domingo, 7 de setembro de 2008

Contraviñeta

O 3 de Setembro de 2008 o diario ABC publicou unha viñeta feita polo Sr. Paco Martín Morais, quen (deducimos que debido a unha intensa intoxicación etílica ou a un proceso de diarrea mental) tivo a desfachatez e o mal gusto de equiparar o proceso xudicial aberto polo cal se intenta outorgar nomes e apelidos aos restos dos represaliados, desaparecidos e asasinados durante a ditadura franquista, poñéndoos á mesma altura que os ósos que busca un can.

Este proceso xudicial aberto polo xuíz Garzón non é un acto de revanchismo nin confrontación, posto que non esixe responsabilidades aos residuos do franquismo que hoxe en día pululan pola política española, senón que se trata de dar a posibilidade a centenares de familias con familiares desaparecidos que queiran poñer punto e final a unha historia persoal traumática e dramática, onde un número indeterminado de fosas comúns esconden os restos de seres humanos asasinados, aínda no anonimato.

Remitíndonos outra vez á viñeta en cuestión, queremos pensar que o Sr. Martín Morais non tivo o seu día por motivos alleos á súa estabilidade mental e emocional e non soubo escenificar exactamente o que se pretendía, xa que non cremos que o Sr. Martín Morais sexa tan malnacido e desgraciado como para perderlle o respecto aos mortos e aos seus familiares, polo que nos tomamos a molestia de volver a plasmar a viñeta, esperando que ABC (o diario das grapas cun intenso a balor) contacte directamente connosco para a súa publicación en prensa escrita, e olé!

http://komikelx.blogspot.com/

4 comentários:

Softwareyutilidades disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Softwareyutilidades disse...

Los españoles decidimos el la Transición mirar hacia el futuro. Ahora el Partido Socialista, con la única pretensión de desviar la atención de la importantísima y gravísima crisis económica y de inmigración, reabre debates de nula importancia como la memoria histórica o el aborto (si hablara de la Guerra de Irak ya completaría las quinielas).
Lo más grave de esto ya no es sólo que un juez (el Sr. Garzón) sea parcial en su totalidad y se muestre con fines partidistas ante la opinión pública. Lo más grave es que los españoles decidieron en la transición mirar hacia el futuro y ahora se están reabriendo debates que van a desencadenar en dividir a los españoles.
En primer lugar se hace necesario considerar que ante una crisis en la que el PSOE no pretende recortar en gastos sociales, tendrá que recortar en otras vías. No creo que sea una buen inversión gastar dinero en pruebas de reconocimiento de ADN en fosas comunes. Además de eso, creo que no es justo que solamente se les de trato al bando republicano, cuando hubo mucha gente que fue obligada por este bando, al igual que en el bando franquista.
Hay muchísimas personas que tienen abuelos, bisabuelos, tíos y familiares de avanzada edad si viven, que fueron obligados por el bando franquista. Si murieron en acto de guerra, lo justo sería que recibieran el mismo trato que el bando republicano.
Las torturas empleadas por el gobierno nacional de por aquel entonces, eran perfectamente comparables a las empleadas por el bando franquista.
Sres. administradores, documéntense ustedes y lean libros como "Checas de Madrid", donde se expone cómo era la situación de las prisiones republicanas.
Los principios básicos de sociedad indican que una guerra se genera cuando hay escasez de alimentos, es decir, hambre, lo cual lleva a buscar alimento mediante cualquier medio. Eso fue lo que estalló la revolución franquista. El que se meta en filosofías con una escasa tesis de fondo, está cometiendo un gravísimo error histórico.
P.D.: me parece muy bien que se haya acabado la moderación de comentarios. Lo que no me parece correcto es que ahora haga falta poner nombre y apellidos y dar datos confidenciales en los mismos.

Paris disse...

Se un lado foi humillado e mal tratado, ise foi o republicano. Miles de soldados de carreira morreron na guerra e as suas familias non recibiron ningunha compensación.

Son moitos os que cerran os ollos e non queren saber nin quen morreu, nin quen matou. Grazas a non sei ben quen, existen xa libros onde podemos documentarnos e de feito moitos nos documentamos para falar do tema, libros como "Represión e alazamento militar en Galiza" de Carlos F. Velasco Souto.



Poida que os militares republicanos tamen mataran, de feito fixerono. Pero mentres que o bando republicano era o goberno lexítimo. O bando franquista nunca tivo ningunha lexitimidade, máis que a que dan as armas.

Softwareyutilidades disse...

Non recibiron compensación porque perderon a guerra. Se fose o outro bando o que a perdera, tampouco ían recibir compensación ningunha.
Con respecto ao da lexitimidade, a República deixou de tela no momento en que perdeu o control do país e era incapaz de garantir o suministro de alimento. A poboación estaba insatisfeita coa Administración.
Por outro bando, insisto en que o bando republicano foi mal parado porque perdeu, pero as torturas que empregaban eran durísimas. Véxase se non as cárceres de Madrid.

Avanti Popolo!!