domingo, 20 de maio de 2007
EU non sei quen vEU quitar unha foto.
A marcha cívica por Ferrol foi todo un éxito, pese a que os asistentes non foron milleiros o grupo era numeroso. A marcha tivo un marcado fin revindicativo pero ante todo foi un paseo festivo polas rúas de este noso concello.
A marcha comezou en sartaña, un ha praza na que este blogeiro ten xogado moitos partidos de futbol unha plaza na cal os veciños realizan diversas actividades. Nesta praza os representantes de ártabra 21 realizaron unha pequena intervención e comezou asi este paseo.
Como xa dixen os asistentes comportaronse dunha forma máis que correcta, asistentes entre os cales estaba un candidato dos verdes, en calidade de cidadán pero tamen en calidade de posible alcalde de Ferrol. Tamén é de agradeceren a aparicion da candidata de EU ainda que lamentamos que non se puidera quedar a todo o paseo e so tivera tempo para sacar un par de fotos e marchar. Un saudo a tódolos posibles lectores deste blog e gracias a ARTABRA 21, que esta realizando un gran traballo de concienciación cidadán
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário