quinta-feira, 24 de abril de 2008

sexta-feira, 18 de abril de 2008

Os narcos ofrecen cartos, a CIA tamén, o exército español vende a imaxe de ONG en Ucrania xogan co factor "faite militar e ligarás"

Pegar tiros comeza a estar algo mellor pagado, se queres saír de pobre ei tes o camiño: ¡¡ Deixa de ser vítima, faite verdugo!!




Os narcos mexicanos poñen anuncios nas rúas buscando asasinos a soldo. Pese a sonar a chiste isto é verdade, xa saíu en varios xornais e telediarios pero a noticia non deixa de ser curiosa. O salario é moi bo, uns 5 000 dólares a semana, pero buscan xente preparada. Os narcos non son os únicos que necesitan con urxencia homes, tamén a CIA esta a facer en Internet un intento de conseguir paramilitares para os seus obxectivos na Latinoamércia.


É que nesta sociedade o que prima é o diñeiro, da igual a forma de conseguilo. Así se captan os rapaces galegos que fracasan nos estudos van moitas veces para a Mariña, na que permanecen uns anos ata que, finalmente, rematan no duro mercado laboral cunha formación moitas veces insuficiente.



Outra campaña de publicidade curiosa, e a do Goberno de Urania para buscar novos recrutas. Que se asemella moito as historias que nos montan aos rapaces para que ingresemos en FPs sen futuro ningún.








Skarnio presenta novo disco

"Coerência nos factos e eficácia nas formas, festa, luita e compromisso som as palavras que definem a este colectivo político-musical galego que nasce no bairro viguês de O Calvário, para convertirem-se dêz anos após num colectivo nacional, com os seus integrantes em Vigo, A Corunha e Ourense. Depois de editar dous trabalhos, "A filosofia da acçom da guerrilha urbana" e "Arredista" comezan a ser umha das bandas a ter muito em comta no estado, actuando para muitas e diversas causas independentistas e solidarias com o movimento antifascista. Agora editam " O NOSSO CAMINHO" disco no que amosam toda a sua bagagem musical ao longo de 10 anos . Neste disco colabora gente coma Juantxo Skalariak, Almudena Transilvanians, Mini aquenlla, Senem Xenreira... Disco Autoproducido baixo o nome de "arredista produçons" e registrado baixo a licencia de Copyleft-Creative commons."

Haber si viñeran por aquí algunha vez, teño moitas ganas de velos actuar en directo.

Homenaxe aos nosos

(saíu na indymedia)
As Redes Escarlata, xuntamente cun grupo de poetas da Terra de Iria e de Cambados, non quere deixar pasar por alto un acto tan relevante na historia da resistencia antifranquista, na historia das primeiras luces contra a noite do fascismo.


En 1958 aínda era preciso pedir autorización para falar en público e, especialmente, para facelo en galego. Mais un grupo de resistentes republicanos e galeguistas de Padrón, desafiando o estado das cousas, lograron a través da poesía, da palabra, da cultura, erguer un subliminal pero moi potente fito para a resistencia que ficou para sempre, non só na memoria local de Padrón e da Terra de Iria, tamén na historia política de Galicia.

Na Páscoa de 1957 (festa maior na vila), co carto da emigración padronesa no Uruguai e na Arxentina, inaugurárase o monumento a Rosalía de Castro, en pedra da escola de Asorey. O acto convocara, arredor deste xesto cara a poeta nacional galega, unha multitude famenta. Tralo éxito, o núcleo resistente de Padrón, liderado en boa medida por Camilo Agrasar, Borobó e Octavio San Martín, quixo repetir. Organízanse entón concursos literarios, chámase a Alonso Montero para o pregón e preténdese a coroación poética de Ramón Cabanillas, a vedraia figura insigne, no mesmo escenario, de novo ó pé da estatua de Rosalía. Nos concursos achamos gañadores como Rey Romero, Máximo Sar ou González Alegre. Unha coroación, xa en 1958, resultaba anacrónica. E a figura velliña e ensumida de Cabanillas, que aínda así por patriotismo acudiu ó acto, non convidaba a ningún tipo de esplendor. Pero no Espolón de Padrón a multitude famenta, aínda máis numerosa có ano anterior, volveu persoarse ansiosa. E as autoridades e diferentes convidados, tamén: o Gobernador Civil, alcaldes de Padrón e Compostela, o Abade de Samos (desta volta non asiste Quiroga Palacios).

Introduce o acto Pedret Casado. Fala, en castelán, da obra de Cabanillas. A xente vaise xuntando. Colle agora a palabra Aquilino Iglesia Alvariño para recitar un longo poema dedicado ó “poeta da Raza”. Alta, limpa coma o trigo limpo, elegante, a voz de Aquilino edifica un discurso excepcional sobre o oficio do poeta na sociedade que remata con estes versos:

“Pero aquí está o Poeta das aradas leves do soño,
noso irmán o Poeta das boas novas.
Na ribeira onde se fan os barcos ledos dos soños que non morren,
o seu canto arbora claras bandeiras no mencer”.

A xente apíñase aínda máis en torno ó estrado. Periga o cordón de seguridade cos meniños alí dediante algo abafados. E agora vai falar Otero Pedrayo, na vez de Montero Díaz, que era quen figuraba no programa aprobado polo Goberno Civil. O Sar caudal das chuvieiras longas de inverno non ten a forza desta gorxa. As voltas do río de Padrón, pola veiga de Iria abaixo, son escaso repertorio á beira deste discurso improvisado de media hora. O mar de Corrubedo non brúa nas noites de trebón como agora nesta tarde de primavera brúa no Espolón a voz de Otero. A xente, pampa, despois do asombro e diante da entrega, interrompe o orador con entusiastas aplausos. O seu galego é o de todos e é intensamente literario. Arredor de Rosalía, da Páscoa e de Cabanillas, Otero fala de Galicia, a palabra máis repetida de todas, e ás veces ben afouto:

“Por eso Rosalía é a nosa poeta, por eso Rosalía é aquela que vive dentro do corazón de cada xente e entre o corazón de todos. Nesta Galicia que é áspera, que é dura, que non é a Galicia das tarjetas postales para pasar o verao despois dunha boa digestión, e ver salir as barcas pescantinas con que veñen os turistas. É a Galicia dos pastores, a Galicia dos labregos, a Galicia das lareiras, a Galicia dos poetas, a Galicia dos que sufren, a Galicia dos que esperan”.

Si, esta palabra ponnos de novo no camiño da esperanza. E velasaquí están, unha a unha, elo a elo, as xeracións da Galicia Ceibe: Rosalía de Castro, pedra ergueita e luminosa presidindo todo, Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño, os mozos (estes das Festas Minervais: Ferrín, Franco Grande…) ós que acaba de aludir Otero…

As Redes Escarlata queremos facer memoranza deste acto, renderlle homenaxe ós seus protagonistas e ós seus artífices. Por iso o día 12 de abril, ás 8 da tarde, estaremos no Espolón de Padrón, de novo ó pé de Rosalía, e a nosa voz saudará novamente a Cabanillas e volverá decer que Galicia non é unha tarxeta postal e, cando escoitémo-lo final do discurso de Otero, berraremos con el “¡Terra a nosa!”.

Galicia, 8 de abril de 2008

Fonte: http://www.redesescarlata.org/

quarta-feira, 16 de abril de 2008

Transvases.

Que é un transvase? pois polo que pon o meu dicionario: un transvase é simplemente cando se fai que un líquido pase dun recipiente a outro. Da igual que se faga, polo que se faga, que sexa máis un menos temporal. Un transvase sempre será tal, o resto tan só son eufemismo.

Como podemos ver en tódolos medios, o goberno trata de defender a súa postura de de realizar un “mini transvase” de auga do Río Segre cara Barcelona como medida de urxencia ante o déficit hidrolóxico da Cidade Condal.. Un transvase moito menos importante e prexudicial para o medio ambiente que o do famoso “Plan Hidrolóxico Nacional” proposto durante a “Era Aznar”, pero un transvase a fin de contas. Esta medida esta ser criticada dende a dereita, a esquerda e grupos ecoloxistas.

