As multas económicas poderían chegar aos 3000 euros, dependendo claro esta do tamaño da pintada, na web do concello podemos participar nunha enquisa na cal se nos pregunta cal é a forma de sanción que vemos máis económica, traballos sociais ou multa económica. Esta enquisa esta mal feita, non polo obxectivo, senón porque permite votar cantas veces se queira polo cal se queredes podedes alterar o resultado a vosa vontade(oxalá non sexan tan fáciles de amañar as próximas eleccións estatais).
Tomando como exemplo o tramo dende o diapasón ata o asilo da asociación abrente podemos analizar as repercusións deste decreto municipal. No tramo escollido temos unhas cantas pintadas:
-Catro pintadas de Nos-up cos lemas “Indempendenza”.
-Tres firmas do grafiteiro “Poison”.
-Dez ou doce firmar varias sen identificar.
-Unha firma da “Falange”, que actualmente foron tachadas.
Coa nova ordenanza o partido galego Nos-up podería ter que facer fronte a unha multa de ata 12 000 euros polas pintadas que fixo neste tramo, Poison (se alguén descubre quen é) tería que pagar 9000 e a Falange 3000. Claro esta que si se proba quen foron eles os que firmaron xa que é bastante frecuente que alguén firme cunha firma que non é a súa. A min, grazas ao sentido común, non me suporá nada este decreto xa que a miña firma só aparece en lugares permitidos e é imposible que me pillen pintando nun muro dunha casa(non lle quero desgraciar a fachada a ninguén).
A xente que teña pensado facer murais expresando a súa opinión podería ter problemas con este novo decreto para seguilo así que se queren poden facer unha destas alternativas que lles aconsella este bardo (se é que as queren escoitas)
1º Pintar nos muros de expresión libre, si esas cousas que puxo o alcalde do BNG e que actualmente tan só se usas para algunha pintada que outra(como as miñas) pero máis que nada para a publicidade.
2º Pedir permiso nos IES para facer murais, este non teñen por que ser só políticos, pois non se debe politizar a educación, pero poden facer referencia a valores(contra o machismo, contra o racismo, a favor da liberdade...) actualmente moitos IES permiten facer estes murais os cales poden ser auténticas obras de arte.
3ºCantas casas coa pintura gastada hai en Trasancos? Casas de xente que non pinta a casa por fora por ser caro como ocorre no múelle ou noutras zonas con casas vellas. Pois ben unha iniciativa podería ser pintar gratuitamente estas casas a cambio dun espazo publicitario nos muros das mesmas.
Pero postos a buscar alternativas, hai centos nesta vida. Tan só hai que pararse a pensar en gastala pintura no spray da forma que queiramos, poñendo a mensaxe que sexa, pero sen facer mal. Que borrar unha pintura feita en cinco minutos pode chegar a ser moi caro e os productos empregados para facelo adoitan ser altamente contaminantes.
8 comentários:
NÓS-Unidade Popular contra a perseguiçom das pintadas em Ferrol!
Contra a perseguiçom da livre expressom disfarçada de 'urbanidade'!
A COVA CELTIGA ---> CULPÁVEL!
Neste blog nin se persigue a liberdade de expresión nin se persiguen as pintadas de Ferrol(xa que xa hai xente que se dedica a facelo nin o teño, nin o penso facer).
As pintadas son moi feas. Persoalmente creo que debería penalizarse económicamente e non con servizos á comunidad, xa que moitas veces non se levan a cabo e son moi brandos.
Máis vermello ca Bardo non é ninguén, se queredes facer algo útil e se vos queredes chamar a alternativa ao nacinalismo galego deixade xa de facer o bandalo pola rúa coma si forades nenos pequenos(coas vosas pintadas e grafitis mal feitos) e empezade a facer cousas útiles de verdade a crear un programa serio de goberno e a vos comportar en definitiva como un partido político e non como unha panda mal organizada que coas suas accións moitas veces perde o apoio do pobo da pe, apoio que necesita se algún día quere gobernar.
Borrei un comentario xa que neste blog pregase respeto tanto para o administrador como neste caso para Nos-up.
Non comprendo iso de " máis vermello que Bardo non é ninguén..."
Supoño que queres dicir vándalos cando dis "bandalos".
Polo demais estou de acordo co que dis Anónimo, e tamén coas tres propostas que fai Bardo.
Saúdos
Actualiza con algo do Entroido se pode ser. Saúdos.
Postar um comentário