quinta-feira, 31 de maio de 2007
Valentía si, pero sempre
Durante estes días, están tendo lugar no Porto de Ferrol unha serie de brutais cargas policiais típicas de gobernos fascistas contra a xente que se manifesta en contra da planta de Reganosa. Está claro que agora xa non é momento de protestar porque o proxecto xa se levou a cabo, pero tamén salta á vista que o emprazamento é pésimo e roza a ilegalidade.
Porén, o que realmente é unha inxustiza é que os axentes da orde póñanse tan agresivos e traten ao pobo como se de inimigos se tratase, cando moitas veces acovárdanse ao ter que actuar nas rúas contra malfeitores perigosos. Cando alguén chama á policía, ás veces tardan moitísimo en chegar e non se definen precisamente pola eficacia. Non entanto, para defender a planta de gas non tardaron nin cinco minutos en recorrer toda a cidade, correndo cos furgóns coma se estivesen nun circuito. Isto demostra varias cousas. Por unha banda a pouca organización e preparación dos corpos de seguridade, que actúan contra quen non deben e danlle malleiras ao máis indefenso porque non se atreven contra os que realmente poden defen pola eficacia. Non entanto, para defender a planta de gas non tardaron nin cinco minutos en recorrer toda a cidade, correndo cos furgóns coma se estivesen nun circuito. Isto demostra varias cousas. Por unha banda a pouca organización e preparación dos corpos de seguridade, que actúan contra quen non deben e danlle malleiras ao máis indefenso porque non se atreven contra os que realmente poden defenderse. Da mesma forma, hai algún político recentemente elixido, que non está a defender as ideas que promulga o seu partido e, como xa conseguiu os votos, agora agocha a cabeza para non mollarse nin dar a cara e deixa que haxa detencións, palizas, inxustizas e demais accións represivas porque non quere comprender o indubidable perigo que supón un tanque de gas.
Artigo cedido por un colaborador externo. Grazas pelo artigo.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
3 comentários:
Coidadín coa foto de Irisarri, que é dudosamente "legal". Outra cousa, Bernardo Bastida, é un fillo de puta porque estivo a xoder todo o que puido aos pescadores concedéndolle licenzas de marisqueo aos amiguetes e chupando de subvencións todo o que puido. Se foi para a cárcel é porque o mereceu. Ademais, non recordades as recentes protestas fronte ao Edificio da Xunta en Ferrol? Coidado co que poñedes... primeiro informádevos...
Non sei se o da foto é ilegal, posto que non se de leis polo que se alguien se sinte ofendido que mo diga.
Con respecto a Bastida non o coñezo persoalmente polo que non o podo defender pero non vexo ben que se deteña tan só por posiscionarse en contra de reganosa o que corresponde a súa vida intima non me importa.
putos bloqueiros do carallo
Postar um comentário