Cal é o problema do transvase? pois o problema e que este vai causar un grave impacto ambiental na zona, son uns cantos quilómetros de anchos tubos os que se construirán e centos de milleiros de litros os que serán transvasados. A mera construción das xigantescas cañeiras causará un gran impacto sobre a zona, así como que o goberno non as pense aterrar(o que sería unha prudente medida correctora). A fauna do río Segre, verase moi afectada, e as como as rexións próximas ao río(onde a auga tampouco é abundante) notarán a falta de auga.


Na sociedade actual, dun marcado capitalismo salvaxe. Pouco importa que a Terra non poida soster a forma de vida consumista que tantos beneficios aporta aos empresarios. E son eles, os políticos, os que se encargan de protexer os intereses da alta burguesía, en decrimento do medio. As grandes urbanizacións son permitidas sen que teñan moitas veces a auga asegurada(como o caso da cidade do Pocero) e o goberno non atende as protestas dos cidadáns ante estes atracos ao noso futuro(como no caso de Miño). Si ben é certo agora en Barcelona se multa a xente que desperdicia a auga, esta medida xa se tiña que ter tomado hai moito tempo(agora xa non sirve de nada). En Galiza, e pese ao noso clima húmido, debemos tratar de non forzar a resistencia da terra galega. Senón queremos acabar como os barcelones (téndolle que “pedir prestada” a auga a outras rexións)

domingo, 13 de abril de 2008

Un video chegado dende Euskalerria

Sobre o 14 de maio.

Hoxe saíu na Sexta un documental sobre que pasaría se ganara a Guerra Civil o bando republicano. Lamentabelmente o documental, que tiña cousas moi ben feitas, no tratou en ningún momento o que suporía a aplicación do Estatuto do 36. Pero nel, ademais doutras cousas falábase da necesidade de acadar unha República Federal.

Pasaron xa moitos anos dende aquel 14 de maio de 1931. Día que se proclamou a II República. Isto debeuse a que o rei Alfonso XIII tiña colaborado intensamente co ditador Primo de Rivera, tralas eleccións municipais do 31(nas que se acadou un gran representación dos partidos partidarios da Republicanos que asinaran o Pacto de San Sebastián-). Tras ver os resultados o rei decidiu exiliarse cara Francia. Ao mesmo día seguinte, a República era proclamada.

Somos moitos os que pensamos que sería posíbel convivir con outras nacións nunha República Federal, pero o marcado antinacionalismo dos españolistas fai que cada día este destino sexa máis utópico. Actualmente sectores “da esquerda española”, cércanos ao PSOE, non dubidan en criticar con todo tipo de afirmacións absurdas aos que non nos consideramos españois(Bono entre moitos outros). A negativa da directiva PSOE a tomar medidas contra os que nos atacan, e mesmo chegando a promover fainos ver que non son aliados cos que pactar en bipartitos. É un partido co que non se pode confiar, partido que entre outras cousas chegou a colaborar co ditador Primo de Rivera, e que actualmente defende a monarquía, que ilegaliza partidos, que esta levando a cabo o plan Bolonia, que non defende aos obreiros ante unha subida dos prezos, que non fai política social(só fai proganda)... ¡¡MENOS MAL QUE SON DE ESQUERDAS!!


O sábado 13, como aparece nun comentario na entrada anterior, republicanos madrileños sufriron unha agresión por un grupo de neonazis. Agresión que é unha de moitas, que curiosamente non adoitan saír nos telexornais.

[Para todos aqueles que estean interesados pola República, hai unha exposición moi interesante no Ateneo Ferrolán.]


Unha cousas: Ante a negativa dos españolistas de recoñecer a nacionalidade galega obriga a tomar unha postura más radical. Senón están dispostos a colaborar con nos, tal vez o único camiño que queda é o independentismo.



quarta-feira, 9 de abril de 2008

Sobre o Tibet.


Non falei antes da cuestión do Tíbet polo delicada que esta é. Antes de dicir nada, hai que informarse ben, pensar e logo tratar de argumentar.

Antes de nada dicir que o que estamos a ver na televisión non é máis que a loita entre dúas oligarquías. Por un lado está a oligarquía occidental , que é partidaria de que o Tíbet se independice, e polo outro está a oligarquía chinesa (que se di comunista) que desexa manter o Tíbet dentro do seu estado autoritario. O pobo tibetano, non é nada máis ca o premio que recibirá o gañador.


Nun pasado, antes da invasión maoísta, os monxes budistas eran os amos e señores desta montañosa rexión que de sempre estivo moi relacionada con China; pero cunhas particularidades e certo autogoberno. Os campesiños tibetanos vivían nun réxime de semiescravitude, igual que na idade media, sendo torturados e duramente explotados polas tropas do Dalai Lama. Dentro dos monxes, tamén había clases e clases, unha minoría pertencían a rica elite. Namentres a maioría sufría a mesmas penurias que a poboación. Polo que moitos tibetanos, pese a ser budistas, non desexan que vivir de novo nunha ditadura relixiosa


Trala invasión china, foron moitas as reformas levadas a cabo para conseguir eliminar o vello réxime feudal. Mellorou a calidade de vida así como os dereitos e liberdades sociais(cousa non moi difícil xa que ata ese momento non existían). Creáronse escolas e hospitais, así como unha liña de Ferrocarril e estradas. É certo que o “socialismo chinés” supuxo unha mellora para o pobo tibetano, pero aínda se necesitan máis dereitos e liberdades(entre elas a liberdade como pobo) para que se faga xustiza nesta rexión. Hai informes sobre moitos casos de tortura, e unha salientábel “colonización” así como unha censura da cultura autócnota. Todo isto fai que moitos esteamos en contra dos chineses.

O papel dos EEUU e o seu brazo manipulador, a CIA son os catalizadores de moitas das protestas que estamos a ver hoxe en día na tele. Así nos anos 60 xa houbo guerrillas tibetanas pagadas con cartos ianquis que trataron de acadar a independencia, os membros desta guerrilla pertencían masivamente a oligarquía Tibetana que desexa volver a ter poder.

Son moitas as ONG financiadas pola CIA e que se están a manifestar estes últimos días buscando saír nos titulares dos periódicos. Tamén a CIA financia ao Dalai Lama así como a moitos exiliados tibetanos, pois desexa crear un estado satélite.

A importancia de ter un aliado nunha zona montañosa alí no medio de asía pode pasar desapercibida. Actualmente Estados Unidos é a potencia mundial por excelencia, pero a próxima crise económica pode facer que o sexa por máis diferenza. Namentres China(en continuo crecemento) e Rusia(cada vez menos amigable cos EEUU) forman cada día un bloque máis compacto que comeza a recordar a Guerra Fría. Asuntos como o escudo antimisís dos ianquis e o aumento de posibles inimigos orientais (Irán, Corea do Norte...) fan que os americanos necesiten acadar máis poder nesta zona. Unha invasión americana, ou o financiamento da oligarquía tibetana poden chegar a crear este desexado satélite nos próximos anos. Debido a alta relixiosidade dos Tibetanos así como o alto porcentaxe de monxes de entre a poboación poden asegurar que unha vez ocupado o país non ocorra o mesmo que con Irak. Ademais de que moitos dos americanos “comprometidos” como Richar Gare e unha gran parte da sociedade americana que os apoia non ven mal esta “liberación”. Liberación que de levarse a cabo, probabelmente instaure de novo unha ditadura relixiosa diminuíndo os xa escasos dereitos e liberdades das que gozan os tibetanos.

¡¡ VIVA O TIBET LIBRE !!(DE CACIQUES)

Ska e Ska-p

O SKA.

O ska é un xénero de música orixinado en Jamaica de sempre moi ligado cos movementos de esquerdas. Os grupos ska mezclan ritmos como o rigui, con punk-rok. Tamén fan versións de cancions xa antigas, sobretodo cancións reinvindicativas, tal é o caso da versión de Acción Galega por Skarnio, ou Bella Ciao por Banda Bassotti.

