puntos clave da loita antifascista xa que nela é onde se acostumou a realizar as manifestacións de esquerda.


Ao mesmo tempo que o mitin convocouse unha manifestación antifascista co obxectivo de mostrar o rexeitamento das ideas nazis. A manifestación pretendía evitar o mitin por considerar que debería de ser ilegal a existencia de partidos de extrema dereita. Os cales defenden entre outras cousas o xenocidio xudeu e consideran necesaria a expulsión de “España” de todo estranxeiro.

Nin os fiscais nin a policía evitou que se organizase o mitin, nin ningún partido maioritario mostrou o seu rexeitamento. En cambio a policía si empregou a forza cos manifestantes antifascistas, os que ante a inxustiza, responderon coa mesma violencia coa que foron reprimidos.



19.15: A plaza Tirso de Molina esta tomada polos antidisturbios, con equipo de combate(cascos, escudos, porras e escopetas de bolas). Cortan todas as entradas a plaza, en total son uns vintecinco furgóns. Pretendese expulsar a toda a xente da plaza.

19.23: Hai xente esperando as portas da sede da CNT, algúns falan coa policía. Fai uns minutos houbo un amago de carga nunha das rúas que baixan cara Lavapiés contra un grupo de inmigrantes. Escoitouse a un mando policial dicir “A ningún guarro se la va dejar entrar a la plaza”

19.30: A policía manten unha aptitude moi agresiva, cos escudos postos. Estase xuntando moita xente, unhas duascentas personas cantan cantando "Madrid siempre antifascista", "No pasarán" e "Carlos hermano, nostrxs no olvidamos."Na porta da sede da CNT segue habendo xente do sindicato para gardar o local rodeados por antidisturbios.

19.38: A xente estase reunindo na ría Mesón de Paredes, que baixa cara Lavapiés. Ao final da rúa hai unhas 300 persoas. A policía mantén cerrado o aceso a praza e a xente canta: "Nativa o extranjera, la misma clase obrera" e "Nazis no."

19.46: O bloque de 200 persoas desprega unha pancarta que pon "Ni olvidamos ni perdonamos", xunto coa cara de Carlos(camarada asasinado non hai moito). Sigue chegando xente e o principio da rúa hai policías con escudos de metal.

19.53: A xente corea "A por ellos, como en Paracuellos" e "Ni rascismo ni xenofobia". A idea é quedarse onde se esta, dar un mitin e aguantar o que se poida salvo que a policía cargue desmesuradamente. OS antidisturbios plantados na porta da CNT non permiten a entrada nin a saída da xente do sindicato.

20.00: Estanse formando tres bloques de xente: un dunhas 350 persoas na, outro de 150 e outro máis dunhas 100 persoas. Despréganse bandeiras vermello-negras(da CNT) e cantase "Luchar, crear, poder popular" ante a ameazante actitude policial os manifestantes protéxense facendo barricadas cos caldeiros do lixo.

20.05: Onde se levanran adoquín(na rúa La Espada e na Mesón Paredes), ante a cada vez máis inminente carga policial a xente coloca as capuchas.

20.13 Nalgunhas rúas levantanse adoquíns para lanzar contra a inminente carga policial para cortar a manifestación, noutras zonas hai moita xente pero non se levantan barricadas.

20.16: Na porta da CNT hai uns 30 antidisturbios que non deixan saír a un grupo de persoas que se reuniran dentro, así mesmo reteñen a un membro do sindicato.

20.25: Hai policías nos tellados que dan cara a plaza Tirso de Molina e un helicóptero comeza a dar voltas cada vez máis baixo o que denota que se aproxima a marcha Nazi. Na concentración entre tres rúas e coa xente algo dispersa calcúlase unha asistencia dunhas 800 persoas que cantan "Carlos, hermano, nosotrxs no olvdamos."

20.42: Las primeras líneas de defensa de las 3 calles han retrocedido hasta la siguiente bocacalle, y continúan defendiéndose con piedras de obras, cubos de basura y elementos que se encuentran. Hay al menos un herido de bala de goma en la pierna, un joven de 19 años. Un helicóptero sobrevuela la zona marcado los movimientos de los activistas

20.34:A policía carga nas tres rúas. Esta habendo enfrontamentos. Na rúa Espada arde unha barricada e a xente faille fronte a policía que dispersa pelotas de gomas e gases lacrimóxenos. Todo o barrio esta chego de gas, na rúa “Jesús e María tamén arden as barricadas, a primeira liña de manifestantes sigue respondendo con pedras ante as bolas dos axentes.

