domingo, 10 de fevereiro de 2008

Unha mosca que nos sobrevoa, tal que fósemos unha gran bosta.

Moitas veces escoitamos falar de queixas dos veciños polo ruído producido polas aeronaves, estes días moitos ferroláns vivímolo en carne propia.

O portaavións “Príncipe de Asturias” estivo estes días atracado na nosa cidade facendo manobras e poñendo as aeronaves que alberga a pleno funcionamento. Entre outras manobras, un helicóptero estivo a nos sobrevoar continuamente facendo un ruído claramente molesto para os veciños.

Persoalmente non teño nada en contra de que estes militares fagan misións de tipo topográfico, que é segundo a “Voz de Galicia” o que estaban a facer, pero unha cousa e acercar o zoom da cámara para sacar as fotos e outra acercar o helicóptero para ver mellor o chan, estanche tolos estes españois.

Vale que teñamos unha base, vale que fagan as súas prácticas noso territorio pero outra cousa moi diferente é que pasen rozando os noso tellados desta forma, se fora un helicóptero doutro exército non tal vez non me queixara tanto, pero e que estes militares demostraron xa ser malos pilotos.

Por vos por algún exemplo, en Afganistán xa morreron varios que ían en helicópteros por mor de ir moi en voo rasante e soprar unha racha de vento forte que os fixo perder o control, pois aquí fan o mesmo, tan só hai unha diferenza e é que en Afganistán non sopra o Nordés e aquí si. Menos mal que marcharon, concédoos son capaces de escarallarme o tellado.

¡NON AO EXÉRCITO ESPAÑOL!

¡ABAIXO O COLONIALISMO!

pd: perdoade pola publi.

7 comentários:

Anônimo disse...

Exército Republicano Galego xa!

Anônimo disse...

Estos "españolitos" até nos queren amargar a "siesta" aos galegos. ABAIXO O EXÉRCITO IMPERIALISTA ESPAÑOL!

Anônimo disse...

Muito ben o vídeo, Bardo.

Anônimo disse...

Eu sí que teño algo en contra non quero que veñan facer prácticas a Galiza , que as fagan na Moncloa, no Palacio Real enfin que sobrevoen Madrid que é ben grande e anós que nos deixen en paz.

Anônimo disse...

Oe "Bardo" teño unha curiosidade : como conseguiches facer o video???
Por certo esta muito ben .

bardo do vinho disse...

Cunha cámara dixital, non a saquei eu, que a esa hora teño clase, senón que me pasou o video un colaborador.

Anônimo disse...

Pois dalle Parabéns ao teu colaborador, o vídeo está muito ben.

Avanti Popolo!!