En Galiza hai varios grupos ska, bastante recoñecidos no panorame ibérico. Den entre todos eles, coido que o mellor é Skarnio. Pero seguramente os grupos máis importantes de ska a nivel peninsular son orixinarios doutras rexións. Tal e o caso de Piperrak, The Locos e sobre todo Ska-p, falar de ska na Península moitas veces é sinomimo de falar de Ska-p. Grupo que actualmente esta en descanso, pero que tal vez volte dentro de non hai moito tempo. Hai vos deixo unha canción súa, creo que é xa a terceira que colgo deles (mira que seria chulo ter aqui un grupo asi de bo)

domingo, 6 de abril de 2008

Agredidos

Tralo asasinato de Carlos J. Palomino, comezou a producirse unha persecución por parte das institucións e medio de comunicación oficiais do movemento antifascista. De feio hai xente que pretende ilegalizar a Coordinadora Antifascista de Madrid. Namentres cada día a sociedade cala ante as malleiras e tundas que reciben persoas indefensas por parte de grupos neonazis.

Así o pasado mércores, un grupo neonazi atacou a un rapaz no barrio de Torrero, na cidade de Zaragoza. Os agresoressaíron dun coche e comezar a zoscarlle sen dicir antes nada. Ao parecer isto non nada infrecuente na zona, pois ese grupo neonazi xa agrediu a varias persoas con esde modu operandi, en marzo do 2006, tres rapaces de ideoloxía fascista, agrediron a un inmigrante no mesmo barrio. Esto debese entre outras cousas a que a capital aragonesa é un lugar visitado por nazis chegados de toda Europa, os que baixo unha dura vixilancia policial celebran concertos en naves industriais.

Se a Kale borroka é terrorismo, por que os políticos non consideran as agresións fascistas como actos terroristas? Se Segi foi declarada ilegal, por que son permitidos os partidos políticos e organizacións neonazis?

Novas dende as raices

Na ría de Vigo hai unha illa na que os labregos recollían algas como abono para as súas leiras. Labregos que tamén pescaban, pois vivían de todo un pouco. O outro día, a viúva do Tragamares, unha señora xa moi maior, díxome que me tiña que contar a historia dos presos que levaran a illa. Que ela os vira, pois acostuma a ir recoller algas nunha chalana. Non sei ben o que tal vez me ha de contar, pero máis ou menos xa coñezo a historia.

Tralo estalido da Guerra Civil, que en Galiza ningunha guerra, senón unha serie de asasinatos, por todo o territorio Galego surxiron cárceres destinadas aos partidarios da República , e as cunetas enchéronse de mortos. Unha destas cárceres situouse na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, ao carón da Praia de Cesantes. A memoria de todos eses represaliados esta a ser manipulada por diversos partidos políticos, que moitas veces os desprestixian. Onte atopei un manifesto da indymedia en contra dun deses actos manipulados:


“Unha nova mostra máis de incultura e centralismo xacobino vai facer o parvo na praia de Cesantes. Todo sexa polas subvencións!

O Colectivo Republicano de Redondela, o Instituto de Estudios Miñoranos, a Asociación Verbo Xido, o Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo-Cangas pola Memoria, a Asociación pola Recuperación da Memoria do 36 de Vigo, a Asemblea Republicana de Vigo, a Asociación Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas,. a Asociación Memoria do 36 de Ponteareas e a Sociedade Galega pola República, xunto cos investigadores Dionisio Pereira, Carlos Meixome, Bernardo Máiz, Xosé Álvarez, Angel Rodríguez Gallardo, Roberto Gil e Gonzalo Amoedo aprobaron o seguinte manifesto:

Ante a noticia de que a madrileña Fundación Domingo Malagón vai inaugurar un monolito no paseo marítimo de Cesantes, fronte a illa de San Simón, na memoria dos presos polo franquismo, as diversas asociacións e personalidades que asinan, comprometidas coa recuperación da memoria antifranquista en Galicia, manifestan a súa repulsa ante o que consideran un acto de "turismo histórico", e puntualizan o seguinte:


1º.- A Fundación Domingo Malagón non contou nin pediu asesoramento ás asociacións da comarca, asesoramento que lle houberan dado sen problema, se o houbesen pedido.

2º.- Dita Fundación vai colocar unha placa nun sitio que non é lugar de memoria.

3º.- A mensaxe que deixarán gravada expón datos que non se corresponden co que foi a realidade do penal.

