segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008

Felicidades Kosovo, e moita sorte.

Creo que é a primeira vez que coincido plenamente con Bush en algo, os kosovares son agora independentes. Diga o que diga España, diga o que diga Rusia, por moito que lles amole aos radicais Serbios, Kosovo xa é un estado soberano.

O proceso de independización dunha nación asoballada é algo que debería alegrarnos a tódolos galegos pois o caso kosovar vai presentar un precedente xurídico cara unha futura independización de Euskadi, Cataluña ou Galiza.

Detrás do proceso de independenza morreron miles de kosovares, algúns asasinados outros loitando. Coido que hoxe os esqueletos de todos eles sorrían ilusionados, pois a partir de agora e coas grandes axudas europeas tal poidan ser ao fin un lugar feliz e tranquilo.

Non é de estrañar a negativa do goberno do PSOE ao non acceder a recoñecer a este novo estado, pois no fondo saben que o noso caso é moi similar ao dos Balcáns. No fondo, o estado español ten un comportamento moi similar ao serbio. Poida que non nos maten en grandes xenocidios pero reprímennos con guante branco, ilegalizando partidos, torturando a presos, expulsando da universidade a futuros intelectuais, creando asignaturas que inculcan dogmas políticos...

Unha vez máis revélanse datos da estratexia do PSOE cara as eleccións, se hai uns días coñecíamos a intención de Zp de crear tensión para conseguir o voto útil(despois dunha entrevista con Gabilondo falou quedoulles un micrófono aceso), hoxe “el mundo” rebelaba o seguinte:

“Según fuentes kosovares, Moratinos ofreció un trato en diciembre a una delegación de Pristina para que España reconociera antes de lo previsto –aunque sin fecha concreta- la independencia, a cambio de que la declaración fuera después de las elecciones españolas del 9 de marzo. Pero, con el apoyo de EEUU y de tres grandes países de la UE, los albano-kosovares decidieron que no les hacía falta seguir esperando.”

Por que ofreceu o trato? pois moi simple, porque para gobernar sen o PP necesitan o apoio dos nacionalistas(BNG, PNV, ERC, CiU) aos cales non lles vai facer graza que non se recoñeza soberanía de Kosovo. Poida que perdan algún destes valiosos aliados, poida que os subornen a cambio dunha porcallada de subvención pero faga o que faga o PSOE non pode recoñecer a Kosovo inmediatamente pois de facer pon en perigo “LA INTEGRIDAD DE ESPAÑA”. Non vos preocupedes que ha acadar por afirmala(ao fin e a cabo e un pais que quere estar no G8, pero que actualmente case non ten peso político internacional iso si é moi narcisista), iso si pasadas as eleccións e cando se fale menos do tema para que os independentistas non nos sintamos con forza para tratar de fuxir do estado centralizador ao que chaman España.

¿¿¿Algunha manifestación a favor da independenza de Kósovo??? Avisade, se sabedes dalgo.

15 comentários:

Anônimo disse...

Dende aquí, pedimos o voto ao BNG. O PARTIDO SOCIALISTA É UN PARTIDO FARSANTE QUE SE ADICA A MENTIR E A MANIPULAR. DE SOCIALISTA SÓ TEN O NOME!

Anônimo disse...

Vota BNG!

Anônimo disse...

UM PAÍS NOVO, VOTA BNG!

Anônimo disse...

VOTEMOS COMA GALEGOS! VOTA BNG!

Anônimo disse...

CONTIGO, GALIZA DECIDE!
BNG

Anônimo disse...

Para os que dicides que as cousas son inamovibles hai tedes o exemplo real do que neste blog se debatíu obxectivamente por parte dalgúns e "polos cerros de Úbeda" ppr parte doutros, pois ben sí o tedes : os estados son artificiais fanse e desfanse ... e logo porque o Sacro Santo Estado Español non pode cambiar tamén???
Estades moi caladiños algúns, traqui que nos non somos coma vós , e non vos imos dicir "puerta" nos queremos que vos quededes e traballedes polo noso país , que é o de todos.
Viva a futura Galiza Libre e Republicana

Anônimo disse...

VIVA A UPG, VOTA AO BNG

Anônimo disse...

Informe para navegantes ... e a proxima vai ser Escocia, está previsto que para o ano 2017.
Noticia en VIEIROS.

Viva a Liberdade dos pobos. Abaixo os colonialismos

Anônimo disse...

Escocia : Vieiros

http://www.vieiros.com/

Anônimo disse...

Pero no seais pipiolos, si Kosovo es independiente no es porque nadie apoye de verdad su autonomia, si no porque es una medidad muy importante de presion a Rusia

Si españa no lo apoya es por pura logica, ya que sienta un peligroso predecente

EEUU con su politica puramente colonial economica, lo unico que consigue es mas y mas conflictos

Con la independencia de Kosovo consiguen, ademas de presionar a Rusia, un pais afin a ellos, en un punto muy estrategico

Enteraros un poco de como funciona la politica, y no os dejeis llevar por un maniqueismo infantil que no lleva a ninguna parte

Anônimo disse...

Que máis da porque o apia EEUU? que máis da os intereses creado dos paises que apoian a súa independenza?