20.45: Os axentes continúan lanzando pelotas de goma e gas lacrimóxeno. Unhas 300 persoas móvense cara a rúa Encominenda e outro grupo dunhas cen sube pola Travesía de la Encomienda. As barricadas arden e ao fondo, cara a praza Tirso de Molina vense bandeiras españolas.

20.48: Chegan uns cen nazis a la paza de Tirso de Molina. Fan un breve acto pero ao ver as cargas policiais contra o elevado número de antifascistas deciden marchar, despois de falar cos mandos policiais, e fano polo seu propio pé(a policía non lles di nada)

20.52: Recrudécense os ataques policiais e as manobras defensivas dos antifascistas na rúa Duque de Alba, que da Tirso de Molina. Arden cinco barricadas, a xente corre e hai moito fumo. Calculase que son en total un 500 antifascistas os que se acercan a praza.

20.57: No local da CNT hai un amago de carga, intentan deter a xente pero non o logra. Feren a un rapaz de 30 anos na cabeza cun bote de fumo. Ta rúa Toledo hai tamén barricadas e algúns empréndena cos escaparates de Bancos, Grandes Negocios e cabinas telefónicas. Chegan os bombeiros. En total son unhas 900 persoas as que agora tratan de entrar na por esta rúa cara Tirso de Molina.

21.02: Quéimanse barricadas na rúa Toledo e obrigase a dar volta ao camión dos bombeiros para evitar que apague as barricadas. Ante as repetidas e violentas cargas algúns activistas retroceden cara o metro Latina. Pero rodeando a praza segue habendo unhas 500 persoas e bastantes máis nos arredores.

21.09: O bloque principal retrocede cara a Porta de Toledo, unhas 200 persoas seguen facendo barricadas polo camiño. Dise que hai uns 50 nazis na Praza Maios. Un mozo de 22 anos é hospitalizado por un disparo con pelota de goma cara a meixela. Tamén se comenta que pode haber un detido.

21.15: O bloque principal agora dunhas 150 persoas, trata de dirixirse cara a Praza Maior. Acurralan a 5 antidisturbios os que se defenden lanzando balas de goma a queimaroupa. Chegan máis axentes na súa axuda obrigando a xente a baixar cara Embajadores.

21.20: Na rúa da Ruda a policía continúa cargando e a xente segue defendéndose con pedras, botellas e cubos do lixo, tamén se están empregando coches. Vense antidisturbios correr en dirección contraria, onde se están producindo outros enfrontamentos.

21.25: Hai bastante coches de bombeiros circulando polos arredores, o paisaxe é e barricadas de lume. Tamén hai bastantes corresponsais da prensa.

21.30: As furgonetas retíranse da praza Tirso de Molina e os gardas deixan libre a entrada da CNT segue habendo próximas a praza unhas nove furgonetas de antidisturbios.

21.40: Tras un par de carreiras máis o bloque que se dirixía a praza maior vaise disolvendo. Tamen se producen alguns enfrentamentos aillados e non hai case activistas xa nas rúas. O rapaz de 22 anos ingresado atópase en estado grave.

21.50: En Lavapiés, á altura da calle Embajadores un grupo dunhas 200 persoas seguía defedéndose dos ataques policiais, con barricadas ardendo. Baixaron ata a praza de Lavapiés onde incendiaron un banco BBVA, romperon cristais doutros bancos e cortaron rúas coa chegada de novas cargas de antidisturbios.

A prensa burguesa pode dicir o que queira pero esta é a verdade. Dous antifascistas feridos graves e ningún nazi detido.

A policía protexeu o acto nazi e mesmo os escoltou coma si foran heroes ou como lles gusta chamarse “guerrilleiros de cristo”. Non defendo a violencia exercida de ningún dos dous bandos. Namentres penso que, en quente, eu faría o mesmo.

Ver como os nazis son legais nesta “democracia”, ver como a policía carga contra unha manifestación organizada, ver como non hai xustiza que defensa a túa causa ver como
os nazis resurxen das sombras sen que os partidos políticos digan nada. Dan ganas de pasar a acción directa, pero iso é o que queren. Tratan de obrigar a esquerda a que actue violentamente para ilegalizala e desprestixiala, tratan de obrigarnos a loitar con paus e pedras contra lexións de policías armados e entrenados para matar. Se lles seguimos o xogo, levámolas de perder. Calma, temos que ser máis listos.

