sexta-feira, 22 de fevereiro de 2008

"GALICIA BILINGÜE" VISITA FERROL

O autobús de "Galicia
Bilingüe" recolleu este sábado firmas na praza de armas en Ferrol.



Cando vin o bus fíxenme unhas cantas preguntas:

Por que foron protexidos con catro coches de policía?

Por que a policía estaba fora dos coches cos brazos cruzados e pose de peli mirando cara a xente que pasaba?


Por que se lles permitiu aparcar deste xeito?


Por que os políticos do concello non se moveron en contra desta visita?


Por que en troques de pintar onte en Narón o bus,non se decidiu convocar unha manifestación en a favor nosa lingua, e en contra de asociacións que a atacan continuamente?

¡NA GALIZA EN GALEGO!

pD: a verdade é que cando pasei ao lado déronme gañas de prenderlle lume ao autobús, pero non nos podemos deixar levar polos sentimentos(é o que queren), debemos actuar pero doutro xeito. Soltei un berro, iso si, dicindo ¡ NON FIRMEDES! e seguín andando observado como a policía me miraba como unha posíbel ameaza.



15 comentários:

Anônimo disse...

Por que foron protexidos con catro coches de policía?
- Porque o bus foi atacado violentamente o día anterior.

Por que a policía estaba fora dos coches cos brazos cruzados e pose de peli mirando cara a xente que pasaba?
- Foi enviada pola delegación de goberno ante os posíbeis ataques por parte de grupos radicais como xa ocorrera o día anterior. Limitábase a realizar unha tarefa de vixiancia.

Por que se lles permitiu aparcar deste xeito?
- Tiñan licenza xa que se trataba dunha actividade autorizada polo goberno.

Por que os políticos do concello non se moveron en contra desta visita?
- Aínda que así o quixeran, non poden facer nada porque este autobús dispón de licenza e ten todos os papeles en regla. Non comete ningún delito nin actividade de dudosa legalidade.

Por que en troques de pintar onte en Narón o bus,non se decidiu convocar unha manifestación en a favor nosa lingua, e en contra de asociacións que a atacan continuamente?
- Porque se trata dun grupo radical que soamente promove accións violentas.

Saúdos.

Anônimo disse...

Persoalmente "Bardo" penso que o mellor é ignoralos eu non poñería nada sobre eses "pilingües", non hai que darlles ningunha publicidade.

bardo do vinho disse...

Tal vez teñas razón, pero en plena campaña política coido que os partidos galegos deberían expresar o seu compromiso coa lingua.

Anônimo disse...

Estou de acordo con eu. O mellor é ignoralos por dúas razóns:

1º./ Se o pobo non lles fai caso non van conseguir firmas e, polo tanto, non van poder levar a cabo os seus obxectivos. Recordemos que a mellor forma de derrotar algún ideal social é a pasividade e o boicot.

2º./ Promover accións violentas denota unha importante incapacidade intelectual e falta de respeto. Ao executar un acto vandálico dase a entender que xa non é posíbel vencer pola vía pacífica e que se carece de argumentos para loitar sen empregar a forza.

Poderíamos resumir, xa que logo, que a mellor forma para acabar con esta proposta é que non consigan nin unha firma.

Porén, levan xa conseguidas 50 000 firmas, o que nos leva a pensar algunhas cousas. Por unha banda que é numeroso o grupo social que apoia esta proposta. Do mesmo modo, as entidades, asociacións ou persoas particulares que están en contra, non están a levar a cabo unha campaña acertada de desprestixio en contra desta iniciativa.

Un saúdo.

Anônimo disse...

Propoño un coloquio nalgún sitio organizado por ACovaCéltiga para debatir de diversos temas. Poderíamos organizalo. De onde sodes?

Anônimo disse...

Vouvos dicir unha cousa. Non hai excusa para ir votar. Eu non vou ir votar. Soamente voto nas eleccións autonómicas e locais dende logo. Non se pode presumir de nacionalista e logo ir votar a España como fan algúns. Os que van a votar, identifícanse coma españois. Deixemos aos españois que decidan o seu futuro! Nós non somos españois.
OS QUE NOM BOICOTEAM AS ELECCIOES---> CULPÁVEIS!!!
GALIZA SEMPRE LIBRE E INDEPENDENTE!

Anônimo disse...

Como pretendemos ser intependentes sen participar na política? se facemos iso, so nos queda a acción directa violenta como ferramente para nos independizar e algúns non queremos usala(non metras poidamos acadar a nosa independenza democraticamente)

Anônimo disse...

