quarta-feira, 16 de abril de 2008

Transvases.

Que é un transvase? pois polo que pon o meu dicionario: un transvase é simplemente cando se fai que un líquido pase dun recipiente a outro. Da igual que se faga, polo que se faga, que sexa máis un menos temporal. Un transvase sempre será tal, o resto tan só son eufemismo.

Como podemos ver en tódolos medios, o goberno trata de defender a súa postura de de realizar un “mini transvase” de auga do Río Segre cara Barcelona como medida de urxencia ante o déficit hidrolóxico da Cidade Condal.. Un transvase moito menos importante e prexudicial para o medio ambiente que o do famoso “Plan Hidrolóxico Nacional” proposto durante a “Era Aznar”, pero un transvase a fin de contas. Esta medida esta ser criticada dende a dereita, a esquerda e grupos ecoloxistas.

Cal é o problema do transvase? pois o problema e que este vai causar un grave impacto ambiental na zona, son uns cantos quilómetros de anchos tubos os que se construirán e centos de milleiros de litros os que serán transvasados. A mera construción das xigantescas cañeiras causará un gran impacto sobre a zona, así como que o goberno non as pense aterrar(o que sería unha prudente medida correctora). A fauna do río Segre, verase moi afectada, e as como as rexións próximas ao río(onde a auga tampouco é abundante) notarán a falta de auga.


Na sociedade actual, dun marcado capitalismo salvaxe. Pouco importa que a Terra non poida soster a forma de vida consumista que tantos beneficios aporta aos empresarios. E son eles, os políticos, os que se encargan de protexer os intereses da alta burguesía, en decrimento do medio. As grandes urbanizacións son permitidas sen que teñan moitas veces a auga asegurada(como o caso da cidade do Pocero) e o goberno non atende as protestas dos cidadáns ante estes atracos ao noso futuro(como no caso de Miño). Si ben é certo agora en Barcelona se multa a xente que desperdicia a auga, esta medida xa se tiña que ter tomado hai moito tempo(agora xa non sirve de nada). En Galiza, e pese ao noso clima húmido, debemos tratar de non forzar a resistencia da terra galega. Senón queremos acabar como os barcelones (téndolle que “pedir prestada” a auga a outras rexións)

2 comentários:

Anônimo disse...

hoxe sobra auga en moitos lugares do noso pais. non penses que me paso de listo, falo dos encoros e das terras que quedaron asolagadas, si alí sobra a auga e todo foi feito a prol do máis ancho progreso.

Anônimo disse...

Resulta que o PP facía o trasvase para Valencia porque alí tiña votos na pota do caldo. Agora o grupo PSOE-PRISA-SGAE non o fai por iso. Faino por bondade! Ja!

Avanti Popolo!!