(Máis información)

sexta-feira, 22 de fevereiro de 2008

"GALICIA BILINGÜE" VISITA FERROL

O autobús de "Galicia
Bilingüe" recolleu este sábado firmas na praza de armas en Ferrol.



Cando vin o bus fíxenme unhas cantas preguntas:

Por que foron protexidos con catro coches de policía?

Por que a policía estaba fora dos coches cos brazos cruzados e pose de peli mirando cara a xente que pasaba?


Por que se lles permitiu aparcar deste xeito?


Por que os políticos do concello non se moveron en contra desta visita?


Por que en troques de pintar onte en Narón o bus,non se decidiu convocar unha manifestación en a favor nosa lingua, e en contra de asociacións que a atacan continuamente?

¡NA GALIZA EN GALEGO!

pD: a verdade é que cando pasei ao lado déronme gañas de prenderlle lume ao autobús, pero non nos podemos deixar levar polos sentimentos(é o que queren), debemos actuar pero doutro xeito. Soltei un berro, iso si, dicindo ¡ NON FIRMEDES! e seguín andando observado como a policía me miraba como unha posíbel ameaza.



segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008

Felicidades Kosovo, e moita sorte.

Creo que é a primeira vez que coincido plenamente con Bush en algo, os kosovares son agora independentes. Diga o que diga España, diga o que diga Rusia, por moito que lles amole aos radicais Serbios, Kosovo xa é un estado soberano.

O proceso de independización dunha nación asoballada é algo que debería alegrarnos a tódolos galegos pois o caso kosovar vai presentar un precedente xurídico cara unha futura independización de Euskadi, Cataluña ou Galiza.

Detrás do proceso de independenza morreron miles de kosovares, algúns asasinados outros loitando. Coido que hoxe os esqueletos de todos eles sorrían ilusionados, pois a partir de agora e coas grandes axudas europeas tal poidan ser ao fin un lugar feliz e tranquilo.

Non é de estrañar a negativa do goberno do PSOE ao non acceder a recoñecer a este novo estado, pois no fondo saben que o noso caso é moi similar ao dos Balcáns. No fondo, o estado español ten un comportamento moi similar ao serbio. Poida que non nos maten en grandes xenocidios pero reprímennos con guante branco, ilegalizando partidos, torturando a presos, expulsando da universidade a futuros intelectuais, creando asignaturas que inculcan dogmas políticos...

Unha vez máis revélanse datos da estratexia do PSOE cara as eleccións, se hai uns días coñecíamos a intención de Zp de crear tensión para conseguir o voto útil(despois dunha entrevista con Gabilondo falou quedoulles un micrófono aceso), hoxe “el mundo” rebelaba o seguinte:

“Según fuentes kosovares, Moratinos ofreció un trato en diciembre a una delegación de Pristina para que España reconociera antes de lo previsto –aunque sin fecha concreta- la independencia, a cambio de que la declaración fuera después de las elecciones españolas del 9 de marzo. Pero, con el apoyo de EEUU y de tres grandes países de la UE, los albano-kosovares decidieron que no les hacía falta seguir esperando.”

Por que ofreceu o trato? pois moi simple, porque para gobernar sen o PP necesitan o apoio dos nacionalistas(BNG, PNV, ERC, CiU) aos cales non lles vai facer graza que non se recoñeza soberanía de Kosovo. Poida que perdan algún destes valiosos aliados, poida que os subornen a cambio dunha porcallada de subvención pero faga o que faga o PSOE non pode recoñecer a Kosovo inmediatamente pois de facer pon en perigo “LA INTEGRIDAD DE ESPAÑA”. Non vos preocupedes que ha acadar por afirmala(ao fin e a cabo e un pais que quere estar no G8, pero que actualmente case non ten peso político internacional iso si é moi narcisista), iso si pasadas as eleccións e cando se fale menos do tema para que os independentistas non nos sintamos con forza para tratar de fuxir do estado centralizador ao que chaman España.

¿¿¿Algunha manifestación a favor da independenza de Kósovo??? Avisade, se sabedes dalgo.

sábado, 16 de fevereiro de 2008

Ocorreu en Santiago.

Persoalmente de ser eu o que estivera detrás do que ocorreu en Santiago, non o faría desa forma. Coido que o que fixeron os membros de AGIR non foi o máis apropiado.


Cando un conferenciante ven a dar unha charla a universidade, debéselle deixar entrar e dar tal discurso. Pero iso non quere dicir que se lle deixe de boicotear.