Pero sería contradicir todos os nosos ideais. Podemos logralo intervindo NA NOSA POLÍTICA, non na política allea, é dicir, na Espanhola. SOMOS UNHA NACIÓN, E COMO TAL TEMOS O NOSO GOBERNO.
Votar nas eleccións xerais é darlles o gusto aos espanholitos e o único que provoca é un importante retroceso. Eu non vou votar para unha nación na que nin resido nin trabalho.
GALIZA LIVRE E INDEPENDENTE!

Anônimo disse...

Pero no seais pipiolos, si Kosovo es independiente no es porque nadie apoye de verdad su autonomia, si no porque es una medidad muy importante de presion a Rusia

Si españa no lo apoya es por pura logica, ya que sienta un peligroso predecente

EEUU con su politica puramente colonial economica, lo unico que consigue es mas y mas conflictos

Con la independencia de Kosovo consiguen, ademas de presionar a Rusia, un pais afin a ellos, en un punto muy estrategico

Enteraros un poco de como funciona la politica, y no os dejeis llevar por un maniqueismo infantil que no lleva a ninguna parte

Anônimo disse...

Nom, nom e nom!
Nom tratedes de enganhar á xente. Eu négome a votar aos imperialistas Espanhois. GALIZA É UNHA NAZÓN, E COMO TAL, SOMENTE VOU VOTAR PARA O MEU GOVERNO E NOM PARA OS GOBERNOS ALLEOS!
E vós se promovedes unhas ideas e logo cambiades a chaqueta e votades a un goberno que non é voso, cousa vosa.
Presións? O mellor é nom votar e nom darlles o gusto. Votar implica atacar a ConstituÇao que nom é a nossa! SAÚDOS CAMARADAS E CEIVE!

Anônimo disse...

Jaja, de verdade crees o que dis?

Aprende de ERC eles son os que mellor estan levando a loita pola independencia. Ves que reneguen a ter algo de poder en Madrid? Ves que se neguen a participar na política?


Non podemos abandoar a via politica, xa que non temos aínda suficientes apoios para unha acción directa cara a independencia.

Anônimo disse...

Nom comparto a vossa opinión. O mellor é boicotear a política Espanhola. Que ninguén vaia votar, que ninguén respete a ConstituÇao, etc. GALIZA CEIVE!
Nom promulgar ums ideais e logo faÇer outros. GALIZA REPUBLICANA!

Anônimo disse...

Pero home non sexas infantil , non votar significa darlles carta branca para que fagan o que lles dea a gana, ou ti pensas que porque haxa en Galiza un nº importante de abstencións vaise paralizar o estado español?? veña non sexas iluso e non te movas por consignas dos vascos, isto é Galiza, veña imos deixar de movernos por mimese e ser nos mesmos. Somos galegos e temos unha realidade particular e en función dela debemos actuar, os vascos son vascos e os cataléns cataláns e cadaquén coa súa realidade, sen prexuizo de ser solidarios entre nós xa que o obxectivo é parecido pero para acadalo hai fases e non todos estamos na mesma "capichio"??
Hai que votar claro que sí e hai que votar BNG BNG BNG para acadar grupo parlamentar e presionar en beneficio do noso país. Saúde e patria!!!

Anônimo disse...

E por que nom NÓS-UP ou IU?
BNG FASCISTAS! Nom condenarom ao NAZISMO!

Anônimo disse...

Ben vouche explicar porqué (eu non vou votar IU nin NÓS-UP.
Non votarei IU porqué é un partido estatal que sempre vai acatar ordes de Madrid e terá que renunciar en moitas ocasións ,(coma todos os partidos centralistas) á defensa dos intereses de Galicia en beneficio doutras Comunidades, porque para IU o primordial é España e o secundario ... ... ... Galicia.
Non votarei NÓS-UP porque non cren no xogo democrático(non digo que non sexan democráticos),porque non son construtivos ,non teñen un programa realista, non teñen posibilidade de acadar representación e polo tanto sería un voto perdido e neste momento en Galicia non se pode perder un só voto, penso que o BNG necesita acadar o máximo de votos para conseguir o maior nº de deputados posible , (o ideal sería que acadase grupo parlamentar) para que sigamos tendo preseza directa en Madrid e siga- como xa o ven facendo- pulando polo noso país.
Espero que aceptes as miñas explicacións e as respectes como eu respectaría as túas de has haber porque o único que dis é "BNG fascista" e iso non é un argumento ,é unha SOBERANA TONTERIA QUE DESVIRTUA AO QUE A DI. Saúdos

Avanti Popolo!!