4º.- A madrileña Fundación Domingo Malagón ignora, supoñemos que de forma inconsciente, se fose conscientemente sería gravísimo, que en Galicia hai unha lingua propia, o galego, falada ou entendida polo 99% da poboación e vai ser inaugurado polo alcalde de Redondela, tan defensor da lingua galega.

5º.- A Fundación vaille dar protagonismo a xentes que están contra a recuperación da memoria. Nomeamos expresamente ao alcalde de Redondela, quen ven dando largas ao asunto de realizar un monumento dedicado aos 21 paseados no Alto da Concheira dende hai 3 anos.
Logo de tantos anos nos que a historia foi pervertida, ignorada e modificada polo franquismo e os seus continuadores, non podemos consentir que agora veñan outros, tocando de oído e en actitude centralista e antidemocrática, que ignora, unha vez máis, que os da periferia tamén existimos, e fabricando unha realidade que nunca foi como pretenden contar e aínda quedan familiares das vítimas coas que poderían contactar. Por último, reiterarnos que o facilitar que xentes de talante antirepublicano, antidemocrático e falsario sexan os que corten as cintas inaugurais é unha perversión ante a que non podemos calar, baixo risco de converter a recuperación da memoria antifranquista nun acto en mans de ruíns e facérmonos cómplices.

Todos os asinantes declinan asistir a tal acto. “

quinta-feira, 3 de abril de 2008

Detido antifascista coruñés.

"O militante independentista R. M. M., detido no passado dia 1 de Abril e posteriormente liberado com cargos que podem implicar sérias consequências penais, saia livre após abonar às arcas espanholas a quantidade de 3000 euros. Do organismo popular anti-repressivo fazemos um convite extensivo à militáncia independentista galega, a tod@s @s antifascistas e @s democratas autênticos a fazer frente solidariamente a esta nova imposiçom económica.

A conta permanente aberta por parte de Ceivar para respostar a todo tipo de processos repressivos aparece anunciada na parte superior desta notícia. Convidamos àquelas pessoas, colectivos e associaçons dispostos a contribuir solidariamente ao pagamento desta fiança a fazer os ingressos na citada conta sob o conceito “FIANÇA RMM”. O nosso organismo, que acha que colectivizar este esforço económico é a única alternativa para reduzir o grave impacto que ‘resgates’ como este suponhem para economias trabalhadoras, destinará a totalidade dos ingressos recebidos ao conceito apontado.

Igualmente, comprometemo-nos a advertir @s leitor@s deste portal da cobertura da dívida caso de que este objectivo se alcançasse finalmente.

SOLIDARIEDADE CONTRA A REPRESSOM ECONÓMICA!
FORA FASCISTAS DA GALIZA!"

Fonte: http://www.ceivar.org/

Sinto non ingresar cartos, son antifascista, pero non curro ou sexa que: como vai a donar cartos alguén que non os ten? Un saúdos aos antifascistas da Coruña, e dicirlles que sinto moito a detención. Aínda que tal vez o mellor que poderian ter feito sería seguir ao facha ese e arrincarlle as pegatas sen dicir nada, nin atosigalo increpanadoo (xa que é sabido que todos van armados con navallas puñais ou ata pistolas). De querer facer algo que o fixeran, sen darlle a tempo a reaccionar, tiveron sorte de que non os mataron como ocorreu non hai moito con Carlos e non hai tanto tempo cun antifascista europeo.

“Sociedade, idiologia e lingua(s)”

A escola de formación para os xuventude independentista galega tivo unha nova edición este ano. Nela, os participantes recibiron información sobre varios temas que afectan a sociedade galega. Un destes temas tratados foi a lingua, o lingüista Mauricio Catro expuxo os seu punto de vista baixo o nome “Sociedade, idiologia e lingua(s)” . Déixoo colgado en formato url, por si a alguén lle interesa, xa que o autor empregou un sistema para colgalo que permite a libre difusión.


quarta-feira, 2 de abril de 2008

Charla de Leila Khaled

Onte, martes 1 de abril, os ferrolterráns tivemos a oportunidade de asistir a unha charla sobre a situación actual de Palestina na cal "Leila Khaled " (membro do Consello Nacional Palestino) contaou a realidade dende o seu punto de vista. A charla foi moi interesante polo que fixen un resumo da mesma.