O malestar pola súa visita, pódese dar dunha forma moito máis eficiente se non se recorre á descalcificación e aos insultos. Pois esta señora, que queirámolo ou non, ten todo o dereito a expor as súas ideas. Están poden parecernos máis ou menos estúpidas , pero amiguiños, vivimos nun estado “democrático” e se queremos facer algo pola nosa terra debemos xogar coas regras deste xogo. Xogo desigual, no cal xogamos con desvantaxe, pero isto non quere dicir que vaiamos a perderder esta partida.

En canto a forma de protesta máis efectiva, coido que sería a forma pasiva. Deixade que dea a conferencia, a un salón bacío. Tamén podedes acudir masivamente a conferencia e unha vez dentro boicoteala: abride un periódico e empezade a asubiar, a xogar as cartas, a vos bicar, podedes mesmo aproveitar e tratar de facerlle preguntas trampa. En poucas palabras, facer como se a conferenciante non estivese a falar. De seguir estes pasos, veredes o pouco que tarda en marchar ela mesma ou en comezar a berrar e mesmo a vos insultar, e se facedes un vídeo pode quedar xenial. Tal vez tampouco estaría de máis organizar unha manifestación autorizada na cal se mostrara o desacordo coa visita desta política.

Todos sabemos as acusacións que caeron na prensa sobre os rapaces, eu vin imaxes da acción e coido que a inmensa maioría son infundadas. Enre outras cousas os nosos compatriotas recibiron golpes por parte dos axentes de seguridade cousa que non apareceu na prensa nacional.

Digan o que digan, a dereita máis dura ganou esta vez a batalla, meus queridos camaradas, pensade mellor o que ides facer para a outra vez.

¡ NON A CENSURA!¡NON A PERSECUCIÓN DA MOCIDADE INDEPENDENTISTA!

domingo, 10 de fevereiro de 2008

Cambio radical

Hai que ver como cambian as persoas unha vez que conseguen poder, ou tal vez se comporten como de verdade son?

Os políticos adoitan ir quitando pouco a pouco as peles de ovella coas que se disfrazaban ata que, cando nos damos conta decatámonos de que eran lobos camuflados. Moitas veces cando isto pasa xa é demasiado tarde, xa están gobernando.

Pois ben o “bambi” non máis que outra gran decepción para os a xente de esquerdas que o votou.
O Zp xuntouse malas amizades e para non ser menos ca os do PP, debe de que querer que o deixen entrar no partido, comezouse a comportar da mesma forma ca eles. Ilegaliza partidos, pacta coa SGAE e a cambio os artistas fanlle publicidade, deixa de lado a baixada no nivel de vida das clases populares e coma si fóranmos tontos promete “regalarnos 400 euros” que votando contas e coas subidas do pan, e case o que gastamos anualmente na miña casa ao comprar cada día un barra(e ben mala).

E se agora se comporta así, como o fará dentro de 4 anos? votará a fundar o Gal? porá a ensinanza obrigatoria ata os 18 anos para reducir o paro? subira a idade de xubilación ata a acercala perigosa mente a idade media de defunción? Co cara que esta a bolsa da compra, os sindicatos de funcionarios pediran que lles abonen o soldo en comida? PARA AQUEL QUE LEA ISTO MANDARLLLE UNHA CLARA MENSAXE:

ZP ≠≠ ESQUERDA(se o queres votar faino pero ten claro que se comportará como tal e como fai a dereita)

pd: (Por si o lee alguén do BNG, IU, PNV, ERC...). Probabelmente producirase un empate técnico entre PP e Psoe, polo que ámbolos dous partidos terán que buscar o apoio. O máis seguro é que o Psoe teña que pactar cos partidos nacionalistas e/ou de esquerda e estes daranlle o seu apoio, o consello e o seguinte. No caso de que esto pase, porque non votades en contra candidatura do Bambi? obrigando ao Psoe a gobernar conxuntamente con todos vos. Elixindo un presidente entre os que queden no Psoe e que verdadeiramente sexan de esquerdas(se é que hai algún).

Unha mosca que nos sobrevoa, tal que fósemos unha gran bosta.

Moitas veces escoitamos falar de queixas dos veciños polo ruído producido polas aeronaves, estes días moitos ferroláns vivímolo en carne propia.

O portaavións “Príncipe de Asturias” estivo estes días atracado na nosa cidade facendo manobras e poñendo as aeronaves que alberga a pleno funcionamento. Entre outras manobras, un helicóptero estivo a nos sobrevoar continuamente facendo un ruído claramente molesto para os veciños.