O que importa e que xa son independentes, alegrate por eles, non sexas pesimista.

Primeiro Kosovo, despois Escocia logo Cataluña e Euskadi; para cando nos tocará a nós ser ceibes?
¡¡¡IN-DE-PEN-DEN-CIA!!!

Anônimo disse...

Ya, lo que tu digas amigo, pero no hables por mí

Yo soy gallego y no tengo ningún interes en la independencia, si no en luchar con los demás pueblos de la Peninsula Iberica dentro de ese Estado llamado España, para llegar algun dia a ser un país moderno y a la altura de la época.

¿Para que demonios queremos la independencia?

Que alguién me lo diga por favor, porque al entrar en esta pagina me asalta esa, entre otras muchas, dudas

Anônimo disse...

Para que non nos malgobernen dende Madrid. Para deixar ser explotados coma colonia que somos.

Sendo un rexión exportadora de enerxía en moitas zonas de Galiza non hai un suministro electrico decente.

Sendo unha rexión na cal hai moitas industrias contaminantes, estas pagan os seus impostos en Madrid.

Necesitamos ser independentes para deixar de ser explotados. Como podes tratar de vivir cunha calidade de vida se vives encadeado?


pd: tal vez sexas galego, máis semellas un renegado. Que para ser castelán renega da súa terra. Poder deixar de ser galego, pero iso non te convirte en castelán(serás un ninguén)

Anônimo disse...

Pues no, la verdad, nací en Galicia, gallego soy, de la misma manera que en un segundo punto soy español, en un tercero, europeo y en un cuarto terricola.

Pero sabes que? Por encima de todo soy un ser humano, y todo lo demás es superficial y vacuo, ya que todo esto de las identidades y nacionalidades es pura fantasía, pura demagogia, tan cambiante con el tiempo, nada más que polvo en mentes mal informadas.

Al fin y al cabo, donde pones tu el limite para ser lo que eres? Hace quinientos años? seiscientos? setecientos? ochocientos?

Tonterías.

En fin

Es cierto que hai cierta explotación, y que nuestra situacion economica no es precisamente la mejor, pero llamarnos colonia... Es muy excesivo.

Si no llega a ser por todo ese presupuesto que nos dedica el estado español (leanse los estatutos) no querria saber donde estariamos en este momento... y decir que tenemos industria... Par dieu!

Te refieres a la portuguesa pescanova? a la americana inditex? a la francesa o nosesabe que Fadesa?

NO TENEMOS INDUSTRIA

Igual que el resto de españa

Asi que dejemos de hacer discusiones de besugos, seamos ciudadanos DE MUNDO, seamos HUMANOS, y luchemos por conseguir ser un pais a la altura de las circunstancias TODOS JUNTOS

Al fin y al cabo estamos dentro de un estado llamado España, que no es el mejor del mundo, pero es el que nos ha tocado, y el camino para salir adelante no es separarnos de el (¿a quien en su sano juicio se le ocurre tal cosa?) si no luchar con el resto de los pueblos para alcanzar una comoda posicion (que ciertamente, casi la tenemos)

Asi que, dejemonos de nacionalismos (que si son culturales son muy correctos y necesarios, si son politicos, ya huelen) y sigamos adelante juntos

Anônimo disse...

Ai meu Deus!!! pero que discursito, perdón non quero faltar pero ... vaia como catequese talvez estea ben , todo moi cristiano " amemonos todos explotadores y explotados en la paz del Señor, non é???
Galego, español, europeo , terrícola, así te defines ti (e eu respéctoo, ) agora vouche dicir como me defino eu (espero de ti o mesmo respecto) comezarei polo final : terrícola (non é discutible nin modificable),europeo (é unha ubicación xeográfica nun continente, tampouco é modificable nin discutible) español (é unha definición política certa neste momento, pero pode ser modificable polo tanto pode ser discutible (non o ser español neste momento senón o seguir séndoo "per secula seculorum" ademaís o feito de prescidir desta denominación non modifica para nada as dúas anteriores polo tanto é algo prescindible, galego (evidentemente tampouco é discutible nin modificable, é unha definición xeográfica(por agora só xeográfica pode ser tamén política nun futuro) Así que xa ves o único susceptible de ser cambiado co tempo é a definición de "español".
Tampouco comparto esa dependencia de España , non vexo porque temos que ser tan agradecidos nin serviles , que é o que nos regalan?
acaso non pagamos os nosos impostos persoais e como Autonomía ??
Onde estariamos sen o presuposto que nos adica o Estado Español preguntas ti, de que presuposto me falas ? Talvez do que nos deron
para destruir a nosa industria naval, ou o que nos enviaron para desmantelar o campo galego e a flota pesqueira,ou o que nos regalan para modernizar as nosas infraestruturas véxase (o Ave, o tren de cercanias, a grande rede de autoestradas...).
Podería seguir pero non quero ser pesado, dime acaso a Irlanda vaille peor desde que non pertence ao Reino Unido?? Acaso Irlanda é un pais máis grande ca o noso?
Xa ves apreciado contertulio que eu teño argumentos tan respectables coma os teus. Un saúdo

Avanti Popolo!!