(o resume ten como base datos facilitados por ela, pero está escrito dende o meu punto de vista -non tan imparcial como quixera- polo que me eu son o único responsable das afirmacións que nel se din así como dos posibles erros dos datos)

O Estado de Israel foi proclamado como tal no ano 1948, despois dunha invasión das terras ocupadas por palestinos. Esto ocorreu tras unha ocupación militar que causou miles de mortos e represaliados. As casas dos nativos foron destruídas así como as súas colleitas e cultivos(entre eles olivos centenarios)... [resume histórico ata o presente].

Actualmente Israel ten un claro dominio sobre a zona de Palestina, exercendo unha dura represión sobre o pobo palestino. Os Israelís gozan dunha avanzada tecnoloxía militar e unhas infraestruturas socias das que non dispoñen os palestinos, os que teñen a súa disposición tan só un litro de auga ao día(namentres os israelís dispoñen de 25). Así mesmo a sociedade israelí esta completamente militarizada.

Os “asasinatos selectivos” cométense lanzando misis que moitas veces matan a civís inocentes, normalmente lánzanse de dous en dous(pese a que un só mísil xa é capaz de por si de matar a toda a xente dun amplo radio) o que denota un sadismo por parte das autoridades israelís. Estes mises teñen como branco os políticos contrarios a Israel.

Hai uns 11 000 presos palestinos en cárceres israelís: deles uns 800 son nenos(cousa prohibida pola ONU), 136 son mulleres, das cales catros están embarazadas. As mulleres teñen que dar a luz encadeadas(con grilletes e esposas), os bebés permanecen na cárcere un período de dos anos para despois abandonar a súa nai(toda a familia que coñecen nese momento). É bastante frecuente que un palestino permaneza na cárcere un período de entre 10 e 15 anos antes de ser xulgado e de serlle dito o motivo de que se lle teña privado da liberdade.

Nas ultimas eleccións democráticas o partido islámico Hammas gañou as eleccións democraticamente(había unhas 600 testemuñas internacionais vixiándoas -entre eles Carter-) pero non foi recoñecido internacionalmente pola súa ideoloxía, negándoselle o seu dereito a gobernar. A esquerda palestina(a que pertence Leila) non comparte a ideoloxía de Hammas, pero pensa que o xusto e que goberne o partido que gañou as eleccións, sexa quen sexa, como ocorre en Israel con Sharon(quen foi culpado por cometer atroces crimes de guerra)

Co actual goberno de Hammas, Gaza(cunha poboación dun millón e medio de habitante) foi cercada polos israelís; tal e como facían os nazis nos guetos xudeus. Esta cidade esta a ser bombardeada con cazas de combate F16 coa escusa de evita ataques palestinos.

As mulleres palestinas teñen un papel moi relevante na sociedade, son elas as que coidan das súas familias e as que loitan cos homes para defender a súa terra pese aos prexuízos machistas. As mulleres palestinas non só loitan pola liberdade do seu pobo, tamén pola súa liberdade como mulleres. Moitas delas forman parte de organizacións socias e partidos políticos.

O Estado Israelí pretende asentar un estado xudeu, neste esquema racista non teñen cabida os palestinos(que levan vivindo 60 anos en campos de refuxiados). É necesario lograr que se lles permita regresar aos 8 millóns de palestinos aos que actualmente se lles prohibe literalmente pisar a súa terra. A esquerda palestina aposta por un estado laico no cal os palestino poida decidir por si mesmo como pobo que son e ter como capital Xerusalén, a súa capital histórica. Débese de loitar por acadar un a paz de ambos pobos, pero unha paz con dignidade.

Os que esteamos a favor da liberación de palestina debemos boicotear aos produtos israelís(tal e como se fixo con Sur África no pasado) e defender a causa palestina cos medios que teñamos a nosa man.

Leis da ONU que non se están a cumprir(con outras palabras):

-“Todo pobo ten dereito a defenderse mediante as armas ante unha invasión”

-“Todo pobo ten dereito a decidir por si mesmo”

-“Todo pobo debe ser defendido polos outros países cando é invadido”

Avanti Popolo!!