Persoalmente non teño nada en contra de que estes militares fagan misións de tipo topográfico, que é segundo a “Voz de Galicia” o que estaban a facer, pero unha cousa e acercar o zoom da cámara para sacar as fotos e outra acercar o helicóptero para ver mellor o chan, estanche tolos estes españois.

Vale que teñamos unha base, vale que fagan as súas prácticas noso territorio pero outra cousa moi diferente é que pasen rozando os noso tellados desta forma, se fora un helicóptero doutro exército non tal vez non me queixara tanto, pero e que estes militares demostraron xa ser malos pilotos.

Por vos por algún exemplo, en Afganistán xa morreron varios que ían en helicópteros por mor de ir moi en voo rasante e soprar unha racha de vento forte que os fixo perder o control, pois aquí fan o mesmo, tan só hai unha diferenza e é que en Afganistán non sopra o Nordés e aquí si. Menos mal que marcharon, concédoos son capaces de escarallarme o tellado.

¡NON AO EXÉRCITO ESPAÑOL!

¡ABAIXO O COLONIALISMO!

pd: perdoade pola publi.

domingo, 3 de fevereiro de 2008

Multas por pintadas.

O concedeu de Ferrol ten pensado multar aos que pinten nos muros públicos entre os multados poderían estas grafiteiros, vándalos(os que escriben insultos) e asociacións e partidos políticos que usas as pintadas como método de publicidade.

As multas económicas poderían chegar aos 3000 euros, dependendo claro esta do tamaño da pintada, na web do concello podemos participar nunha enquisa na cal se nos pregunta cal é a forma de sanción que vemos máis económica, traballos sociais ou multa económica. Esta enquisa esta mal feita, non polo obxectivo, senón porque permite votar cantas veces se queira polo cal se queredes podedes alterar o resultado a vosa vontade(oxalá non sexan tan fáciles de amañar as próximas eleccións estatais).

Tomando como exemplo o tramo dende o diapasón ata o asilo da asociación abrente podemos analizar as repercusións deste decreto municipal. No tramo escollido temos unhas cantas pintadas:

-Catro pintadas de Nos-up cos lemas “Indempendenza”.

-Tres firmas do grafiteiro “Poison”.

-Dez ou doce firmar varias sen identificar.

-Unha firma da “Falange”, que actualmente foron tachadas.

Coa nova ordenanza o partido galego Nos-up podería ter que facer fronte a unha multa de ata 12 000 euros polas pintadas que fixo neste tramo, Poison (se alguén descubre quen é) tería que pagar 9000 e a Falange 3000. Claro esta que si se proba quen foron eles os que firmaron xa que é bastante frecuente que alguén firme cunha firma que non é a súa. A min, grazas ao sentido común, non me suporá nada este decreto xa que a miña firma só aparece en lugares permitidos e é imposible que me pillen pintando nun muro dunha casa(non lle quero desgraciar a fachada a ninguén).

A xente que teña pensado facer murais expresando a súa opinión podería ter problemas con este novo decreto para seguilo así que se queren poden facer unha destas alternativas que lles aconsella este bardo (se é que as queren escoitas)

1º Pintar nos muros de expresión libre, si esas cousas que puxo o alcalde do BNG e que actualmente tan só se usas para algunha pintada que outra(como as miñas) pero máis que nada para a publicidade.

2º Pedir permiso nos IES para facer murais, este non teñen por que ser só políticos, pois non se debe politizar a educación, pero poden facer referencia a valores(contra o machismo, contra o racismo, a favor da liberdade...) actualmente moitos IES permiten facer estes murais os cales poden ser auténticas obras de arte.

3ºCantas casas coa pintura gastada hai en Trasancos? Casas de xente que non pinta a casa por fora por ser caro como ocorre no múelle ou noutras zonas con casas vellas. Pois ben unha iniciativa podería ser pintar gratuitamente estas casas a cambio dun espazo publicitario nos muros das mesmas.

Pero postos a buscar alternativas, hai centos nesta vida. Tan só hai que pararse a pensar en gastala pintura no spray da forma que queiramos, poñendo a mensaxe que sexa, pero sen facer mal. Que borrar unha pintura feita en cinco minutos pode chegar a ser moi caro e os productos empregados para facelo adoitan ser altamente contaminantes.

sábado, 2 de fevereiro de 2008

Avanti Popolo!!